Uso da tecnoloxía de Realidade Virtual para a visualización e comprensión de fenómenos en Física Fundamental.
Autoría
J.Á.M.
Grao en Física
J.Á.M.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao explora a viabilidade do uso da tecnoloxía de Realidade Virtual (VR) como ferramenta para representar e comprender fenómenos da Física Fundamental mediante entornos inmersivos e interactivos. A motivación principal reside no feito de que esta tecnoloxia permite trasladar problemas físicos a un entorno virtual controlable, dentro do cal podemos modificar de forma eficiente as escalas de espazo e tempo. Desta forma facilítase a observación direta de modificacións nas dinámicas dos sistemas mediante a manipulación de parámetros relevantes; favorecendo unha comprensión mais intuitiva de escenarios complexos. \par Como caso práctico, desenvólvese en Unity a simulación VR 'Asteroid Gun' para Meta Quest, baseada nun modelo simplificado do Sistema Solar. O sistema integra un conxunto de corpos celestes, representados por asteroides; e permite ao usuario interactuar co entorno mediante a sua introducción por medio de disparo. Mediante o control da dirección e da velocidade inicial destes corpos, o usuario pode intentar capturalos en órbita ao redor do Sol. Esta dinámica permite explorar de forma intuitiva a gravedade e a dependencia das traxectorias respeto as condición iniciais, así coma observar como as variación nos parámetros poden producir resultados diversos.

Dirección
CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)

Caracterización de dispositivos ópticos para experimentación en óptica cuántica
Autoría
M.B.R.
Grao en Física
M.B.R.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na caracterización e calibración de dispositivos ópticos e electrónicos empregados en experimentación en óptica cuántica en variable continua. Trabállase con compoñentes como láseres pulsados, divisores de feixe, moduladores de fase, atenuadores ópticos e detectores homodinos, xunto coa electrónica asociada: xeradores de sinais arbitrarias, amplificadores e osciloscopios de alta resolución. O experimento principal consiste na implementación dun interferómetro Mach Zehnder non balanceado utilizando estados coherentes pulsados, operando tanto no réxime clásico como cuántico. Caracterízanse parámetros clave como a atenuación óptica, o balanceo dos divisores de feixe, o shot to electronic noise clearance (SNC) do detector, e a fase óptica. Como aplicacións principais, demóstrase experimentalmente a implementación dun xerador de números aleatorios cuántico mediante a medición de cuadraturas do baleiro, validando o seu comportamento estatístico fronte a métodos electrónicos e pseudoaleatorios; ademáis da preparación dun experimento de distribución cuántica de claves (QKD).

SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Fernández Llovo, Iago Cotitoría
SANCHEZ DE SANTOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Fernández Llovo, Iago Cotitoría
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
Efectos Colectivos en Colisións Protón Protón e Protón Núcleo a Altas Enerxías
Autoría
J.C.M.
Grao en Física
J.C.M.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao revisa os resultados máis recentes na descripción teórica dos efectos colectivos observados nos estados finais de colisións protón-protón e en colisións de proxectiles lixeiros con ións pesados. O análise da comparación destes efectos colectivos cos que se producen con ións pesados, permite avanzar na comprensión das propiedades do protón e da interacción forte en xeral

MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
Principios físicos e aplicacións da impresión 3D na fabricación de scaffolds nanoestructurados, organoides e tecidos.
Autoría
S.C.C.
Grao en Física
S.C.C.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
A impresión 3D é unha técnica emerxente de manufacturación que ganou moita atención recentemente debido á súa capacidade de crear obxetos con xeometrías complexas que ou ben os métodos tradicionais non poden crear ou ben o fan de forma moito máis rápida ou barata. Estas técnicas adoitan utilizar materiais avanzados con propiedades excelentes comparadas cos métodos tradicionais. Neste documento analizaremos algúns dos distintos métodos de impresión que existen, os diferentes tipos de materiais e biotintas dispoñíbles, así como algunhas aplicacións destas técnicas, centrándonos no campo da biomedicina. Neste campo, a impresión 3D é moi prometedora, co potencial de revolucionar a atención sanitaria, con aplicacións como imprimir modelos para a investigación de medicamentos novedosos, enxertos funcionais listos para transplantar ou incluso órganos enteiros. Con todo, aínda hai limitacións que deben ser emendadas, como por exemplo a falta de biotintas con propiedades variadas para ser usadas en diversas aplicacións, e que aínda así sexan biocompatibles e biodegradables, ou a falta de métodos de impresión 3D, o que nos permitiría traballar cun rango máis amplio de biotintas e tamén emendar as limitacións da tecnoloxía actual. Tamén se abarca a impresión 4D, unha tecnoloxía que utiliza materiais intelixentes para crear obxetos cuxas propiedades cambian dependendo de estímulos externos, co que se pode producir un dispositivo que se pode adaptar ao seu entorno e que nos dá moito máis control xa que podemos aplicar o estímulo en calqueria momento que desexemos. As técnicas de impresión 4D solápanse coas de impresión 3D, tendo moitas tecnoloxías aplicacións nos dous campos.

TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
Costa Santos, Alba Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
Costa Santos, Alba Cotitoría
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
Cálculo de seccións eficaces en colisións de átomos hidroxenoides con diferentes parametrizacións do potencial do branco.
Autoría
D.C.V.
Grao en Física
D.C.V.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Neste traballo estúdase a interacción entre átomos de tipo hidroxenoide, concretamente; dimuónio, pionio e hidróxeno e distintos átomos branco mediante o cálculo de seccións eficaces totais. Para abordar o problema, utilízase teoría de perturbacións para resolver o Hamiltoniano non relativista, considerando para a función de apantallamento do potencial do átomo catro parametrizacións diferentes: Molière, Rozental, Csavinszky e Kesarwani-Varshni, avaliando como inflúe cada unha delas nos resultados obtidos para distintos números atómicos Z. Por outra banda, o estudo realizarase para estados con momentos angulares e orbitais l=0, m=0; l=1, m=1; l=2, m=0 co fin de avaliar tanto o comportamento dos valores das seccións eficaces calculadas para cada parametrización como a razón entre cada unha das parametrizacións tomando como referencia a de Molière. En conxunto, o traballo busca poñer de manifesto a importancia da elección do modelo de apantallamento e a relevancia de considerar correccións para o potencial ao tratar con elementos non tan comúns neste tipo de experimentos. As conclusións obtidas poden servir de base para atopar modelos máis realistas e así mellorar a precisión dos resultados en interaccións deste tipo.

SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)

Estudo da emisión secuencial e directa do estado Hoyle
Autoría
A.D.L.
Dobre Grao en Física e en Química
A.D.L.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Comprender os mecanismos responsables da nucleosíntese nas estrelas é importante para explicar a composición química do universo, xa que as estrelas son a fonte de elementos esenciais para a vida, como o osíxeno, o nitróxeno e o carbono. Neste contexto, o estudo das estruturas de cúmulos alfa que poden posuír algúns estados excitados dos núcleos lixeiros é particularmente interesante. Un exemplo fundamental é o estado de Hoyle no 12C, clave para a formación de carbono nas estrelas, pero predícense estados análogos nos núcleos proporcionais a un certo número de partículas alfa, o que converte o 16O nun candidato para posuír un destes estados. Este traballo analiza os canais de desintegración alfa do núcleo 16O mediante simulacións cinemáticas realizadas con Root, co obxectivo de caracterizar os diferentes mecanismos de decaemento. Estúdanse tanto procesos secuenciais, dominados por estados intermedios como o 8Be ou o estado de Hoyle, como procesos simultáneos. Estes compáranse mediante espectros de enerxía cinética, distribucións angulares e diagramas de Dalitz, que proporcionan unha representación clara das correlacións enerxéticas entre as partículas alfa. Os principais obxectivos deste traballo son comprender a importancia do estado de Hoyle, familiarizarse con paquetes de simulación e análise como Root, simular emisións directas e secuenciais e, finalmente, determinar a capacidade dos diagramas de Dalitz obtidos para permitir a diferenciación cualitativa entre os canais de decaemento dispoñibles.

FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Titoría)
Blanco Calviño, Iván Cotitoría
FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Titoría)
Blanco Calviño, Iván Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
Estudo de reaccións de haloxenación de biomoléculas
Autoría
A.D.L.
Dobre Grao en Física e en Química
A.D.L.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O ácido hipocloroso é un axente oxidante coa capacidade de combatir patóxenos á vez que en exceso tamén pode danar tecidos sans, contribuíndo ao desenvolvemento de enfermidades inflamatorias. Neste traballo estudouse cinéticamente a reacción de transferencia de cloro do hipoclorito ao imidazol, un composto que constitúe un bo modelo da cadea lateral da histidina. O estudo desta reacción por espectrofotometría UV-Vis puxo de manifesto que o proceso é de orde un con respecto a cada un dos reactivos. A análise da influencia do pH sobre a constante de velocidade de orde dous observada, xunto coa ausencia de catálise ácido-base xeral, permitiu propoñer un mecanismo de reacción no que na etapa determinante da velocidade prodúcese o ataque nucleófilo do imidazol ao átomo de cloro do ácido hipocloroso. A catálise ácido-base específica observada é debida aos equilibrios rápidos de ionización de ambos reactivos no intervalo de pH estudiado. De acordo co mecanismo proposto, determinouse un valor da constante de velocidade de orde dous para a reacción de 1,48 10 5 M-1 s-1 a I = 0,5 M e 25,0 ºC. Este valor está de acordo co que se pode estimar a partir de datos bibliográficos a pH fisiológico para a cloración do anel de imidazol por ácido hipocloroso en compostos modelo da histidina.

RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Titoría)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN Cotitoría
RIOS RODRIGUEZ, ANA MARIA (Titoría)
CRUGEIRAS MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Presidente/a)
LAZZARI , MASSIMO (Secretario/a)
FIOL LOPEZ, SARAH (Vogal)

Integrabilidade en teorías de campo
Autoría
A.M.G.T.
Grao en Física
A.M.G.T.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
As teorías de campo en espazos-tempo bidimensionais permiten unha comprensión máis profunda do formalismo da teoría cuántica de campos, ofrecendo un maior grado de control en comparación con dimensións superiores. Ademais, desempeñan un papel fundamental na teoría de cordas. En particular, as teorías de campo integrables posúen un número infinito de cargas conservadas, o que lles confire propiedades especiais. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é estudar a integrabilidade no contexto das teorías de campo e analizar a construción perturbativa dunha teoría de campo integrable, impoñendo as condicións de integrabilidade sobre a matriz S da teoría.

BORSATO , RICCARDO (Titoría)
BORSATO , RICCARDO (Titoría)
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
Impacto das erupcións volcánicas no clima
Autoría
A.G.B.
Grao en Física
A.G.B.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Neste traballo realizaremos unha análise de coma e cando pode unha erupción volcánica afectar ao clima do noso planeta. Para iso, explicaremos unha serie de conceptos previos que interveñen nestes procesos, definindo a circulación xeral da atmosfera, o jetstream e o balance radiativo, focalizando a nosa atención nos aerosois sulfúricos que acadan a estratosfera coma a principal causa de efectos climáticos. Discutiremos finalmente as distintas formas nas que o sistema responde a este aporte de materia, modificando o noso clima durante os seguintes anos, variando a temperatura tanto en superficie coma en altura, alterando a corrente en chorro e a cantidade de radiación incidente, e incluso exercendo efectos sustanciais sobre a capa de ozono.

MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
Deseño e validación dun procedemento de calibración para cámaras de pozo para braquiterapia
Autoría
E.G.G.
Grao en Física
E.G.G.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
A dosimetría de referencia en braquiterapia de alta tasa consiste na determinación de kerma en aire a certa distancia de referencia dunha fonte radiactiva empleada nesta práctica. Nos hospitais, co fin de determinar o valor de kerma en aire das súas fontes de braquiterapia, empréganse cámaras de ionización de pozo, calibradas en dita magnitude de interese, para un modelo e aplicador de fonte específicos. Neste traballo propoñemos e validamos a posta en marcha dun servicio de calibración de cámaras de ionización de pozo para fontes de braquiterapia de alta tasa.

GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
GONZALEZ CASTAÑO, DIEGO MIGUEL Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
GONZALEZ CASTAÑO, DIEGO MIGUEL Cotitoría
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
Divulgación científica: análise da cadea de eclipses na península ibérica e a súa implementación en realidade virtual
Autoría
M.I.M.
Grao en Física
M.I.M.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
O termo “eclipse” en astronomía refírese á desaparición da luz procedente dun astro, como consecuencia do bloqueo producido por un segundo corpo [1]. Estes acontecementos teñen atraído a atención da humanidade desde a antigüidade, existindo rexistros escritos de observacións dende, cando menos, o ano 2500 a.C. Na actualidade, a singularidade dos eclipses continúa a espertar interese, especialmente no caso dos eclipses totais. [2] Nos vindeiros anos producirase sobre o territorio español unha sucesión de tres eclipses solares de notable espectacularidade, dous deles totais e un anular. Debido ao carácter inusual desta concatenación de eventos tan próximos no tempo, rexurdiu a curiosidade e o interese xeral pola astronomía, coa conseguinte procura de información que isto implica. [3] Neste traballo centrarémonos no desenvolvemento dunha ferramenta de divulgación que permita achegar o coñecemento sobre estes fenómenos ao público interesado dunha maneira sinxela e visual. O obxectivo principal do proxecto será o de crear intuición nos usuarios, axudándoos a comprender as dinámicas dos eclipses mentres navegan por diferentes escenas correspondentes ás datas dos devanditos acontecementos. A ferramenta adoptará o formato dunha aplicación similar a un videoxogo, deseñada para o ecosistema de lentes de realidade virtual Meta Quest 3, co fin de ofrecer unha experiencia o máis inmersiva posible.

Cabanelas Eiras, Pablo Cotitoría
CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
Cabanelas Eiras, Pablo Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
Nanopartículas plasmónicas e espectroscopia SERS: fundamentos e aplicacións na (bio)detección
Autoría
R.M.N.C.
Grao en Física
R.M.N.C.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Durante décadas, levouse a cabo un esforzo científico interdisciplinar para desenvolver novos sistemas para a ultradetección de microorganismos biomoleculares e ambientais. Este traballo analiza o papel da nanociencia na (bio)detección, concretamente o uso de nanopartículas plasmónicas (ouro e prata) como substratos amplificadores de sinal en Espectroscopia Raman Superficial Mellorada (SERS), unha técnica que permite sensibilidades nanomolares (nM) e mesmo picomolares (pM). O estudo aborda os principios físicos da interacción da luz con superficies metálicas, en particular o plasmón superficial das nanopartículas, e do propio SERS. Tamén realiza unha revisión bibliográfica dos últimos avances, destacando a detección precoz de enfermidades como o cancro de mama e a identificación de contaminantes como os pesticidas organofosforados (etilparatión, edifenfos, ziram) na auga e nos alimentos.

BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
VEIRA SUAREZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS (Secretario/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Vogal)
Análise de vesículas de lípidos e caracterización de interacción con proteínas
Autoría
C.S.M.
Grao en Física
C.S.M.
Grao en Física
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
Os liposomas son unha ferramenta clave no desenvolvemento de sistemas de administración de fármacos e de diagnóstico, debido ás súas características únicas. As súas aplicacións son diversas; non obstante, o seu comportamento in vivo difire significativamente do seu rendemento in vitro, o que pode afectar á súa aplicación clínica. Os liposomas deben circular polo corpo durante longos períodos para chegar aos tecidos diana. Isto supón un desafío cando os liposomas entran en contacto con fluídos biolóxicos in vivo, xa que neste caso entrarán en xogo as proteínas e outras biomoléculas. Estas forman unha coroa de proteínas arredor dos liposomas, o que pode alterar a súa función. Este traballo explorará a formación da coroa de proteínas nos liposomas, os factores que inflúen na estrutura e composición dos complexos liposomas-coroa de proteínas e as estratexias para controlar este proceso. Centrarémonos en tres composicións diferentes de bicapa lipídica e utilizaremos dúas proteínas. Experimentalmente mediremos os tamaños dos complexos mediante técnicas de dispersión dinámica da luz (DLS); tamén se determinarán as temperaturas de transición dos liposomas por DSC e estudarase a súa carga superficial mediante Electroforese Doppler Láser (ELS). Finalmente, analizaremos a estabilidade destes sistemas liposomas-coroa de proteínas.

Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Tribunal
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE (Presidente/a)
CAAMAÑO FRESCO, MANUEL (Secretario/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Vogal)
Estudo da xeración de turbulencia nun fluxo bidimensional: efecto do número de Reynolds, presenza de obstáculos e condicións de fronteira.
Autoría
M.J.S.P.
Dobre Grao en Física e en Química
M.J.S.P.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
03.02.2026 09:30
03.02.2026 09:30
Resumo
O presente traballo supón un estudo teórico e numérico da turbulencia en fluxos bidimensionais empregando o Método de Lattice-Boltzmann (LBM). Nun primeiro momento, lévase a cabo unha análise comparativa entre a turbulencia en dúas e tres dimensións, prestando especial atención ás cascadas de transferencia de enerxía e enstrofía entre diferentes escalas. Estes conceptos teóricos son empregados como marco para interpretar os resultados obtidos nas simulacións. A implementación do método realizouse para un fluxo bidimensional incompresible e viscoso, caracterizado polo número de Reynolds, que se despraza por un dominio finito rectangular en presenza dun conxunto de discos aplicando condicións de contorno nas fronteiras de entrada e saída (método Zou/He), nas paredes laterais e nos obstáculos (condicións de rebote).

Pérez Muñuzuri, Vicente (Titoría)
Dapena García, Raquel Cotitoría