Contando Minotauros: Iconografía y resignificación do Minotauro ao longo da Historia da Arte.
Autoría
D.A.Á.Á.
Grao en Historia da Arte
D.A.Á.Á.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
Ao longo da Historia da Arte, a figura do Minotauro experimento múltiples variacións estilísticas e formais, adquirindo diversos significados en función dos contextos históricos e culturais de cada época. O presente traballo analiza a súa evolución iconográfica e as suas resignificacións ás que foi sometido como resposta creativa ás necesidades e consideracións de cada momento, baseando a investigación na análise de recursos visuais como a pintura, a escultura e a cerámica, apoiándose á súa vez no estudo de diversas fontes textuais que axudan a complementar a cosmovisión de cada sociedade que asimilou o Minotauro dentro do seu contexto cultural e proceder iconográfico.

Dirección
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)

O marisqueo na ría de Muros-Noia: análise territorial, socioambiental e cartográfica dos bancos marisqueiros
Autoría
D.L.L.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
D.L.L.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
A ría de Muros-Noia, situada entre a ría de Arousa e a de Corcubión, constitúe un espazo de alto valor ecolóxico, económico e paisaxístico. A desembocadura do río Tambre conforma un estuario no que conflúen augas doces e salgadas, favorecendo así a presenza de especies de gran importancia comercial, como o berberecho (con denominación de orixe protexida e selo de calidade) e diversas clases de ameixas. O marisqueo convértese así no motor económico fundamental das comunidades locais. Porén, o sector enfróntase a unha serie de problemáticas que ameazan a súa sustentabilidade. Entre elas destacan a diminución de capturas, o avellentamento e perda de emprego no marisqueo, o impacto do cambio climático (quecemento e acidificación das augas, subida do nivel do mar, tormentas máis intensas), así como as restricións derivadas da Política Pesqueira Común (PPC). Ademais, existen conflitos polo uso do espazo asociados á presión turística e ao encoro do Tambre, xunto con prácticas como o furtivismo. Este traballo ten como obxectivo xeral analizar as problemáticas que afectan ao marisqueo na ría de Muros-Noia e a súa poboación vinculada. Como obxectivos específicos, preténdese: (i) examinar a redución das capturas e a dispoñibilidade de recursos mariños, (ii) analizar o emprego e o avellentamento no sector, (iii) estudar a incidencia das políticas europeas e do cambio climático e, (iv) avaliar as competencias polo uso do espazo ente marisqueo, encoro e turismo. A metodoloxía será mixta e adaptada aos obxectivos da investigación. Estará baseada na revisión da literatura científica e técnica, a consulta de datos estatísticos e a análise cartográfica mediante SIX (Sistemas de Información Xeográfica) con mapas de caladoiros reais e propios, reforzando así a análise territorial.

PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titor do alumno)

Transformacións urbanas e retos territoriais en Ferrol
Autoría
X.L.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
X.L.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza as transformacións urbanas e os retos territoriais da cidade de Ferrol desde unha perspectiva propia da Xeografía e da Ordenación do Territorio. O estudo estrutúrase arredor dunha análise progresiva que abrangue o marco conceptual das cidades contemporáneas, o contexto territorial de Ferrol e o diagnóstico das principais problemáticas urbanas que afectan á cidade na actualidade. O traballo examina a evolución recente da estrutura urbana e territorial de Ferrol, prestando atención a cuestións como a dinámica demográfica, a organización interna da cidade por barrios, as desigualdades socioeconómicas, a mobilidade e a conectividade, a relación entre a cidade e a súa fronte marítima, e o funcionamento do mercado da vivenda. Así mesmo, analízanse as intervencións urbanas recentes e os instrumentos de planificación que condicionan o desenvolvemento urbano e territorial do municipio. A metodoloxía baséase no uso de fontes estatísticas oficiais, documentación urbanística e análise territorial a distintas escalas, o que permite ofrecer unha visión integrada dos procesos urbanos que caracterizan a Ferrol como cidade media-pequena. En conxunto, o traballo pretende contribuír á comprensión dos desafíos actuais da cidade e dos factores que condicionan a súa evolución futura.

DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titor do alumno)

O Camiño de Fisterra: Patrimonio, Espiritualidades e Procesos de Turistificación.
Autoría
D.M.S.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
D.M.S.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo analiza como o Camiño de Fisterra influíu na configuración do espazo galego e na percepción cultural e social da peregrinación desde a época medieval ata a actualidade. A investigación combina revisión bibliográfica, análise de fontes históricas e observación directa do percorrido. Evidénciase que o Camiño deixou pegadas na estrutura urbana e rural, promoveu novas formas de espiritualidade e xerou procesos de turistificación que afectan ao patrimonio e á comunidade local. Así mesmo, destácanse desafíos relacionados coa conservación cultural e ambiental, así como oportunidades para unha xestión máis sostible do itinerario. O presente estudo ofrece unha visión integradora desde a xeografía, útil para futuras investigacións e para a planificación de políticas de conservación e uso responsable do Camiño. Por tanto, a reflexión e a análise entre a devoción, a identidade local e o turismo é fundamental para poder entender o futuro do Camiño como patrimonio que segue a estar vivo.

A pegada do románico en Lugo: Análise do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares
Autoría
X.P.V.
Grao en Historia da Arte
X.P.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
Santa María de Ferreira de Pallares sitúase en Guntín (Lugo, Galicia). No presente traballo ofrécese un estudio historiográfico e artístico deste mosteiro, dende as súas orixes en época altomedieval ata o seu declive e conversión en parroquia. Abórdase a evolución histórica do mosteiro, incluíndo a súa fundación, reformas benedictinas, etapas de decadencia e a súa transformación en priorato. Analízase a súa arquitectura románica con especial atención á abside, portadas, capiteis e sepulcros. Ademáis, compáranse os seus elementos ornamentais e estructurais con outros templos románicos da provincia de Lugo, destacando a orixinalidade decorativa de Ferreira de Pallares dentro do contexto galego.

FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titor do alumno)