Ir o contido principal
STG

Mobilidade

A Facultade participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais).

O noso estudantado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (programa SICUE) ou doutros países (Erasmus+, Programas bilaterais, Erasmus Mundus...).

A Oficina de Mobilidade da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes, PTXAS e profesores.

Comisión de Internacionalización do Centro

A Comisión de Internacionalización do Centro (CIC) é a encargada de darlle apoio ao/á RIC na promoción da estratexia de internacionalización de acordo co establecido no Plan de internacionalización vixente e na promoción dos programas de mobilidade nos cales participe o centro.

  • Responsable de Internacionalización do Centro (RIC) e coordinador do Máster en Biociencias Moleculares. Enrique Manuel Cabaleiro Lago
  • Responsable de Calidade do Centro e coordinador do Grao en Bioquímica. Ramiro Barcia Vieitez
  • Coordinadora do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. Mª José Vázquez Vila
  • Coordinador do Grao en Nutrición Humana e Dietética. Jesús Antonio Casabiell Pintos
  • Coordinador do Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias. Manuel Vázquez Vázquez
  • Membro do PTXAS (RUXCD). Concepción Gay González
  • Estudante. Alicia Collazo Calvo
  • Estudante. Laura Saavedra García

As funcións principais da CIC son as seguintes:

  • Seleccionar o estudantado de intercambio saínte cando a selección se realice no centro.
  • Asignarlle os destinos ao estudantado saínte seleccionado cando a selección se realice no centro.
  • Darlles o visto e prace ás propostas de novos convenios realizadas polo PDI do centro.
  • Darlles o visto e prace ás propostas de organización e de participación en Blended Intensive Programmes (BIP) do centro.
  • Outras competencias recollidas no Regulamento de réxime interno do centro ou na normativa de mobilidade da USC.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2026.