Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.procesospsicoloxicos [at] usc.es

A implantación dun programa de Doutoramento en Psicoloxía xorde como unha proposta do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC á necesidade de dispoñer dun mecanismo para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento dentro do Sistema Universitario Galego.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600522
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Constantino Arce Fernandez
constantino.arce [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
28/09/2021

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(311) Psicología
(0313) Psicología

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.
O Programa contribuíu e seguirá contribuíndo a:
1. Integrar o traballo de dous grupos que, ao longo dos últimos anos, alcanzaron unha capacidade de captar recursos para a investigación importante e demostraron amplamente a súa capacidade para formar investigadores. Trátase, por tanto, de avanzar na integración de dúas liñas de investigación cuxo obxecto de estudo é o comportamento humano, unha delas no contexto do laboratorio experimental e a outra nun contexto social máis amplo.
2. Optimizar a utilización de recursos tanto humanos como materiais actualmente existentes no Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía.
3. Proporcionarlles ás persoas graduadas cun máster en psicoloxía da comunidade autónoma a posibilidade de cursar estudios de doutoramento tanto no ámbito da investigación básica como da súa aplicación en contextos sociais sen ter que desprazarse a universidades doutras comunidades autónomas.
4. Potencia-la investigación nestes ámbitos coa formación e, se é o caso, incorporación de novo persoal investigador.
5. Estimular a colaboración cos/as profesionais dos distintos ámbitos aplicados da psicoloxía dándolles a oportunidade de formarse como doutores/as dentro do programa e pondo á súa disposición, en todo caso, os resultados obtidos polos grupos de investigación que forman parte del.

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

O Programa contempla a posibilidade de cursar os estudos de doutoramento tanto a tempo completo (modalidade preferente) como a tempo parcial, de modo que os psicólogos que traballan neses ámbitos teñan tamén a oportunidade de formarse como doutores.

O perfil de ingreso determina as titulacións de acceso ao programa máis idóneas para a admisión e, se é o caso, a necesidade ou non de realizar complementos formativos por parte dos/as doutorandos/as. De forma xeral, poderán acceder a este Programa de doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación, alumnos que cursasen algún máster adscrito á/s Rama/s de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas e ao/os ámbito/s de coñecemento da Psicoloxía e as ciencias do comportamento. Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos antigos programas de doutoramento do Dpto. de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC. Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as estudantes e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o estudantado careza da formación previa exixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS. Os complementos de formación deberanse superar no período inicial de desenvolvemento da teses, nun prazo máximo dun curso académico contado desde o momento en que a persoa doutoranda poida realizar a matrícula nos ditos complementos. Estes complementos de formación poderán ser materias de máster e terán, para os efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ó estudio, a consideración de formación de nivel de doutoramento. A non-superación destes complementos formativos é unha das causas de baixa definitiva do programa de doutoramento.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/a estudante consistente nunha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que
i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Cursos de formación específicos da área de Ciencias Sociais

  • E3091A10

Cursos de formación transversais

  • E3091A11

Presentación e defensa da investigación desenvolvida

  • E3091A12

Publicacións de artigos científicos

  • E3091A13

Realización de estancias de investigación

  • E3091A14

Presentación de comunicacións en congresos científicos

  • E3091A15

Publicacións de libros e capítulos de libros

  • E3091A16

Participación en seminarios e/ou talleres

  • E3091A17

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. As competencias requiridas adquiriranse cursando algunha/s das materias do Máster Universitario en Psicoloxía ata un máximo de 15 créditos ECTS. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión de Doutoramento nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

Profesores Área
Isabel Fraga Carou
Psicoloxía Básica
Dolores Ponte Fernandez
Psicoloxía Básica
Luis Miguel Jimenez Garcia
Psicoloxía Básica
Jaime Mauro Redondo Lago
Psicoloxía Básica
José Fernández Rey
Psicoloxía Básica
Monserrat Comesaña Vila
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Constantino Arce Fernandez
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Maria Lourdes Miron Redondo
Psicoloxía Social
Elena Maria Andrade Fernandez
Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Jose Manuel Sabucedo Cameselle
Psicoloxía Social
Cristina Gómez Roman
Psicoloxía Social
Carlos Montes Piñeiro
Psicoloxía Social
Mónica Alzate García
Psicoloxía Social
Marcos Dono Martín
Psicoloxía Social
Sergio Vila Tojo
Psicoloxía Social

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.

O grupo de investigadores implicados na presente proposta está en disposición de ofrecer recursos adecuados para garantir o cumprimento dos obxectivos de formación de novos investigadores competentes dentro do campo xeral da Psicoloxía, con perfís diversos que abarcan tanto a investigación dos procesos psicolóxicos básicos desde unha perspectiva experimental, como o estudo dos procesos psicolóxicos en contextos sociais.
O Programa contribuíu e seguirá contribuíndo a:
1. Integrar o traballo de dous grupos que, ao longo dos últimos anos, alcanzaron unha capacidade de captar recursos para a investigación importante e demostraron amplamente a súa capacidade para formar investigadores. Trátase, por tanto, de avanzar na integración de dúas liñas de investigación cuxo obxecto de estudo é o comportamento humano, unha delas no contexto do laboratorio experimental e a outra nun contexto social máis amplo.
2. Optimizar a utilización de recursos tanto humanos como materiais actualmente existentes no Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía.
3. Proporcionarlles ás persoas graduadas cun máster en psicoloxía da comunidade autónoma a posibilidade de cursar estudios de doutoramento tanto no ámbito da investigación básica como da súa aplicación en contextos sociais sen ter que desprazarse a universidades doutras comunidades autónomas.
4. Potencia-la investigación nestes ámbitos coa formación e, se é o caso, incorporación de novo persoal investigador.
5. Estimular a colaboración cos/as profesionais dos distintos ámbitos aplicados da psicoloxía dándolles a oportunidade de formarse como doutores/as dentro do programa e pondo á súa disposición, en todo caso, os resultados obtidos polos grupos de investigación que forman parte del.

- Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

- Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

- Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

- Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

- Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

- Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

‐ Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

  • Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito da Psicoloxía desde unha perspectiva experimental e social
  • Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos principais medios científicos do ámbito de coñecemento do Programa

• Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito da Psicoloxía desde unha perspectiva experimental e social

• Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos principais medios científicos do ámbito de coñecemento do Programa

O Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social forma investigadores/as de alto nivel capaces de estudar, desde unha perspectiva científica, os procesos psicolóxicos e o comportamento humano en múltiples contextos individuais e sociais. As persoas egresadas adquiren autonomía para deseñar, desenvolver e liderar proxectos de investigación innovadores que integren enfoques experimentais e sociais, contribuíndo á xeración de novo coñecemento en Psicoloxía.
Este programa prepáraos/as tamén para aplicar os resultados da investigación a retos sociais actuais, relacionados co benestar psicolóxico, a saúde mental, a inclusión, a violencia, a migración ou o comportamento ambiental. A nivel profesional, poden traballar en universidades, centros de investigación, administracións públicas, organizacións sociais ou empresas que precisen coñecemento experto sobre o comportamento humano.
Entre os principais perfís profesionais destacan: investigador/a posdoutoral ou sénior, docente universitario/a, consultor/a en comportamento social, técnico/a de I+D+i, deseñador/a e avaliador/a de intervencións psicolóxicas e sociais, e xestor/a de proxectos científicos ou de innovación social.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Constantino Arce Fernandez

Secretario/a
Sergio Vila Tojo

Vogais
Maria Lourdes Miron Redondo
Mónica Alzate García
Isabel Fraga Carou
Marcos Dono Martín

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,33

125,0

16,67

0,0

10,0

9,09

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,9315

4,0685

4,5836

4,9315

-

3,9452

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

5,2685

5,0548

-

5,1219

-

-

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,5

ID-48
Grao de satisfacción do Estudantado de 3º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos estudantado de terceiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,5

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,38

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

2,0

2,0

3,0

3,0

0,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

-

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

-

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

2,0

1,0

2,0

3,0

0,0

1,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

1,0

0,0

0,0

1,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

-

100,0

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

0,0

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

50,0

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

66,67

100,0

-

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

50,0

66,67

33,33

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,0

110,0

120,0

110,0

60,0

80,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

3,0

4,0

3,0

3,0

3,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

14,0

14,0

14,0

12,0

13,0

15,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

33,33

75,0

33,33

100,0

33,33

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

28,57

35,71

41,67

38,46

46,67

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

14,29

14,29

16,67

15,38

20,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

64,29

71,43

78,57

66,67

69,23

73,33

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,14

7,14

7,14

8,33

7,69

13,33

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

28,57

21,43

14,29

25,0

23,08

13,33

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

30,0

9,09

12,5

11,11

9,09

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

9,09

0,0

22,22

18,18

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

30,0

16,67

37,5

55,56

45,45

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,5

1,0

1,0

1,0

-

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

40,0

40,0

44,0

45,0

41,0

42,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,5

2,5

2,5882

2,6471

2,4118

2,625

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,75

93,75

88,24

94,12

88,24

93,75

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

37,5

41,18

41,18

41,18

50,0

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,33

12,5

33,33

33,33

26,67

15,38

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

16,67

22,22

16,99

-

33,33

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.