As metodoloxías activas no desenvolvemento socioemocional no segundo ciclo de Educación Infantil: unha revisión sistemática.
Autoría
M.C.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)

Data da defensa
05.02.2026 11:00
05.02.2026 11:00
Resumo
O desenvolvemento socioemocional é fundamental nas primeiras idades de educación infantil. Polo tanto, empregar as estratexias pedagóxicas máis efectivas para alcanzar ese logro, é unha responsabilidade docente. Tendo en conta isto, o seguinte TFG pretende analizar diferentes prácticas metodolóxicas definidas como activas en aulas de Educación Infantil e a súa influencia no desenvolvemento socioemocional do alumnado realizando unha investigación documental. A metodoloxía que se emprega é unha revisión de literatura académica dispoñible en seis bases de datos en liña e que fose publicada nos últimos 10 anos. Obtense segundo a mostra da revisión que a metodoloxía máis empregada é a Aprendizaxe baseada en Xogos, que existen evidencias estatísticas que proban a influencia das metodoloxías activas no desenvolvemento socioemocional do alumnado de Educación Infantil e que existe una serie de variables a ter en conta. Considérase que a introdución das metodoloxías activas nas aulas será beneficiosa para os infantes destas idades e as súas aprendizaxes.

Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titor do alumno)

Arte emotiva
Autoría
A.F.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.F.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.02.2026 12:15
04.02.2026 12:15
Resumo
Este traballo de Fin de Grao analiza a importancia da educación emocional na etapa de Educación Infantil, explorando a súa vez as posibilidades dá Educación Artística, especialmente as artes plásticas, como ferramenta para a expresión, canalización e regulación das emocións. A partir dunha revisión teórica sobre o desenvolvemento emocional infantil e a relación entre arte e emoción, diséñase unha proposta práctica dirixida ó alumnado de 4-5 anos, basada nunha metodoloxía activa e centrada nun proceso creativo, pretendendo favorecer o autocoñecemento, a autorregulación emocional e a empatía a través dá exploración sensorial e a creación artística, poñendo en todo momento en valor o papel dá arte como recurso pedagóxico fundamental para conseguir un desenvolvemento integral do alumnado.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Lecer saudable e de calidade en persoas con trastornos mentais graves: estratexias e propostas para a mellora do benestar en trastornos mentais graves
Autoría
L.R.C.
Grao en Educación Social
L.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.02.2026 16:00
03.02.2026 16:00
Resumo
As persoas con trastornos mentais graves (TMG) viven unha situación moi complexa que conleva á aparición de barreiras que dificultan a súa completa inclusión na sociedade. Ademais de atoparse coas barreiras que produce o mero feito de padecer un trastorno mental grave, as persoas que o sofren a miúdo son estigmatizadas e axuizadas. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo xeral contribuir ao benestar e calidade de vida das persoas con TMG a través da súa participación en actividades de lecer saudables. Un lecer saudable e de calidade contribúe de maneira significativa ao benestar integral das persoas, ademais facilita a integración social e reduce o illamento que moitas persoas con algunha condición na súa saúde mental padecen. Ao longo do presente proxecto, verase reflectida o labor de investigación documental levada a cabo, facendo especial énfase na importancia de que as persoas con trastornos mentais graves teñan un espazo para participar en actividades de lecer que produzan unha mellora na súa calidade de vida á vez que se suman no seu propio proceso de aprendizaxe e póñense en marcha habilidades comunicativas e sociais.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

A natureza como marco para a aprendizaxe e a alfabetización científica. Proposta didáctica para a Educación Infantil.
Autoría
J.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
J.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 13:00
05.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo de fin de Grao ten como obxectivo valorar a necesidade de ofrecer ao alumnado experiencias de aprendizaxe ao aire libre no currículo actual e aborda o deseño dunha proposta educativa dirixida a nenos e nenas do segundo ciclo de Educación Infantil, cuxa finalidade é contribuír á aprendizaxe e ao desenvolvemento das destrezas científicas a través da indagación do medio natural. Para a súa elaboración, realizouse unha revisión bibliográfica minuciosa a partir de diversas fontes académicas, o que permitiu constatar a necesidade de reconectar aos nenos e nenas coa natureza, fortalecendo uns vínculos que se foron debilitando progresivamente nos últimos anos. O contacto co medio natural contribúe ao desenvolvemento integral das crianzas ao incidir positivamente nos diferentes planos que abarca e favorece que o alumnado desenvolva actitudes de respecto e coidado cara o medio ambiente. Así mesmo, a natureza constitúe un contexto especialmente axeitado para o desenvolvemento da mirada e o pensamento científico, ao actuar como un laboratorio natural e vivo que ofrece multitude de oportunidades de exploración e investigación, favorecendo unha aprendizaxe vivencial e significativa.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titor do alumno)

Dinamización do aprendizaxe da lingua galega en base a metodoloxía de Aprendizaxe Baseado no Xogo
Autoría
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 16:30
05.02.2026 16:30
Resumo
Este documento é un proxecto de intervención no que se presentará unha investigación que fundamenta a metodoloxía Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABX) en teorías previas, como o construtivismo entre outras moitas destacando os beneficios cognitivos, lingüísticos e sociais do xogo serio. A análise reflicte limitacións na autonomía do alumnado e na planificación, mais confirma o potencial do ABX para dinamizar linguas minorizadas. Por outra parte se abordará un proxecto de dinamización da aprendizaxe da lingua galega mediante a aplicación da metodoloxía de ABX nun contexto de Educación Infantil. Este tivo como obxectivo a dinamización da aprendizaxe do galego, pois se contextualizará como lingua minorizada fronte ao castelán. Para isto se presentarán as actividades propostas para combatir esta situación contextualizados nunha unidade didáctica previa co fío condutor do conto de Carapuchiña Vermella.

PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Titoría)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Titoría)
Tribunal
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Titor do alumno)

Medrar en galego: proposta didáctica de inmersión lingüística en Educación Infantil. O galego como idioma de uso, aprendizaxe e identidade.
Autoría
N.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 10:00
05.02.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao baséase no deseño dun proxecto de intervención que ten como finalidade principal fomentar un uso real, significativo e espontáneo do galego en Educación Infantil, entendendo a lingua como unha ferramenta viva, moderna e próxima á realidade das crianzas. A intervención propón un proxecto global de aula co obxectivo de crear un espazo de inmersión lingüística que integre o idioma en todas as dimensións da vida escolar: rutinas, espazos, xogo, literatura etc. A proposta toma como referencia as metodoloxías activas e o enfoque comunicativo da aprendizaxe da lingua, incorporando o galego como vehículo de interacción e descubrimento en todas as experiencias do alumnado. Preténdese así contribuír á normalización da lingua galega nas primeiras etapas educativas dende unha perspectiva natural, positiva e afectiva.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)

A lingua como ferramenta do desenvolvemento : unha ollada montessoriana en infantil.
Autoría
C.M.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.M.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.02.2026 10:15
04.02.2026 10:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre o currículo oficial de Educación Infantil e a pedagoxía Montessori, con especial atención ao desenvolvemento da linguaxe e á competencia comunicativa. Partindo dunha revisión teórica e normativa, examínanse os principais enfoques sobre a adquisición da linguaxe na infancia e os fundamentos pedagóxicos do método Montessori, destacando conceptos clave como a mente absorbente, os períodos sensibles e o ambiente preparado. A través dunha análise comparativa, identifícanse converxencias metodolóxicas entre ambos modelos, como a visión globalizadora da aprendizaxe, o respecto polos ritmos individuais, a motivación intrínseca e o papel activo do neno no seu propio proceso de aprendizaxe. Así mesmo, reflexionase sobre as posibilidades reais de integrar prácticas inspiradas en Montessori en contextos educativos regrados, sen alterar o marco legal vixente. Como aplicación práctica, preséntase unha proposta pedagóxica orientada á área da linguaxe en Educación Infantil, deseñada desde un enfoque Montessori e adaptada ao currículo oficial. Finalmente, proponse unha avaliación cualitativa baseada na observación sistemática, coherente cos principios da etapa. O traballo pon de manifesto que a pedagoxía Montessori ofrece achegas valiosas para enriquecer a práctica docente e favorecer un desenvolvemento lingüístico respectuoso e significativo na infancia.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
O impacto da implicación familiar no rendemento académico do alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Autoría
R.R.S.
Grao en Pedagoxía
R.R.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2026 13:00
04.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo analiza, a través dunha revisión sistemática, a influencia da implicación familiar no rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en España. O obxectivo principal consiste en determinar que variables de participación parental favorecen realmente o éxito escolar nesta etapa. Para a súa realización, aplicouse a metodoloxía SALSA, seleccionando 11 artigos científicos publicados na última década en bases de datos especializadas. Os resultados evidencian que factores como o apoio emocional, as expectativas parentais elevadas e o fomento da autonomía teñen un impacto moito máis significativo que o control ríxido das tarefas ou a participación formal nos centros. Conclúese que un clima familiar afectivo e unha comunicación fluída co instituto actúan como factores protectores clave, sinalando a necesidade de transitar cara a modelos de relación máis humanos e menos burocratizados.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)
O Lecer das Persoas Maiores en Contextos Rurais. Un estudo de Caso en Castrelo do Val (Ourense).
Autoría
X.R.G.
Grao en Educación Social
X.R.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
04.02.2026 12:00
04.02.2026 12:00
Resumo
No seguinte traballo recóllese unha investigación cualitativa sobre o lecer das persoas maiores no rural. O estudo céntrase na contorna de Castrelo do Val (Ourense) e aborda a o papel do lecer como unha ferramenta da Educación Social para acadar o benestar, a desenvolvemento persoal e a participación social mediante o envellecemento activo. Para obter a información, ademais da revisión documental desenvolvéronse varias entrevistas a diversos axentes dentro do ámbito do lecer: unha educadora social, unha persoa en representación dunha asociación e catro persoas maiores (dúas que participan en actividades de lecer dirixidas e outras dúas que non). Ao longo do documento préstase especial atención ás dificultades de acceso que existen no acceso ao lecer no ámbito rural como a dispersión territorial, a falta de recursos e escasos orzamentos ou a falta de actividades adaptadas.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titor do alumno)

A aprendizaxe baseada en proxectos en educación infantil: o proxecto O Universo
Autoría
I.S.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.S.D.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2026 12:00
05.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina o traballo por proxectos como unha metodoloxía activa na etapa de Educación Infantil, e a súa capacidade para xerar experiencias de aprendizaxe significativas, integradoras e participativas. A investigación articúlase arredor de dous eixos principais: por unha banda, un percorrido teórico que aborda as orixes do método de proxectos, a súa evolución histórica, os seus fundamentos pedagóxicos, así como as súas características, fases e potencial transformador dentro da aula. Por outra banda, preséntase un estudo de caso realizado nunha aula de 6º de Infantil, no que se deseña, aplica e avalía o proxecto didáctico “O Universo”. Esta intervención desenvolveuse durante o prácticum e adaptouse ao contexto real do centro, equilibrando as esixencias da programación cos principios do traballo por proxectos. A través de actividades experimentais, cooperativas e creativas, o alumnado converteuse en protagonista da súa aprendizaxe, amosando un alto grao de implicación, curiosidade e desenvolvemento competencial. Os resultados obtidos, xunto coa valoración positiva do equipo docente, permiten concluír que o traballo por proxectos non só é viable na Educación Infantil, senón recomendable en todas as etapas, sempre que se conten con condicións axeitadas de planificación, recursos, acompañamento e formación.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titor do alumno)

Exclusión dixital e Educación Social: unha mirada aos grupos vulnerables e as motivacións da súa exclusión
Autoría
M.T.M.
Grao en Educación Social
M.T.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.02.2026 12:00
03.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo busca unha aproximación ás razóns que levan á exclusión na materia dixital aos colectivos vulnerables de adultos/as de terceira idade, mulleres e persoas con discapacidade. A través dunha revisión documental na contorna española, enfatízase na necesidade de superar a falta da competencia dixital nestes grupos co fin de insertalos de forma óptima na sociedade actual cada vez máis marcada polos avances tecnolóxicos. Ademais, tenta analizar a figura da Educación Social como rol fundamental para a adquisición da devandita materia a través da delimitación das súas competencias dentro desta temática

ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titor do alumno)

Iniciación á investigación sobre dificultades de aprendizaxe e procesos de modelización en Ciencias da Natureza en sexto de Educación Primaria.
Autoría
A.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2026 17:00
03.02.2026 17:00
Resumo
Neste traballo realízase unha análise das principais dificultades conceptuais que presenta o alumnado galego de 6.º de Educación Primaria ao abordar os contidos de Materia, Forzas e Enerxía (Decreto 155/2022). O propósito é identificar que obstáculos aparecen con máis frecuencia (tanto na comprensión das magnitudes físicas como na interpretación dos cambios de estado) a fin de optimizar o deseño de intervencións didácticas nesta etapa. Para iso, examínanse e clasifícanse as producións escritas e gráficas dos estudantes obtidas tras unha secuencia de modelización cooperativa centrada en dous fenómenos cotiáns: o desfase perceptivo entre lóstrego e trono e a rotura dunha botella ao conxelarse auga. Baixo unha modalidade de investigación-acción e cun enfoque cualitativo-descritivo, recóllense datos de 19 alumnos distribuídos en catro grupos, os cales se valoran mediante unha rúbrica analítica de tres niveis. Estes rexistros compleméntanse cunha síntese teórica que contextualiza a modelización como ferramenta clave para o cambio conceptual segundo autores como Justi, Gilbert ou Oliva. Comparouse o número e a precisión de conceptos, a coherencia das conexións causais e o grao de uso da terminoloxía científica; ademais, analizouse a evolución dos debuxos como indicador da transición do pensamento concreto ao abstracto. Os resultados evidencian progresos significativos na articulación causa-efecto, aínda que persisten erros nas unidades de medida e concepcións resistentes sobre presión e densidade. Destácase así a necesidade de elaborar propostas didácticas contextualizadas, con roles cooperativos rotatorios e guións visuais, que respondan ás necesidades reais do alumnado e potencien as competencias STEM, lingüística e aprender a aprender.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)