A figura do Valedor do Pobo e a súa actuación no ámbito educativo
Autoría
S.A.M.
Grao en Dereito
S.A.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2026 14:00
19.02.2026 14:00
Resumo
Este traballo analiza a figura do Valedor do Pobo como institución de control da Administración pública e de defensa dos dereitos fundamentais, con especial atención á súa actuación no ámbito educativo en Galicia durante o ano 2024. O estudo iníciase cunha aproximación histórica á institución do Ombudsman, orixe do Defensor del Pueblo, e á súa incorporación ao ordenamento xurídico español a través do artigo 54 da Constitución Española e da Lei orgánica 3/1981. Así mesmo, examínase a relación entre o Defensor del Pueblo estatal e as defensorías autonómicas, destacando as súas diferenzas competenciais e os mecanismos de coordinación existentes. A continuación, o traballo céntrase no Valedor do Pobo de Galicia, analizando a súa natureza xurídica, a súa organización interna, as funcións xerais e o procedemento de tramitación das queixas, de acordo coa Lei 6/1984, do 5 de xuño, e coa súa normativa de desenvolvemento. Subliñase o papel do Valedor como alto comisionado do Parlamento de Galicia e como mediador entre a cidadanía e a Administración autonómica. A parte central do traballo dedícase á análise do Informe Anual do Valedor do Pobo correspondente a 2024, con especial énfase nas queixas relacionadas co sistema educativo galego. Examínanse as principais problemáticas detectadas, tales como o incumprimento das ratios, a insuficiencia de profesorado, a atención ás necesidades educativas especiais, o acoso escolar e a dotación de recursos nos centros educativos. Finalmente, o traballo ofrece unha valoración sobre a relevancia da actuación do Valedor do Pobo na mellora do funcionamento da Administración educativa e na protección efectiva dos dereitos da cidadanía.

Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)

Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)

A guerra cognitiva e a manipulación informacional no ciberespazo
Autoría
A.M.B.G.
Grao en Criminoloxía
A.M.B.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
18.02.2026 10:30
18.02.2026 10:30
Resumo
A evolución do ciberespazo e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais no contexto da sociedade da información crearon nos Estados a necesidade de transformar a maneira de exercer o poder e xestionar os conflitos. A información converteuse nunha ferramenta estratéxica de influencia que pode xerar narrativas con gran capacidade para condicionar a toma de decisións dos cidadáns e modelar ideas. Neste contexto, xorde a guerra cognitiva, que comprende o uso sistemático da desinformación, a manipulación psicolóxica e as operacións informacionais para influír na poboación e desestabilizar politicamente, socialmente e economicamente un Estado. Neste traballo analízase o fenómeno da guerra cognitiva no ciberespazo, centrándose especialmente nas campañas de desinformación e o uso das tecnoloxías emerxentes, e examina a integración das ameazas no marco da ciberseguridade nacional e internacional. O estudo céntrase especialmente no caso de España, no análise das estratexias e políticas públicas adoptadas para loitar contra a desinformación, destacando a labor das institucións civís, os organismos verificadores de datos, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e das Forzas Armadas, e de organismos internacionais. Ademais, expóñense tres casos recentes de desinformación nacionais que demostran a necesidade de combater a desinformación, que pasou a un primeiro plano como ameaza híbrida clave en conflitos contemporáneos.

BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)

O dereito á desconexión dixital dos traballadores: natureza e contido
Autoría
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
13.02.2026 11:30
13.02.2026 11:30
Resumo
O dereito á desconexión dixital irrompeu na realidade laboral, requirindo unha adecuada tutela. Este estudio realizouse en aras a determinar se a regulación actual protexe de forma completa e efectiva este dereito. Neste sentido, comeza cunha revisión da súa previsión lexislativa, a cal lle outorga un papel fundamental á negociación colectiva, para continuar co exame da situación relativa aos convenios colectivos e da interpretación deparada a este dereito polos tribunais.

VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titoría)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titoría)
Tribunal
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Titor do alumno)

Prestación por nacemento e coidado do menor en familias monoparentais: evolución
Autoría
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
A.C.V.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 12:30
20.02.2026 12:30
Resumo
A prestación por nacemento e coidado do menor percorreu un sinuoso traxecto no caso das familias monoparentais. Atendendo a un contexto inicial no que non se lles outorgaba un trato diferenciado, en contraste coa lexislación de partida abórdase a liña xurisprudencial que derivou na súa modificación. Estando encabezada pola disparidade existente no Tribunal Supremo entre a súa Sala Cuarta, desfavorable cara á ampliación do permiso, e Terceira, estimadora da súa extensión, e pola ausencia dun pronunciamento harmonizador do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, cuxo tento non foi frutuoso, presentouse a interpretación do Tribunal Constitucional. A mesma foi determinante de que a non concesión dun período de suspensión maior para os proxenitores únicos, integradores das familias monoparentais, supoñía unha discriminación cara aos nenos froito desta configuración parental, os cales se atopaban cunha peor protección polo mero feito de nacer. En consecuencia da declaración de inconstitucionalidade dos preceptos nos que se baseaba o rexeitamento ao aumento, tanto a lexislación como os tribunais víronse obrigados a adoptar un verdadeiro cambio, favorecedor da posibilidade de outorgar un mellor coidado aos menores mediante un número de semanas de permiso superior.

PAZO ARGIBAY, JOSE MANUEL (Titoría)
PAZO ARGIBAY, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Secretario/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Vogal)

Análise do réxime xurídico preventivo do teletraballo
Autoría
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
13.02.2026 09:30
13.02.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) ofrece unha análise do sistema xurídico preventivo do teletraballo, partindo da evolución que experimentou esta modalidade nos últimos anos e, sobre todo, a raíz da pandemia da Covid-19, o que suscitou a necesidade dunha normativa que amparase a protección da seguridade e saúde das persoas teletraballadoras. Desde o punto de vista da prevención de riscos laborais, examínanse as garantías que outorga a Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia e, en concreto, analízanse os artigos 15 e 16 da devandita normativa, poñendo de manifesto as carencias que presentan no relativo á avaliación de riscos, á delimitación da zona habilitada e á identificación dos factores de risco. Así mesmo, este traballo aborda os factores e riscos laborais típicos do teletraballo, subliñando a importancia dos riscos psicosociais e a falta de normativa que os contemple. Finalmente, analízanse as medidas preventivas aplicables, prestando especial atención á formación da persoa traballadora en materia preventiva, como unha ferramenta para paliar as lagoas normativas.

TORRES GARCIA, BARBARA (Titoría)
TORRES GARCIA, BARBARA (Titoría)
Tribunal
TORRES GARCIA, BARBARA (Titor do alumno)

Análise crítica das últimas novidades en materia de conciliación en España
Autoría
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
L.F.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 16:00
19.02.2026 16:00
Resumo
No presente traballo analízanse as novidades relativas ás medidas de conciliación en España, destacando a ampliación do permiso por nacemento e coidado do menor e a nova configuración da retribución do permiso parental e do permiso por coidado do lactante. O Real Decreto Lei 9/2025 ampliou en tres semanas a suspensión do contrato de traballo por nacemento, polo que o tempo de desfrute pasa de dezaseis a dezanove semanas. Ademais, a nova reforma concede un papel moi relevante á conciliación a longo prazo, xa que outorga ás persoas proxenitoras dúas semanas de desfrute de permiso retribuído, que poden gozarse de maneira flexible ata que o menor cumpra os oito anos. Por outra banda, o traballo aborda a problemática derivada da falta de claridade na transposición da Directiva 2019/1158 no que atinxe ao permiso parental, o que levou á Audiencia Nacional a determinar expresamente o carácter non retribuído do permiso. As novidades no ámbito da corresponsabilidade levan a analizar o permiso para o coidado do lactante, do artigo 37.4 do ET, xa que, na actualidade, o lexislador permite ás persoas beneficiarias acumular o permiso, pero non determinou baixo que criterios.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

Análise do art.320 cp: prevaricacións urbanísticas.
Autoría
Á.G.A.
Grao en Criminoloxía
Á.G.A.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
19.02.2026 13:00
19.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo consiste nunha análise exhaustiva do artigo 320 do Código Penal español, disposición que regula as prevaricacións urbanísticas cometidas por autoridades e cargos públicos. A introdución contextualiza a investigación nun marco de preocupación social e criminolóxica pola corrupción, destacando a necesidade de mecanismos de control fronte á discrecionalidade na ordenación do territorio. Tras establecer unha metodoloxía de exploración teórica baseada na doutrina e a xurisprudencia, o estudo desglosa o contido do artigo, identificando a ordenación territorial e o seu uso racional orientado ao interese xeral como ben xurídico protexido. O corpo da análise céntrase nos elementos do delito, examinando a fondo o suxeito activo baixo o concepto penal de funcionario do art. 24.2 CP, que permite a inclusión de persoal interino e laboral sempre que desempeñe funcións públicas. Así mesmo, estúdanse os comportamentos típicos recollidos no precepto, como o informe favorable de proxectos ilegais, a omisión de inspeccións e a resolución ou votación de licenzas contrarias á norma. O traballo conclúe abordando a eficacia da actual redacción legal e o impacto destas infraccións no Estado de Dereito e na sustentabilidade ambiental.O corpo da análise céntrase nos elementos do delito, examinando a fondo o suxeito activo baixo o concepto penal de funcionario do art. 24.2 CP, que permite a inclusión de persoal interino e laboral sempre que desempeñe funcións públicas. Así mesmo, estúdanse os comportamentos típicos recollidos no precepto, como o informe favorable de proxectos ilegais, a omisión de inspeccións e a resolución ou votación de licenzas contrarias á norma. O traballo conclúe abordando a eficacia da actual redacción legal e o impacto destas infraccións no Estado de Dereito e na sustentabilidade ambiental.

VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titoría)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titor do alumno)

O blanqueo de diñeiro a través de monedas virtuais e o uso da Intelixencia Artificial para combatilo
Autoría
A.M.M.G.
Grao en Dereito
A.M.M.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo céntrase no delito de branqueo de capitais desde unha perspectiva contemporánea dentro do contexto dixital que nos rodea. Comeza cunha explicación dos conceptos de branqueo de capitais, xa que este delito é o obxecto deste traballo. Así, dáse unha explicación deste delito e as diferentes formas que adoptou ao longo da súa historia, desde unha mención ás súas orixes ata o estado actual do ciberbranqueo de capitais. O foco principal deste traballo céntrase nos diversos medios virtuais que se empregan actualmente para cometer o delito e as medidas de control que se crearon ou adaptaron para vixialo. Por unha banda, céntrome en explicar os tipos de moedas virtuais que se empregan máis habitualmente para cometer este delito, así como outras tecnoloxías empregadas. Así mesmo, faise unha breve mención á regulación no noso ordenamento xurídico español, con especial énfase na responsabilidade das persoas xurídicas. O obxectivo é proporcionar unha perspectiva sobre este delito que vaia máis alá do mero marco regulatorio, polo que tamén se explica o proceso de branqueo de capitais no mercado da arte. Por outra banda, o tema principal explícase xunto coa recente aplicación da Intelixencia Artificial no ámbito xurídico, empregada para todo, dende tarefas sinxelas como a redacción de numerosos documentos legais ata a prevención e detección do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo. O uso desta tecnoloxía na loita contra o branqueo de capitais converteuse en indispensable e interésame analizar estas opcións. En consecuencia, este traballo abordará os temas mencionados anteriormente, seguindo a orde establecida na táboa de contidos situada nunha das seguintes páxinas e concluíndo cos resultados da investigación e a bibliografía empregada.

ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
A xornada laboral: unha aproximación histórica e debate actual
Autoría
M.N.B.
Grao en Dereito
M.N.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
Neste texto buscase realizar unha aproximación histórica acerca da lexislación da reducción do tempo de traballo dende o comezo do ordeamento xurídico social ata chegar aos nosos días. Prosegue a elo cunha análise do actual sistema xurídico para a regulación do horario de traballo e a flexibilidade que actualmente existe no ordeamento. Finalmente, faise un estudo detallado das proposicións e contestacións a Proposta de Lei da Reducción da xornada laboral, que reabre o debate acerca do futuro da xornada laboral, atendendo aos argumentos favorables ou contrarios á medida, así como centrando as cuestións principais que rodean ao tema e apuntando aos temas periféricos ao mesmo.

MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Secretario/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Vogal)

Dereito e IA: poderian as maquinas substituir a mente humana
Autoría
B.N.C.
Grao en Dereito
B.N.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o impacto da intelixencia artificial no ámbito xurídico e examina de maneira crítica a posibilidade de que as máquinas poidan substituír a mente humana e, en particular, aos profesionais do Dereito. Partindo dunha aproximación conceptual e filosófica, estúdanse as diferenzas fundamentais entre a intelixencia artificial e a mente humana, destacando a ausencia nos sistemas algorítmicos de conciencia, vontade, responsabilidade moral e comprensión ética, elementos esenciais para o razoamento xurídico e a imputación de responsabilidade. Ao longo do traballo abórdase o debate sobre a automatización do Dereito e a eventual substitución dos xuristas por sistemas de intelixencia artificial, concluíndo que estas tecnoloxías, se ben poden mellorar a eficiencia e apoiar determinadas tarefas, non poden substituír o xuízo humano nin asumir funcións decisorias en ámbitos nos que están en xogo dereitos fundamentais. Tamén se subliña a importancia do factor humano como garantía dunha xustiza lexítima e orientada por valores, fronte aos riscos derivados dunha automatización excesiva. O estudo examina así mesmo as propostas normativas e doutrinais orientadas a unha coexistencia equilibrada entre intelixencia artificial e Dereito, facendo fincapé na necesidade de establecer límites claros mediante regulación, supervisión humana efectiva, transparencia e atribución de responsabilidades. Finalmente, conclúese que a intelixencia artificial debe concibirse como unha ferramenta ao servizo do Dereito e non como un substituto do ser humano, reafirmando o papel central da persoa como garante último da xustiza no Dereito do futuro.

Otero Parga, Milagros María (Titoría)
Otero Parga, Milagros María (Titoría)
Tribunal
Otero Parga, Milagros María (Titor do alumno)

A protección xurídica das persoas traballadoras en situación de incapacidade permanente: o impacto da doutrina do TXUE no ordenamento xurídico laboral español
Autoría
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza a protección xurídica das persoas traballadoras en situación de incapacidade permanente total no ordenamento laboral español, á luz do impacto da doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Tradicionalmente, a declaración desta continxencia comportaba a extinción automática do contrato de traballo, sen unha valoración previa de posibles axustes razoables. A Sentenza do TXUE do 18 de xaneiro de 2024 (asunto C-631/22) cuestiona este réxime pola súa incompatibilidade co principio de igualdade e non discriminación por razón de discapacidade, conforme á Directiva 2000/78/CE. Examínase, así mesmo, o réxime xurídico anterior, o contido e alcance da devandita sentenza, así como a posterior adaptación xurisprudencial e lexislativa operada mediante a Lei 2/2025. Finalmente, valórase criticamente a eficacia do novo marco normativo, centrado na obriga empresarial de explorar axustes razoables antes da extinción da relación laboral.

MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)

O delito de online child grooming no Código Penal español: retos actuais ante a tecnoloxía emerxente
Autoría
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
K.O.Q.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo de investigación realiza unha análise interdisciplinaria do delito de online child grooming baixo a rúbrica do artigo 183 do Código Penal español, abordando a súa evolución normativa, dogmática e fenomenolóxica. O obxectivo principal é avaliar a suficiencia da resposta penal fronte ás novas modalidades de captación tecnolóxica de menores nun contexto de dixitalización global. Tras unha análise previa e detallada dos perfís de agresores e vítimas, así como das fases de manipulación psicolóxica que definen o proceso de engano, examínase o marco internacional que fundamenta a criminalización destas condutas e afóndase, posteriormente, na configuración técnica do tipo penal, incidindo na protección da indemnidade sexual como ben xurídico protexido e na estrutura da tutela penal anticipada. Así mesmo, a investigación aborda nós críticos de aplicación práctica, tales como a problemática cláusula concursal e a súa tensión co principio ne bis in idem, xunto cos desafíos emerxentes que suscitan o uso da Intelixencia Artificial Xenerativa e o fenómeno dos deepfakes. Os resultados suxiren que, aínda que o artigo 183 constitúe unha ferramenta esencial, presenta asimetrías respecto da normativa europea e require axustes interpretativos para garantir a coherencia sistemática. Conclúese que unha prevención eficaz demanda non só actualizacións normativas periódicas, senón tamén políticas integrais que combinen a persecución penal coa educación dixital e o apoio multidisciplinario ás familias.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
ABEL SOUTO, MIGUEL (Presidente/a)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Secretario/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Vogal)

A corrupción urbanística en España: A función do Dereito Administrativo
Autoría
G.O.F.
Grao en Dereito
G.O.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
O obxecto deste traballo é analizar o fenómeno da corrupción urbanística no noso país desde unha perspetiva xurídico-administrativa. Partindo dunha aproximación conceptual da corrupción pública, delimitaranse os elementos subxectivos e obxectivos para comprender o concepto no ámbito urbanístico. A continuación, examinaránse as principais causas deste fenómeno e o seu apoxeo nos anos do denominado boom inmobiliario, así como as súas conseceuncias xurídicas, económicas e sociais, especialmente en relación coa ordenación do terreo e a xestión do solo. O traballo analiza o marco xurídico vixente de loita contra a corrupción urbanística, desde a lexislación estatal sobre o solo ata a normativa urbanística autonómica. Finalmente, reflexiónase sobre a eminente función preventiva do Dereito Administrativo, as medidas de transparencia e sanción incorporadas nos últimos anos e a necesidade dunha política anticorrupción no ámbito urbanístico.

Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Tribunal
Almeida Cerreda, Marcos (Titor do alumno)

Actuación policial relacionada coa detención
Autoría
C.P.T.
Grao en Dereito
C.P.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza o papel das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (en diante, FCSE) á hora de actuar como Policía Xudicial dentro do proceso penal español. O estudo céntrase principalmente na detención como medida cautelar, abordando o seu concepto, procedemento e requisitos legais, así como as circunstancias nas que esta medida se torna ilegal, destacando o procedemento de Habeas Corpus. Tamén ofrece unha breve análise da detención de menores. Ademais, o traballo dedica unha análise específica aos dereitos dos detidos consagrados na lei procesual penal como elemento esencial dos dereitos fundamentais. Finalmente, o traballo incorpora unha análise de diversas actuacións policiais que, aínda que non constitúen detención en sentido estrito, son prácticas habituais no proceso penal, incluíndo a identificación, os rexistros corporais externos e as probas de alcoholemia.

Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)

Prestación por desemprego e prestación por cesamento de actividade. Estudo comparativo e propostas de mellora.
Autoría
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao profunda sobre o sistema de protección no ordenamento xurídico español fronte á perda da actividade laboral, profesional ou empresarial. O estudo céntrase na prestación por desemprego do Réxime Xeral da Seguridade Social e na prestación por cesamento de actividade do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. Examínanse, desde un punto de vista descritivo, os elementos característicos de ambas as prestacións: requisitos de acceso, período de carencia, duración, cálculo e contía, así como as situacións de suspensión, extinción e incompatibilidade do dereito. A partir da formulación teórica, póñense de manifesto as principais diferenzas na regulación de ambos os réximes, especialmente no referente á acreditación da situación legal de cesamento de actividade e, en xeral, en relación co menor nivel de protección dispensado aos traballadores autónomos. Finalmente, a través da análise comparativa, expóñense unha serie de propostas de mellora enfocadas ao reforzo da equidade do sistema, a facilitación do acceso á protección, principalmente, da protección por cesamento de actividade e alcanzar unha maior equiparación entre o Réxime Xeral e o Réxime Especial de Traballadores Autónomos, favorecendo unha protección social máis robusta e adaptada á realidade económica e social.

A delimitación das competencias propias e delegadas nos municipios segundo a Lei 7/1985.
Autoría
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.P.L.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Analízase a delimitación das competencias dos municipios no panorama xurídico español, sobre a base da distinción entre competencias propias e competencias delegadas, dacordo coa Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local. Trátase a relevancia do municipio como entidade territorial de maior proximidade aos cidadáns e o seu papel na organización territorial do Estado, plasmado a través da atribución competencial diferenciada entre as Administracións Públicas. Respecto das competencias, abárcase o seu contido material, os principios que informan o seu exercicio, así como os límites e as formas de xestión. Tamén se leva a cabo un estudo comparativo dos dous tipos de competencias dos municipios. De forma posterior, realízase unha análise xurisprudencial dos conceptos máis importantes, principalmente ao redor da autonomía local. Por último, se leva a cabo unha revisión das competencias exercidas, o modo e os medios a través dos que os municipios da Coruña, Ferrol e Baiona exercitan as competencias municipais recoñecidas.

VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Delito de lesións psicolóxicas
Autoría
L.P.G.
Grao en Dereito
L.P.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao titulado “Delito de lesións psicolóxicas” aborda de maneira completa a evolución xurídica e doutrinal do dano psíquico no dereito penal español, con especial atención ao seu recoñecemento como forma autónoma de lesión. Analízase o artigo 147 do Código Penalm que contempla expresamente o menoscabo da saúde mental como resultado punible. Destacanse os avances normativos e xurisprudenciais que permitiron consolidar a protección penal do dano psíquico, diferenciándoo de reaccións emocionais comúns ou transitorias. Analízase a proba pericial psicolóxica e psiquiátrica como elemento clave para demostrar a existencia da lesión, debido á súa natureza subxectiva e invisible. Examínanse contextos nos que adoitan presentarse estas lesións: violencia de xénero, acoso laboral (mobbing), bullying escolar e delitos graves como a violación ou o secuestro. O traballo tamén aborda as dificultades na avaliación clínica e legal do sufrimiento mental, así como os requisitos probatorios exigidos polos tribunais. Propóñense reformas lexislativas e institucionais para mellorar a atención ás vítimas e a reparación do dano psíquico, incluído atención psicolóxica gratuíta, peritos independentes e formación especializada. Analízase o papel do Ministerio Fiscal e da acusación particular na persecución destes delitos, destacando a necesidade dunha xustiza restaurativa centrada na vítima. Por último, inclúese unha comparativa internacional cos sistemas de Francia, Alemaña, a Corte Penal Internacional e o TEDH, sinalando boas prácticas e diferenzas relevantes no tratamento do dano psíquico e o rol das vítimas no proceso penal.

GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
Tribunal
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titor do alumno)

Aprotección da traballadores fronte ao amianto: análise desde a perspectiva da prevención de riscos laborais e da Seguridade Social
Autoría
Á.Q.G.
Grao en Dereito
Á.Q.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2026 16:30
19.02.2026 16:30
Resumo
O presente traballo versa sobre a protección dos traballadores fronte ao uso do amianto no ámbito laboral. O amianto foi un material moi cotizado en moitos sectores polo seu baixo prezo e as súas múltiples propiedades. Neste TFG analizarase como a súa utilización afectou dunha maneira directa á saúde dos traballadores. Para iso é necesario afondar na evolución normativa da materia ata a prohibición desta substancia. Un dos mecanismos máis importantes para evitar que a saúde dos traballadores/as, familiares ou dos veciños/as, seguisen en risco é a adopción gradualmente de máis medidas de prevención de riscos laborais, que supoñían un deber para os empresarios e, á súa vez, un dereito para os traballadores. Ademais estudaranse os avances en canto á cualificación das enfermidades debido a esta exposición, que culmina coa aprobación do Real Decreto 1299/2006 polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais onde se inclúen as derivadas do emprego do amianto. Por último, analizarase a responsabilidade do empresario por incumprimento da normativa preventiva sobre esta materia.

Responsabilidade civil polo uso da intelixencia artificial en servizos profesionais
Autoría
M.S.C.
Grao en Dereito
M.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2026 10:30
20.02.2026 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a responsabilidade civil derivada do uso de sistemas de intelixencia artificial no ámbito dos servizos profesionais, un sector no que a IA se integra cada vez máis como ferramenta de apoio á toma de decisións, así como na esfera persoal ou máis cotiá. Para iso, abordase o actual marco regulatorio europeo e español. Profundizase en diferentes escenarios de responsabilidade e analizase como se distribúe esta entre o profesional, o cliente e o provedor tecnolóxico. Estuda as cuestións xurídicas que xorden da causalidade, da supervisión humana e da trazabilidade dos sistemas intelixentes, e complétase cunha revisión da xurisprudencia relevante, das tendencias regulatorias e unha análise de casos doutrinalmente relevantes. Finalmente, preséntanse os principais retos reguladores e formúlanse propostas de mellora para garantir o uso responsable e xurídicamente seguro da Intelixencia Artificial nos servizos profesionais, así como no uso xeral a nivel de usuario, é dicir, nun contexto cotián.

OTERO CRESPO, MARTA (Titoría)
OTERO CRESPO, MARTA (Titoría)
Tribunal
OTERO CRESPO, MARTA (Titor do alumno)
OTERO CRESPO, MARTA (Titor do alumno)
As startups como modelo empresarial: unha aproximación económico-xurídica
Autoría
N.V.D.
Grao en Dereito
N.V.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza el fenómeno das startups como unha das principais manifestacións do emprendemento innovador na economía contemporánea. Combinando unha perspectiva económica e xurídica, estúdase a orixe e evolución do ecosistema startup, así como as súas características diferenciadoras fronte ós modelos empresariais tradicionais. A o longo dun paseo por a Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, no que destacan os seus aspectos máis relevantes e outras cuestións de interese na vida empresarial das startups, ponse de relevo o papel central que desenrolan na xeración de innovación, crecemento económico e emprego cualificado, especialmente na economía moderna baseada no coñecemento e no desenrolo tecnolóxico. Dende un punto de vista tanto doutrinal como normativo, analízanse as distintas fases do ciclo de vida dunha startup, dende o nacemento da idea, afondando nos aspectos xurídicos da súa constitución legal, hasta a posible consolidación no mercado. Así como os principais retos ós que se enfrontan os seus fundadores neste proceso, entre os que destacan, a elevada taxa de fracaso, a necesidade constante de financiación e a dificultade de encaixe no marco normativo tradicional. Neste contexto, estúdanse os mecanismos de financiación máis comúns, tanto públicos como privados, e a súa adecuación a cada etapa do desenvolvemento empresarial. Por último, ponse de manifesto o esforzo do lexislador por configurar un marco normativo específico e adaptado ás particularidades das startups ó abordar o marco lexislativo español recente, destacando as principais medidas introducidas por a Lei de Startups e a Lei “Crea y Crece”, orientadas a facilitar a creación, desenvolvemento e financiación das empresas emerxentes, así como a atracción de talento e inversión. No conxunto, o estudo pon de manifesto a importancia dun entorno xurídico favorable para o impulso do emprendemento innovador e a consolidación do ecosistema startup en España.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titor do alumno)

A outra cara da moda. Un desafío constante para os dereitos humanos.
Autoría
M.T.V.L.
Grao en Dereito
M.T.V.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar todos os aspectos relacionados coa explotación dos dereitos humanos na industria téxtil, xunto coas consecuencias que isto implica. Neste sentido, o proxecto prioriza establecer unha comprensión do que son os dereitos humanos e a moda, e despois revela a forte conexión entre ambos. Polo tanto, ao longo de este traballo, estudaranse en profundidade os dous piares principais deste proxecto, xunto coa dignidade, que levarán finalmente a unha opinión ben fundamentada sobre os diversos cambios que deberían implementarse para mellorar a situación. Sobre todo, esta análise respectará a normativa vixente, a doutrina xurídica e a xurisprudencia, e tamén abordará casos do mundo real relacionados co tema.