Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.relaboralesrhumanos [at] usc.es

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Relacións Laborais e Recursos Humanos, impartido conxuntamente coas Universidades da Coruña, Oviedo e Zaragoza é pioneiro nas universidades españolas. O obxectivo xeral do programa é proporcionar excelencia na formación en todos os ámbitos relacionados coas relacións laborais e os recursos humanos en organizacións públicas e privadas. O programa de doutoramento permitirá o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade, que representen un avance e unha contribución ao coñecemento científico e que impulsen, ao propio tempo, a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel en organizacións públicas e privadas

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5601495
Número prazas: 10

Coordinador-a do título:
Silvia Moscoso Ruibal
silvia.moscoso [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego, Inglés

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oviedo Universidade de Zaragoza Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
11/08/2022

Data de publicación no BOE:
01/06/2023

Data da última acreditación:
27/06/2022

Códigos ISCED:
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(380) Derecho
(0319) Ciencias sociales y del comportamiento (otros estudios)
(0421) Derecho

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.
O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

O programa de doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende ofrecer unha formación avanzada nas seguintes liñas específicas de investigación:

1. Historia, estrutura e procesos das relacións laborais e recursos humanos en organizacións privadas e administracións públicas. Abarcaría temáticas como: Variables e procesos na adquisición, avaliación, desenvolvemento e retención do talento; Factores individuais e organizacionais do benestar psicolóxico no traballo; Sustentabilidade organizacional e organizacións “verdes”; Compensación, retribución e incentivos nas relacións laborais; Innovación no posto; Igualdade e non discriminación nas relacións laborais e os recursos humanos; Cultura e compromiso organizacional; Auditoría Sociolaboral e de Recursos Humanos; Dirección de Recursos Humanos nas Administracións Públicas e privadas; Historia das relacións laborais, as organizacións sindicais en os dereitos dos traballadores.
2. Aspectos xurídicos da dirección das organizacións e administracións públicas, as relacións laborais e os recursos humanos. Centrada en temas como: Os dereitos humanos e as normas internacionais do traballo; Aspectos xurídicos da economía dixital, administración dixital e as relacións laborais; Dereito, desenvolvemento sostible e relacións laborais; O contrato de traballo e as relacións laborais; Análise da xurisprudencia laboral e da seguridade social; O réxime xurídico do emprego público; Intervención administrativa nas relacións laborais e os recursos humanos; Aspectos xurídicos das xestión tributaria e orzamentaria nas relacións laborais; Aspectos xurídicos-mercantís das relacións laborais e os recursos humanos; Aspectos xurídicos en materia de igualdade nas relacións laborais e os recursos humanos en organizacións privadas e administracións públicas; Descentralización produtiva; Empresas multiservicios e relacións laborais.
3. Psicoloxía, Socioloxía, Economía e Política de relacións laborais e recursos humanos e a prevención de riscos. Abarcaría, entre outras, as seguintes temáticas: Socioloxía do traballo, as relacións laborais e os recursos humanos; Desigualdade social e mercado de traballo; Análise de políticas activas de emprego; Psicoloxía ambiental aplicada ao benestar e produtividade dos recursos humanos nas organizacións; Xestión de persoas en administracións públicas e privadas; Dixitalización dos recursos humanos; Planificación da carreira laboral e a xubilación; Factores psicolóxicos, sociolóxicos, legais e políticos do emprego, o autoemprego e emprendimento; Diálogo social e organizacións inclusivas; Xestión de riscos Laborais; Riscos psicosociais; psicoloxía económica e economía conductual das relacións laborais e os recursos humanos; A globalización e as relacións laborais e de emprego; A gobernanza corporativa e as relacións de emprego; A igualdade e a diversidade no traballo; Sistemas de traballo de alto rendemento.
 

 

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
De forma xeral, os graduados/licenciados/Diplomados en Relacións Laborais, Ciencias do Traballo e en Relacións Laborais e Recursos Humanos ou calquera outra titulación en que se adquiran coñecementos e competencias relacionados coas diferentes disciplinas que forman parte do contido destas titulacións, especialmente Dereito, Psicoloxía do Traballo, Socioloxía e Administración de Empresas ou, no seu defecto, todas aquelas titulacións da rama de coñecemento de Ciencias Sociais e do ámbito de coñecemento en Ciencias Sociais, Traballo Social, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Socioloxía, Ciencia Política e Relacións Internacionais. O mesmo criterios aplicaranse para as titulacións de máster. En calquera caso, a admisión estará suxeita á aprobación da comisión académica de doutoramento unha vez analizado o contido do máster en cuestión. Os solicitantes deben posuír competencias lingüísticas en español e/ou no caso das solicitudes presentadas na USC e na UDC, en galego.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:
Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que
a) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que
b) puidese exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso. Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de castelán e/o galego no caso de solicitudes da USC e a UDC equivalente ao nivel B2, ademais duns coñecementos mínimos de inglés, non soamente por ser linguas de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da tese, senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel de castelán e/o galego acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas por cada unha das universidades participantes no programa de doutoramento.

O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Redacción de documentos científicos

  • E3141A01

Procura en base de datos e rexistros de información científica

  • E3141A02

Presentacións públicas de resultados de investigación

  • E3141A03

Seminarios de investigación

  • E3141A04

Asistencia a congresos, xornadas e conferencias

  • E3141A05

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Profesores Área
Silvia Moscoso Ruibal
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Jesus Fernando Salgado Velo
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Mario Antonio Lado Campelo
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Pamela Alonso Abeijon
Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Damaris Cuadrado Gonzalez
Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Inmaculada Otero Moral
Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Profesores Área
Francisco Hernandez Rodriguez
Dereito Mercantil
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Lourdes Mella Mendez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Marcos Almeida Cerreda
Dereito Administrativo
Luis Miguez Macho
Dereito Administrativo
Alicia Villalba Sanchez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Diana Santiago Iglesias
Dereito Administrativo
Silvia Fernandez Martinez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Alejandro Villanueva Turnes
Dereito Administrativo
Lara Maria Munin Sanchez
Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Profesores Área
Manuel Maria De Artaza Montero
Ciencia Política e da Administración
Maria Jesus Souto Blanco
Historia Contemporánea
Miguel Angel Cainzos Lopez
Socioloxía
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
Ciencia Política e da Administración
Carlos Lubian Graña
Socioloxía
Profesores Área
Profesores Área
Profesores Área

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.

O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ao converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ex., Traballo, Administrativo, Internacional, Financeiro, Mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.
O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (Ong) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitirá aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
- Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
- Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
- Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
- Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

1. Capacidade para facer investigacións científicas no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

2. Capacidade para resolver problemas científicos nos ámbitos das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

3.Coñecemento e aplicación das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

4. Capacidade para facer investigacións e dar respostas a problemas desde o punto de vista multidisciplinar dentro do ámbito das RRLL e os RRHH.

- Capacidade para facer investigacións científicas no ámbito das Relacións Laborais e dos Recursos Humanos.
- Capacidade para facer investigacións e dar respostas a problemas desde o punto de vista multidisciplinar dentro do ámbito das RRLL e as RRHH
- Coñecemento e aplicación das diferentes metodoloxías, ferramentas e manexo das técnicas de análise empírica da investigación no ámbito das Relacións Laborais e dos Recursos Humanos.
- Capacidade para resolver problemas científicos nos ámbitos das Relacións Laborais e dos Recursos Humanos

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ó converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ej., Traballo, administrativo, internacional, financeiro, mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as organizacións e os recursos humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, tódalas ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.
O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporciona formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/ou profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gobernamentais (ONGs) e outras organizacións non lucrativas (p. ej., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutoramento permitiralles aos doutorandos e doutores en Relacións Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relacións laborais e os recursos humanos.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Silvia Moscoso Ruibal

Secretario/a
Mario Antonio Lado Campelo

Vogais
Diana Santiago Iglesias
Jesus Fernando Salgado Velo
Alejandro Villanueva Turnes
Lourdes Mella Mendez
Inmaculada Otero Moral

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

50,0

37,5

Satisfacción

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

4,5

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

4,2

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

10,0

10,0

10,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

260,0

200,0

190,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

6,0

5,0

6,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

6,0

8,0

11,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,33

40,0

66,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

40,0

16,67

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

40,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

16,67

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

37,50

27,27

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

37,5

27,27

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

100,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

25,0

36,36

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

37,5

45,45

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

37,5

18,18

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

50,0

Indicador

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

39,0

39,0

40,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,7857

2,7857

3,0769

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,86

92,86

92,31

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

17,71

-

-

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2025.