Potencial da trehalosa no tratamento de enfermidades neurodexenerativas. Mecanismos de acción e aplicación á enfermidade de Párkinson.
Autoría
D.P.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
D.P.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
11.02.2026 10:00
11.02.2026 10:00
Resumo
Introdución: as enfermedades neurodexenerativas, entre as que se inclúe a enfermidade de Párkinson, constitúen un importante problema de saúde pública debido á súa elevada prevalencia, ao seu carácter progresivo e á ausencia de terapias capaces de modificar o curso da enfermidade. Estas patoloxías caracterízanse pola acumulación de proteínas mal pregadas e por alteracións na vía autofáxica lisosomal. Neste contexto, a trehalosa, un disacárido natural, espertou un crecente interese como posible axente neuroprotector pola súa capacidade para modular a autofaxia e reducir a agregación proteica. Obxectivos: avaliar o potencial terapéutico da trehalosa no tratamento das enfermidades neurodexenerativas, con especial énfase na enfermidade de Párkinson. Así mesmo, analizáronse as súas propiedades biolóxicas e os mecanismos celulares implicados nos seus posibles efectos neuroprotectores. Métodos: realizouse unha revisión bibliográfica empregando as bases de datos PubMed, Web of Science e Google Académico seguindo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. Resultados: os estudos analizados mostran que a trehalosa exerce efectos neuroprotectores en modelos preclínicos de diversas enfermidades neurodexenerativas, reducindo a agregación anómala de proteínas como a alfa sinucleína, a tau ou a huntingtina mutante, e promovendo, na maioría dos estudos, a activación da vía autofáxica lisosomal. Na enfermidade de Párkinson, os resultados indican efectos dependentes da dose, da vía de administración e do modelo experimental, con evidencias tanto beneficiosas como controvertidas. Os datos clínicos dispoñibles son limitados e restrínxense a estudos piloto noutras patoloxías. Conclusións: a trehalosa presenta un potencial terapéutico prometedor nas enfermidades neurodexenerativas, especialmente pola súa capacidade para modular mecanismos patoxénicos comúns. Non obstante, a maior parte da evidencia baséase en estudos preclínicos, o que limita, polo de agora, a súa extrapolación a seres humanos. Son necesarios ensaios clínicos controlados e de maior tamaño para confirmar a súa eficacia e seguridade.

Dirección
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
Traballo Fin de Grao. Ansiedade na terceira idade: prevalencia e intervencións terapéuticas. Revisión sistemática.
Autoría
C.R.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.R.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
11.02.2026 10:00
11.02.2026 10:00
Resumo
Introdución - A ansiedade nas persoas maiores é un problema de saúde relevante e frecuentemente infradiagnosticado, con impacto na calidade de vida, funcionalidade e uso dos servizos sanitarios. Obxectivos - Xeral: coñecer a prevalencia da ansiedade e as intervencións para a súa prevención. Específicos: identificar a prevalencia e analizar as estratexias preventivas en distintos ámbitos asistenciais. Método - Realizouse unha revisión sistemática seguindo as directrices PRISMA, incluíndo persoas de 60 anos ou máis. Analizáronse intervencións preventivas comparando resultados antes e despois ou fronte a grupos control. A busca bibliográfica incluiu PubMed, Scielo, Cochrane, NIH Clinical Trials e revistas especializadas entre 2015 e 2026. Avaliouse a calidade metodolóxica e o risco de sesgo, e recolléronse datos sobre características dos estudos, participantes, intervencións e resultados. Resultados - Incluíronse 9 revisións sistemáticas e 20 ensaios clínicos. A prevalencia da ansiedade oscilou entre o 16 e o 28 por cento. Os tratamentos farmacolóxicos, especialmente antidepresivos como os inhibidores selectivos da recaptación de serotonina, demostraron eficacia. A evidencia sobre benzodiazepinas é limitada e de alto risco de sesgo. As intervencións non farmacolóxicas, como a terapia cognitivo-conductual e o exercicio físico (mente-corpo e resistencia), reduciron significativamente a ansiedade. Conclusións - A ansiedade é frecuente e a miúdo infradiagnosticada nas persoas maiores. Un enfoque integral que combine intervencións farmacolóxicas e non farmacolóxicas adaptadas ás súas necesidades pode mellorar a prevención e os resultados clínicos.

NUÑEZ IGLESIAS, MARIA JESUS (Titoría)
NUÑEZ IGLESIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)