Características clínicas e resposta ao tratamento con Romosozumab en pacientes con moi alto risco de fractura: estudo observacional na Área Sanitaria da Coruña
Autoría
A.S.O.
Grao en Medicina
A.S.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
06.02.2026 09:00
06.02.2026 09:00
Resumo
Introducción: A osteoporose asóciase a un incremento do risco de fractura. Os pacientes con moi alto risco constitúen unha prioridade terapéutica, xa que estas fracturas deterioran a calidade de vida e xeran un impacto económico notable no sistema sanitario. Porén, a información sobre as características desta poboación e sobre a eficacia de novos axentes anabólicos en España continúa a ser limitada. Obxectivo: describir as características epidemiolóxicas, demográficas e clínicas dos pacientes estratificados con moi alto risco de fractura da Área Sanitaria da Coruña. Avaliar nun subgrupo da mostra a eficacia e seguridade do romosozumab nun contorno clínico real. Metodoloxía: Estudo observacional, retrospectivo e unicéntrico que incluíu 75 pacientes clasificados como de moi alto risco de fractura segundo as guías SEIOMM. Recolléronse variables demográficas, factores de risco, comorbilidades, valores densitométricos, parámetros bioquímicos, historia fracturaria e tratamentos previos. Nun subgrupo de 16 pacientes que completaron 12 meses de romosozumab, analizáronse os cambios no T-score lumbar e femoral. Resultados: Cohorte de 75 pacientes, maioritariamente mulleres (93,3%), cunha media de idade de 73 anos, unha alta prevalencia de fracturas vertebrais (58%) e de cadeira (30%), xunto con T-scores basais medios marcadamente diminuídos (lumbar -3,3; femoral -2,9). No subgrupo de 16 pacientes que recibiron 12 meses de tratamento con romosozumab, evidenciouse unha mellora significativa do T-score: +0,8 puntos en columna lumbar (p menor que 0,001) e +0,2 no colo femoral (p = 0,019). Durante o tratamento rexistráronse dúas fracturas (rótula e cadeira) e non se notificaron eventos adversos graves. Conclusión: a poboación clasificada como de moi alto risco de fractura é predominantemente feminina, de idade avanzada, cunha elevada carga fracturaria e con múltiples comorbilidades. O Romosozumab amósase como unha terapia eficaz e segura nun contorno de práctica clínica real.

Dirección
Suárez Quintanilla, Juan Antonio (Titoría)
Seoane Romero, Javier Cotitoría

Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Secretario/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Vogal)