Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.quimica [at] usc.es

Un programa interdisciplinar de Química, que permite formar doctores especializados nos númerosos eidos de traballo que abrangue a Química, como resultado da oferta dun amplo e diverso abano de liñas de investigación e dun, tamén amplo e diverso, panel de directores.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600702
Número prazas: 50

Coordinador-a do título:
Victor Manuel Sanchez Pedregal

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
26/01/2022

Códigos ISCED:
(442) Química
(440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
(0531) Química

A investigación en química ten aplicacións directas na mellora da calidade de vida, a saúde e o medio ambiente. Deste xeito, a formación de doutores/as en química contribúe á creación de emprego altamente cualificado, aumentando o capital humano da rexión e atraendo investimentos.
A oferta deste programa de doutoramento pola USC e a UVigo pretende axustarse ás liñas establecidas nos Plans Estratéxicos de ambas institucións, que toman como eixes estratéxicos:
a)A oferta de formación de calidade e adaptada ás necesidades da sociedade,
b) Fomentar a excelencia na investigación e na transferencia, como piares fundamentais dunha estratexia de futuro, mellorando o posicionamento de ambas universidades tanto no panorama nacional como internacional,
c) Na relación coa sociedade, enfatizando a súa vocación como servizo á sociedade que a rodea e a súa relación co entorno social.
Tendo isto en conta, a USC e a UVigo aproveitan a calidade da súa investigación para promover un forte vínculo entre docencia e investigación, incorporando a experiencia de grupos de investigación que forman parte de Centros Singulares de Investigación como CIQUS, CINBIO, CIM e CRETUS, institutos de investigación como iMATUS e iARCUS, e as Facultades de Química, Ciencias e Farmacia da USC e a Facultade de Química da UVigo, na formación de novos doutores. Deste xeito, preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC e da UVigo, fomentando a incorporación de doutores e doutoras en empresas para ampliar a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, e así impulsar a actividade produtiva e o establecemento de sinerxías co sector industrial. Á hora de abordar desafíos globais como o cambio climático, a escaseza de recursos ou a contaminación, a química preséntase como unha disciplina clave para a búsqueda de solucións sostibles, promovendo a economía circular, a mellora da calidade de vida, a saúde e o medio ambiente. Estes esforzos están alineados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, e contribúen a posicionar Galicia como unha rexión innovadora e competitiva a nivel global.

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa de amplo espectro científico, que inclúe profesores e liñas de investigación da totalidade dos Departamentos de Química da Universidade de Santiago e da de Vigo: Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica e Química Orgánica.

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o alumnado que desexe acceder a este programa e, como consecuencia, os títulos de acceso ao programa adecuados que determinan a admisión e, no seu caso, a necesidade, ou non, de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
O perfil de ingreso recomendado é o de alumnado que teña cursado un título de Grao e Máster no ámbito de coñecemento da Química (segundo a clasificación do RD 822/2021 polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade). Tamén se consideran perfís adecuados outros ámbitos de coñecemento afíns como Bioquímica e biotecnoloxía, Ciencias agrarias e tecnoloxías dos alimentos, Ciencias ambientais e ecoloxía, Ciencias da terra, Farmacia, Enxeñaría química, Enxeñaría dos materiais e Enxeñaría do medio natural. Nestes casos, a CAPD estudaralles individualmente, podendo admitir ou non aos/ás alumnos/as e establecendo complementos formativos no caso de ser necesario.
Dadas as características e o nivel científico do Programa de Doutoramento, é recomendable que o alumnado posúa un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B1, tanto no ámbito da comprensión oral como escrita.
En canto a aptitudes e actitudes persoais, considérase altamente recomendable que os aspirantes a cursar este Programa de Doutoramento teñan unha inquedanza intelectual elevada, que os leve a profundar na investigación química.
Deben ter ademais iniciativa e motivación para buscar a calidade e a excelencia no traballo, así como capacidade para aplicar o pensamento crítico, lóxico e creativo. Considérase tamén de gran importancia que o estudantado adquiera un compromiso coa ética profesional e a integridade intelectual.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se superaran, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Ademais, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se teñan superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade de homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que dito título capacite para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo que posúa o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido segundo sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa convalidación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster universitario e que habilita no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a convalidación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos distintos ao do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de Doctora ou Doutor.
e) Así mesmo, poderán acceder os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/de da estudante consistente nunha carta de referencia dun/ha profesor/a do programa que (a) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vinculase, e que (b) manifeste a súa disposición a exercer como director/a no caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
Ademais, os/las candidatos/as estranxeiros/as de países que non teñan como lingua oficial o español, deben ter unhas competencias mínimas lingüísticas en galego ou castelán equivalentes ao nivel B1 ou, no seu defecto, deben presentar un documento indicando a posibilidade de comunicación noutra lingua co/a profesor/a do programa que poida exercer como tutor/a, asinado por ambos.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao amparo dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que se dea calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso, todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias en relación co desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea a cursar dichos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudos, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Avances recentes en química

  • E1031A01

Estancia noutro centro de investigación

  • E1031A02

Xornadas científicas doutorais

  • E1031A03

Redacción e presentación de resultados científicos no ámbito químico

  • E1031A04

Publicación de artigos científicos

  • E1031A05

Asistencia a congresos e reunións científicas

  • E1031A06

Formación en actividades docentes

  • E1031A07

Presentación e defensa da formación e investigación realizada

  • E1031A08

Participación en actividades de ciencia aberta

  • E1031A09

No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso, con obxecto de decidir se deben esixirse complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS), con indicación das materias concretas que deben cursar (máximo tres).

No caso de alumnos que non realizaran máster, necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación igual polo menos aos dos másteres que dan acceso, que serán de polo menos 60 ECTS.

Profesores Área
Carmen Maria Garcia Jares
Química Analítica
Maria Del Carmen Yebra Biurrun
Química Analítica
Elisa Maria Rubi Cano
Química Analítica
Manuel Aboal Somoza
Química Analítica
Ma Carmen Barciela Alonso
Química Analítica
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
Química Analítica
Maria Pilar Llompart Vizoso
Química Analítica
Marta Lores Aguin
Química Analítica
María Raquel Domínguez González
Química Analítica
Isaac Rodriguez Pereiro
Química Analítica
Mª Del Carmen Casais Laiño
Química Analítica
Antonio Moreda Piñeiro
Química Analítica
Maria Ramil Criado
Química Analítica
Jose Benito Quintana Alvarez
Química Analítica
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
Química Analítica
Elena Maria Peña Vazquez
Química Analítica
Rosa Maria Montes Goyanes
Química Analítica
María Concepción Tojo Suárez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Juan Ramón Granja Guillán
Química Orgánica
Juan Carlos Estévez Cabanas
Química Orgánica
María Dolores Pérez Meirás
Química Orgánica
Manuel Aboal Somoza
Química Analítica
Ma Carmen Barciela Alonso
Química Analítica
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
Química Analítica
Emilio Quiñoa Cabana
Química Orgánica
Aida Jover Ramos
Química Física
Carlos Vazquez Vazquez
Química Física
María Raquel Domínguez González
Química Analítica
Antonio Moreda Piñeiro
Química Analítica
Antonia María Carro Díaz
Química Analítica
Ramon Jose Estevez Cabanas
Química Orgánica
Mercedes Torneiro Abuin
Química Orgánica
Maria Matilde Fondo Busto
Química Inorgánica
Julio Antonio Seijas Vazquez
Química Orgánica
María Del Pilar Vázquez Tato
Química Orgánica
José Manuel Seco Castro
Química Orgánica
Eduardo Fernandez Megia
Química Orgánica
Felix Manuel Freire Iribarne
Química Orgánica
Jose Francisco Rivadulla Fernandez
Química Física
Manuel Amorin Lopez
Química Orgánica
Elena Maria Peña Vazquez
Química Analítica
María Isabel García Santos
Química Inorgánica
Diego Peña Gil
Química Orgánica
Alberto José Coelho Cotón
Química Orgánica
Javier Montenegro Garcia
Química Orgánica
Miguel Ángel Correa Duarte
Escola de Doutoramento Internacional
Massimo Lazzari
Química Física
Juan Pablo Hervés Beloso
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Maria Del Carmen Yebra Biurrun
Química Analítica
Maria De La Merced Novo Rodriguez
Química Física
Manuel Aboal Somoza
Química Analítica
Ma Carmen Barciela Alonso
Química Analítica
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
Química Analítica
Emilio Quiñoa Cabana
Química Orgánica
Berta Fernandez Rodriguez
Química Física
Maria Pilar Llompart Vizoso
Química Analítica
María Raquel Domínguez González
Química Analítica
Isaac Rodriguez Pereiro
Química Analítica
Antonio Moreda Piñeiro
Química Analítica
Carlos Herrero Latorre
Química Analítica
María De La Flor Rodríguez Prieto
Química Física
Wajih Al-Soufi
Química Física
José Manuel Seco Castro
Química Orgánica
Eduardo Fernandez Megia
Química Orgánica
Elena Maria Peña Vazquez
Química Analítica
Marco Eugenio Vazquez Sentis
Química Orgánica
Victor Manuel Sanchez Pedregal
Química Orgánica
María Isela Lavilla Beltrán
Escola de Doutoramento Internacional
José Carlos Bendicho Hernández
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Juan Crugeiras Martinez
Química Física
Luis Garcia Rio
Química Física
María Dolores Pérez Meirás
Química Orgánica
Maria Del Carmen Rios Rodriguez
Química Física
Maria Mercedes Parajo Montes
Química Física
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
Química Física
Jose Ramon Leis Fidalgo
Química Física
Emilio Quiñoa Cabana
Química Orgánica
Berta Fernandez Rodriguez
Química Física
Sarah Fiol Lopez
Química Física
Maria Rita Paleo Pillado
Química Orgánica
Mercedes Torneiro Abuin
Química Orgánica
María De La Flor Rodríguez Prieto
Química Física
Xerardo Xusto Garcia Mera
Química Orgánica
Jesus Rodriguez Otero
Química Física
Saulo Angel Vazquez Rodriguez
Química Física
Antonio Fernandez Ramos
Química Física
Emilio Martinez Nuñez
Química Física
Pedro Rodriguez Dafonte
Química Física
Manuel Amorin Lopez
Química Orgánica
Rebeca Garcia Fandiño
Química Orgánica
Diego Peña Gil
Química Orgánica
Javier Montenegro Garcia
Química Orgánica
Ana María Graña Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Massimo Lazzari
Química Física
Victor Manuel Sanchez Pedregal
Química Orgánica
Ricardo Antonio Mosquera Castro
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Magdalena Cid Fernandez
Escola de Doutoramento Internacional
Martin Fañanas Mastral
Química Orgánica
Profesores Área
Carmen Maria Garcia Jares
Química Analítica
Mª Ángeles Sánchez González
Química Inorgánica
Juan Ramón Granja Guillán
Química Orgánica
Maria De La Merced Novo Rodriguez
Química Física
Juan Carlos Estévez Cabanas
Química Orgánica
Ma Carmen Barciela Alonso
Química Analítica
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
Química Analítica
Maria Elena Labisbal Viqueira
Química Inorgánica
Concepcion Gonzalez Bello
Química Orgánica
Marcelino Maneiro Maneiro
Química Inorgánica
Manuel Maria Paz Castañal
Química Orgánica
Ana Maria Gonzalez Noya
Química Inorgánica
Emilio Quiñoa Cabana
Química Orgánica
Marta Lores Aguin
Química Analítica
María Luz Durán Carril
Química Inorgánica
Jose Luis Mascareñas Cid
Química Orgánica
Antonio Moreda Piñeiro
Química Analítica
Ramon Jose Estevez Cabanas
Química Orgánica
Mercedes Torneiro Abuin
Química Orgánica
Xerardo Xusto Garcia Mera
Química Orgánica
Julio Antonio Seijas Vazquez
Química Orgánica
María Del Pilar Vázquez Tato
Química Orgánica
Wajih Al-Soufi
Química Física
Eduardo Fernandez Megia
Química Orgánica
Felix Manuel Freire Iribarne
Química Orgánica
Manuel Amorin Lopez
Química Orgánica
Elena Maria Peña Vazquez
Química Analítica
Rebeca Garcia Fandiño
Química Orgánica
Miguel Vazquez Lopez
Química Inorgánica
Alberto José Coelho Cotón
Química Orgánica
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Química Inorgánica
Javier Montenegro Garcia
Química Orgánica
María Rosana Álvarez Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Marco Eugenio Vazquez Sentis
Química Orgánica
Lara Villarino Palmaz
Química Orgánica
Maria Dolores Lopez Pedrouso
Bioquímica e Bioloxía Molecular
Marta Teijeira Bautista
Escola de Doutoramento Internacional
Beatriz Orosa Puente
Fisioloxía Vexetal
Ángel Rodríguez De Lera
Escola de Doutoramento Internacional
Victor Manuel Sanchez Pedregal
Química Orgánica
María Carmen Terán Moldes
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Joao Correia Pinto Carvalho De Matos
Química Orgánica
Pedro Besada Pereira
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Tomas Gamasa
Química Orgánica
Profesores Área
Mª Ángeles Sánchez González
Química Inorgánica
Susana Lopez Estevez
Química Orgánica
Jesus Sanmartin Matalobos
Química Inorgánica
Ana Maria Garcia Deibe
Química Inorgánica
Juan Manuel Ortigueira Amor
Química Inorgánica
Maria Elena Labisbal Viqueira
Química Inorgánica
Marcelino Maneiro Maneiro
Química Inorgánica
Ana Maria Gonzalez Noya
Química Inorgánica
Emilio Quiñoa Cabana
Química Orgánica
María Luz Durán Carril
Química Inorgánica
Maria Matilde Fondo Busto
Química Inorgánica
Jose Manuel Vila Abad
Química Inorgánica
Laura Valencia Matarranz
Escola de Doutoramento Internacional
Antonio Sousa Pedrares
Química Inorgánica
María Isabel García Santos
Química Inorgánica
Emilia García Martínez
Escola de Doutoramento Internacional
Rosa Carballo Rial
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Vazquez Lopez
Química Inorgánica
Diego Peña Gil
Química Orgánica
Paulo Antonio Perez Lourido
Escola de Doutoramento Internacional
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Química Inorgánica
María Rosana Álvarez Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Jorge Bravo Bernárdez
Escola de Doutoramento Internacional
M.soledad García Fontán
Escola de Doutoramento Internacional
Mª Delfina Couce Fortúnez
Escola de Doutoramento Internacional
Sandra Bolaño García
Escola de Doutoramento Internacional
Inmaculada Prieto Jimã©Nez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Susana Lopez Estevez
Química Orgánica
Juan Ramón Granja Guillán
Química Orgánica
Juan Carlos Estévez Cabanas
Química Orgánica
Agustin Antonio Cobas Martinez
Química Orgánica
Luis Garcia Rio
Química Física
María Dolores Pérez Meirás
Química Orgánica
Maria Mercedes Parajo Montes
Química Física
Marcelino Maneiro Maneiro
Química Inorgánica
Carlos Vazquez Vazquez
Química Física
Jose Luis Mascareñas Cid
Química Orgánica
Maria Rita Paleo Pillado
Química Orgánica
Mercedes Torneiro Abuin
Química Orgánica
Carlos Eugenio Saa Rodriguez
Química Orgánica
Julio Antonio Seijas Vazquez
Química Orgánica
María Del Pilar Vázquez Tato
Química Orgánica
Francisco Javier Sardina Lopez
Química Orgánica
Jesus Angel Varela Carrete
Química Orgánica
Emilio Martinez Nuñez
Química Física
Pedro Rodriguez Dafonte
Química Física
Moises Gulias Costa
Química Orgánica
Diego Peña Gil
Química Orgánica
Alberto José Coelho Cotón
Química Orgánica
María Rosana Álvarez Rodríguez
Escola de Doutoramento Internacional
Miguel Ángel Correa Duarte
Escola de Doutoramento Internacional
Ángel Rodríguez De Lera
Escola de Doutoramento Internacional
Massimo Lazzari
Química Física
Emilia Tojo Suarez
Escola de Doutoramento Internacional
Generosa Gómez Pacios
Escola de Doutoramento Internacional
Yagamare Fall Diop
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Magdalena Cid Fernandez
Escola de Doutoramento Internacional
María Concepción Tojo Suárez
Escola de Doutoramento Internacional
Martin Fañanas Mastral
Química Orgánica
Manuel Nappi
Química Orgánica
Profesores Área
Elisa Maria Rubi Cano
Química Analítica
Manuel Aboal Somoza
Química Analítica
Ma Carmen Barciela Alonso
Química Analítica
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
Química Analítica
Maria Pilar Llompart Vizoso
Química Analítica
Isaac Rodriguez Pereiro
Química Analítica
Antonio Moreda Piñeiro
Química Analítica
Carlos Herrero Latorre
Química Analítica
Antonia María Carro Díaz
Química Analítica
Elena Maria Peña Vazquez
Química Analítica
Profesores Área

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa de amplo espectro científico, que inclúe profesores e liñas de investigación da totalidade dos Departamentos de Química da Universidade de Santiago e da de Vigo: Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica e Química Orgánica.

Constitúe, polo tanto, un programa interdisciplinar de Química, que permite formar doctores especializados nos númerosos eidos de traballo que abrangue a Química, como resultado da oferta dun amplo e diverso abano de liñas de investigación e dun, tamén amplo e diverso, panel de directores.

A investigación en química ten aplicacións directas na mellora da calidade de vida, a saúde e o medio ambiente. Deste xeito, a formación de doutores/as en química contribúe á creación de emprego altamente cualificado, aumentando o capital humano da rexión e atraendo investimentos.
A oferta deste programa de doutoramento pola USC e a UVigo pretende axustarse ás liñas establecidas nos Plans Estratéxicos de ambas institucións, que toman como eixes estratéxicos:
a)A oferta de formación de calidade e adaptada ás necesidades da sociedade,
b) Fomentar a excelencia na investigación e na transferencia, como piares fundamentais dunha estratexia de futuro, mellorando o posicionamento de ambas universidades tanto no panorama nacional como internacional,
c) Na relación coa sociedade, enfatizando a súa vocación como servizo á sociedade que a rodea e a súa relación co entorno social.
Tendo isto en conta, a USC e a UVigo aproveitan a calidade da súa investigación para promover un forte vínculo entre docencia e investigación, incorporando a experiencia de grupos de investigación que forman parte de Centros Singulares de Investigación como CIQUS, CINBIO, CIM e CRETUS, institutos de investigación como iMATUS e iARCUS, e as Facultades de Química, Ciencias e Farmacia da USC e a Facultade de Química da UVigo, na formación de novos doutores. Deste xeito, preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC e da UVigo, fomentando a incorporación de doutores e doutoras en empresas para ampliar a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, e así impulsar a actividade produtiva e o establecemento de sinerxías co sector industrial. Á hora de abordar desafíos globais como o cambio climático, a escaseza de recursos ou a contaminación, a química preséntase como unha disciplina clave para a búsqueda de solucións sostibles, promovendo a economía circular, a mellora da calidade de vida, a saúde e o medio ambiente. Estes esforzos están alineados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, e contribúen a posicionar Galicia como unha rexión innovadora e competitiva a nivel global.

• Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito ámbito. (Substitúeuse "ámbito" por "campo" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)
• Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo polo doutorando ou a doutoranda relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e da Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en ambas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)

  • CE01. Capacidade de aplicar os coñecementos químicos adquiridos para suscitar e levar a cabo un proxecto de investigación dentro dun contexto aplicado, co obxecto de acadar a resolución dun problema complexo, defendéndoo mediante argumentos con base química específica que corroboren a solución achegada.
  • CE02. Capacidade de elaborar e executar, como responsable, un protocolo de seguridade (normas xerais, manexo de sustancias tóxicas ou inflamables, eliminación de residuos, aparellos ou instrumentación e instalacións) para o traballo nun laboratorio de investigación e/ou desenvolvemento no ámbito da Química.
  • CE03. Capacidade de avaliar un proxecto de investigación/desenvolvo/patente/docente etc. da súa área química de especialización, no marco da previsión da súa posibilidade de avance no coñecemento e/ou a práctica xa existente.
  • CE04. Capacidade de integrar os coñecementos ante un problema de índole químico e adquirir a destreza de formular xuízos previsibles a partir de hipóteses de partida, cunha información que, aínda sendo limitada, permita suscitar diversas solucións, anticipándose a potenciais riscos económicos e/ou medioambientais e mesmo con implicacións éticas.
  • CE05. Dispoñer de competencia técnica e científica para obter resultados químicos precisos e reproducibles a partir dos cales se poidan sacar conclusións válidas no perfil específico de traballo químico.
  • CE06. Capacidade de coñecer os avances científicos, as últimas técnicas e a instrumentación relacionados coa súa área química concreta de especialización.
  • CE07. Capacidade de actualizar os seus coñecementos químicos de forma autónoma e continua.

• Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos para propoñer e levar a cabo un proxecto de investigación, co obxecto de abordar a resolución dun problema complexo, defendéndoo mediante argumentos baseados na ciencia química.
• Capacidade de actualizar os seus coñecementos de química de forma autónoma e continua.
• Capacidade de identificar e explicar os avances científicos, as últimas técnicas e a instrumentación relacionados co seu ámbito concreto de especialización en química.
• Capacidade de xerar resultados precisos e reproducibles a partir dos cales se poidan extraer conclusións válidas no seu ámbito de especialización en química.
• Capacidade de integrar os coñecementos ante un problema de natureza química e de formular xuízos a partir de hipóteses iniciais, cunha información previa que, aínda que limitada, permita propoñer diversas solucións, anticipándose a potenciais riscos económicos e/ou medioambientais e tendo en conta as posibles implicacións éticas.
• Capacidade de avaliar un proxecto de investigación/desenvolvemento/patente/docente/etc., do seu ámbito de especialización química, valorando o seu potencial para o avance no coñecemento e/ou na práctica xa existente.
• Capacidade de elaborar e executar, como responsable, un protocolo de seguridade (normas xerais, manexo de substancias tóxicas ou inflamables, eliminación de residuos, instrumentación e instalacións) para o traballo nun laboratorio de investigación e/ou desenvolvemento no ámbito da química.

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química ofrece formación que permite ao alumnado adquirir a capacidade de traballar en investigación científica e aplicada no ámbito da Química. O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa de amplo espectro científico, que inclúe profesores e liñas de investigación das diferentes áreas da Química.
O/A egresado/a do programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química será un/ha investigador/a autónomo/a de alto nivel capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que leven á xeración de novos coñecementos no campo da química. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses nacionais e rexionais, avanzando en proxectos de investigación que, desde unha base científica e tecnolóxica, satisfagan as necesidades e prioridades da sociedade e da industria.
O/A egresado/a pode xerar investigación, desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade.
Os/as doutores/as graduados do Programa en Ciencia e Tecnoloxía Química traballan en centros de investigación públicos e privados (centros I+D+i) (en torno ao 20%), nas universidades (en torno ao 30%), en docencia non universitaria (en torno ao 10%) e en industrias relacionadas co sector químico (en torno ao 28%).

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

•Bases de datos reunidas

•Revistas electrónicas

•Sumarios electrónicos

•Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

•Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
•Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
•Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
•Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Título Data de lectura Autoría Dirección
Materiais Nanoestructurados Baseados en Polioxometalatos e Nanopartículas Para Aplicacións Funcionais Avanzadas Mención doutoramento internacional 09/02/2026 Lucía Vizcaíno Anaya Maria Del Carmen Gimenez Lopez
HIDROFUNCIONALIZACIÓN ENANTIOSELECTIVA DE ALLENOS CATALIZADA POR IRIDIO Mención doutoramento internacional 06/02/2026 Alejandro Rey López Jose Luis Mascareñas Cid
Fernando José López García
Busca conformacional en moléculas cíclicas e cinética de reaccións astroquímicas. Un estudo teórico. 27/11/2025 Anxo Lema Saavedra Antonio Fernandez Ramos
Emilio Martinez Nuñez
Avaliación Integral de Nanopartículas en Medios Biolóxicos: Aplicación de Single-Particle, Single-Cell e Ablación Láser ICP-MS Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 10/02/2026 Ana Justo Vega María Raquel Domínguez González
Antonio Moreda Piñeiro
Reaccións mediadas por ouro e transformacións fotocatalíticas en medios biolóxicos Mención doutoramento internacional 15/01/2026 Cinzia D'avino Jose Luis Mascareñas Cid
Maria Tomas Gamasa
Deseño, síntese e estudo de hidrocarburos policíclicos non convencionais con aneis de catro e cinco membros. Mención doutoramento internacional 09/02/2026 Jesús Janeiro Rodríguez María Dolores Pérez Meirás
Diego Peña Gil

Coordinador/a
Victor Manuel Sanchez Pedregal

Secretario/a
Rosa Maria Montes Goyanes

Vogais
Antonio Moreda Piñeiro
Maria Elena Labisbal Viqueira
Jesus Sanmartin Matalobos
Berta Fernandez Rodriguez
Martin Fañanas Mastral
Eduardo Fernandez Megia

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,58

11,76

7,37

5,62

4,08

0,0

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

4,7417

4,5517

4,7715

4,2888

4,6702

4,6116

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,9315

-

-

5,063

4,7753

Satisfacción

ID-46
Grao de satisfacción dos/as egresados/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as egresados/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,67

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,11

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

26,0

23,0

22,0

12,0

17,0

26,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

94,12

88,46

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

5,88

11,54

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

1,0

0,0

3,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

11,0

14,0

8,0

3,0

6,0

7,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

14,0

9,0

13,0

8,0

11,0

16,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

0,0

0,0

0,0

100,0

100,0

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

15,38

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

84,62

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

95,45

100,0

100,0

92,31

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

50,0

47,83

72,73

50,0

58,82

46,15

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

50,0

50,0

50,0

50,0

50,0

50,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,0

60,0

50,0

70,0

72,0

62,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

26,0

25,0

23,0

28,0

25,0

23,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

125,0

120,0

113,0

117,0

121,0

122,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,62

88,0

91,3

85,71

80,0

86,96

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,54

8,0

0,0

10,71

0,0

4,35

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

8,0

0,0

7,14

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,85

0,0

0,0

3,57

0,0

4,35

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,20

5,83

5,31

5,98

9,09

11,48

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

1,6

2,5

1,77

2,56

3,31

4,1

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

96,0

96,67

94,69

94,87

96,69

97,54

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,4

1,67

0,88

0,85

0,0

0,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

1,6

1,67

4,42

4,27

3,31

1,64

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,33

7,76

11,21

8,11

17,95

22,69

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,17

1,72

3,74

3,6

6,84

7,56

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

43,33

51,72

59,81

65,77

62,39

79,83

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,8462

0,8261

0,9091

0,8333

0,7647

0,6154

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

374,0

368,0

370,0

375,0

364,0

378,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,9368

3,9149

3,9362

4,0761

4,0

4,1538

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

98,94

96,81

100,0

97,8

98,9

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

86,32

79,79

78,72

72,83

73,63

72,53

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,25

5,88

3,13

7,58

5,88

7,14

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,08

21,21

19,05

16,96

18,75

10,53

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.