A gobernanza nas cidades patrimoniais. O caso de estudo de Santiago de Compostela
Autoría
E.P.Á.V.
Máster Universitario en Desafíos das Cidades

Data da defensa
19.02.2026 17:30
19.02.2026 17:30
Resumo
Este traballo analiza a gobernanza patrimonial na cidade histórica de Santiago de Compostela, poñendo o foco no papel da participación cidadá nos procesos de xestión, conservación e uso do patrimonio urbano. A partir dos debates contemporáneos sobre gobernanza urbana, estúdase a relación entre os marcos normativos e institucionais e as experiencias concretas da cidadanía. A investigación baséase nun estudo de caso que combina revisión bibliográfica, análise documental e unha enquisa dirixida a residentes e usuarios da cidade, incorporando tanto preguntas pechadas como abertas. O traballo pon de manifesto unha brecha entre o discurso institucional sobre a participación e as percepcións cidadás, así como a persistencia de dinámicas de participación simbólica e desigualdades territoriais. Avanzar cara a unha gobernanza patrimonial máis inclusiva require non só ampliar as canles participativas, senón tamén fortalecer a transparencia, a capacidade de incidencia e o recoñecemento efectivo da cidadanía como actor central na xestión do patrimonio urbano.

Dirección
Lopez , Lucrezia (Titoría)
FRANCO RIBEIRO, MARIA DO CARMO Cotitoría

Tribunal
López González, Cándido Jaime (Presidente/a)
PAZOS OTON, MIGUEL (Secretario/a)
Chamusca Magalhaes Nunes, Pedro Miguel (Vogal)

A Ribeira Sacra: Paisaxe e Patrimonio. Unha reflexión crítica da candidatura a Patrimonio da Humanidade
Autoría
M.L.C.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
M.L.C.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
12.02.2026 12:00
12.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón unha análise crítica da construción do discurso patrimonial sobre a Ribeira Sacra, así como das súas sucesivas propostas para ser elixida como Patrimonio da Humanidade. A narrativa hexemónica persiste en presentar unha paisaxe despolitizada, centrada nos valores espirituais e esencialistas do territorio, sen ofrecer cobertura a aquelas partes do pasado que resultan incómodas para o relato oficial. Ante isto, defendemos unha reconstrución do discurso que incorpore aqueles episodios silenciados, como a represión franquista ou a depredación territorial derivada da colonización agraria e da implantación dos encoros. A través da crítica da candidatura actual, e poñéndoa en contraste con todo o que queda fóra da candidatura, propoñemos un deseño de itinerarios que integra espazos de memoria e outros elementos discordantes co discurso autorizado. O noso obxectivo, en definitiva, é contribuír a unha xestión patrimonial máis plural, crítica e coherente coa complexidade histórica da Ribeira Sacra.

COMENDADOR REY, BEATRIZ (Titoría)
Ayan Vila, Jorge Miguel Cotitoría
COMENDADOR REY, BEATRIZ (Titoría)
Ayan Vila, Jorge Miguel Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
Saqqa Carazo, Miriam (Secretario/a)
NION ALVAREZ, SAMUEL (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
Saqqa Carazo, Miriam (Secretario/a)
NION ALVAREZ, SAMUEL (Vogal)
Salas de cine desaparecidas en Lugo: reconstrución 3D dun patrimonio olvidado
Autoría
A.N.L.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
A.N.L.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
26.02.2026 13:00
26.02.2026 13:00
Resumo
A partir da década de 1940, ten lugar un período de auxe no cinema, materializado no aumento de recintos cinematográficos. No contexto de Galicia, gran parte das salas de cine inauguradas no século XX concéntranse nos anos 40 e o caso lucense non é distinto, xa que entre 1936 e 1957 inaugúranse ata 6 espazos cinematográficos, os cales destacan polo seu impacto na sociedade lucense da época. Con todo, a transformación do modelo de explotación provoca que a inmensa maioría destes lugares fosen derrumbados ou utilizados para outras actividades. Este traballo de fin de máster ten como obxectivo poñer en valor este patrimonio desaparecido mediante a reconstrución tridimensional das principais salas de cine de Lugo: Cine España (1936), Central Cinema (1941) e Cine Paz (1957). A partir da documentación dispoñible, proponse a creación de modelos virtuais que permitan visualizar e reivindicar o patrimonio desaparecido e, desta forma, contribuir á preservación da memoria urbana lucense.

BALSA BARREIRO, JOSE (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE (Titoría)
Tribunal
Fernández Armesto, Mónica (Presidente/a)
CESAR VILA, MARIO (Secretario/a)
SANTOMIL MOSQUERA, DAVID (Vogal)

Cidades gallegas e novas tendencias migratorias: un estudo exploratorio sobre o retorno arxentino no marco da Estratexia Retorna.
Autoría
J.S.B.
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
J.S.B.
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Data da defensa
19.02.2026 18:00
19.02.2026 18:00
Resumo
En el marco de los debates contemporáneos sobre las migraciones internacionales, las ciudades enfrentan desafíos derivados de los procesos migratorios, relacionados con la gestión de recursos y la diversidad social y cultural. Este Trabajo de Fin de Máster analiza el papel del retorno argentino a las ciudades gallegas en el contexto de la Estrategia Retorna. La investigación parte de la hipótesis de que esta política pública de la Xunta de Galicia, contribuye a afrontar los desafíos urbanos y demográficos de Galicia mediante la atracción de población joven y cualificada a través del denominado “retorno a las raíces”. El estudio emplea una metodología mixta que combina revisión bibliográfica, análisis de datos estadísticos oficiales y trabajo de campo cualitativo y cuantitativo. Desde una perspectiva teórica, se abordan las migraciones contemporáneas como fenómenos vinculados a dinámicas de movilidad, desigualdad y desarrollo urbano, permitiendo contextualizar los flujos migratorios entre Galicia y Argentina. El análisis empírico se basa en encuestas a la población argentina retornada y entrevistas a profesionales vinculados a programas de integración social. Los resultados muestran que la Estrategia Retorna contribuye a la revitalización de las ciudades gallegas mediante el rejuvenecimiento poblacional, aunque persisten limitaciones que condicionan la integración de los retornados.

Nery Rodrigues, Emilia María Cotitoría
Lopez , Lucrezia (Titoría)
Nery Rodrigues, Emilia María Cotitoría
Tribunal
López González, Cándido Jaime (Presidente/a)
PAZOS OTON, MIGUEL (Secretario/a)
Chamusca Magalhaes Nunes, Pedro Miguel (Vogal)
López González, Cándido Jaime (Presidente/a)
PAZOS OTON, MIGUEL (Secretario/a)
Chamusca Magalhaes Nunes, Pedro Miguel (Vogal)
Traballo fin de máster
Autoría
V.S.P.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
V.S.P.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
04.02.2026 11:00
04.02.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio bibliográfico custodiado principalmente na Biblioteca Xeral Universitaria de Santiago de Compostela, procedente en gran medida de antigos espazos monacais e conventuais da cidade. Este conxunto documental constitúe un ben patrimonial de grande relevancia que require ser preservado e difundido entre a sociedade. Para iso, levouse a cabo un baleirado e estudo dos inventarios, catálogos e fontes primarias do Fondo Histórico da Universidade, así como do arquivo e biblioteca de San Francisco e do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. A partir desta análise preliminar realizouse unha selección de obras destacadas pola súa relevancia histórica ou polo seu valor artístico, tanto nos seus contidos escritos como nas súas ilustracións. O estudo detallado destas pezas permite profundar nos conceptos que sustentan a segunda parte do traballo, dedicada ao deseño dun proxecto expositivo. Esta proposta formula a exhibición das obras seleccionadas co fin de achegar á cidadanía un patrimonio bibliográfico pouco coñecido, favorecendo a súa apreciación e contribuíndo á súa conservación e difusión.

CORTES LOPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTES LOPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)