Ir o contido principal
STG
  • USC

Introdución ao Tai Chi

Curso de Introdución ao Tai Chi, os xoves do 5 de marzo ao 28 de maio de 2026, Facultade de Veterinaria
Cartel da actividade
Actividade aberta a todo o público sen necesidade de apuntarse para asistir

O 5 de marzo de 2026, ás 19.00 horas, comezan as clases de Introdución ao Taichi, unha actividade organizada pola Facultade de Veterinaria en colaboración coa Escola Universitaria de Enfermería e financiada pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura. Terá lugar todos os xoves, de 19.00 a 20.00 horas, dende o 5 de marzo ata o 28 de maio de 2026. Se vai bo tempo, a actividade será na Vaguada, detrás da Facultade de Veterinaria, e se chove, no Vestíbulo da Cafetería da facultade. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2026.