Ir o contido principal
STG

Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.enerxiasrenovables [at] usc.es

A enerxía é fundamental para a organización da sociedade, para o transporte, para manter a temperatura axeitada nos nosos fogares no inverno e no verán e para o funcionamento da industria, das explotacións agrícolas e das oficinas. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é, en xeral, unha fonte de contaminación.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 5600487
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Pastora Maria Bello Bugallo
pastora.bello.bugallo [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
26/01/2022

Códigos ISCED:
(440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
(522) Electricidad y energía
(0713) Electricidad y energía

Os obxectivos do Programa de Doutoramento son: formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito da enerxía, as enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados do PDERSE serán profesionais que poderán desempeñar labores no campo da I+D+i, no ámbito enerxético; tamén é obxectivo do programa preparar investigadores especialistas en eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer a súa labor investigadora e contribuír aos principais retos no ámbito da enerxía, as tecnoloxías para as enerxías renovables e a sustentabilidade para fornecer á sociedade unha enerxía máis limpa mediante a investigación tecnolóxica e a innovación que cubra todo o sistema enerxético (subministración enerxética e transformación, usos da enerxía e xestión da demanda enerxética).
O PDERSE xurdiu cun espírito profundamente interdisciplinar e transversal, para poder contribuír a todos os ámbitos do sistema enerxético. Desde a súa orixe caracterizouse pola colaboración entre numerosas disciplinas: entre os 22 PDI do programa están representados 16 grupos de investigación, 13 áreas de coñecemento e 10 departamentos xunto con 3 institutos de investigación, que evidencian a multidisciplinariedade do Programa.

A sustentabilidade do medio natural e a necesidade de garantir a seguridade da subministración, esixen empregar menos combustibles fósiles, emprégalos dun xeito máis intelixente e desenvolver alternativas. Este Programa de Doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce departamentos desta Universidade sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de departamentos ou institucións que estean implicados no eido das enerxías renovables da nosa Comunidade Autónoma. Os obxectivos xerais deste doutoramento consisten en formar profesionais especialistas no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade para cubrir as necesidades da sociedade neste ámbito. Os doutores serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico. Asemade preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que podan exercer o seu labor investigador no eido da eficiencia enerxética e das distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a enerxía solar, a biomasa, a agroenerxía e a enerxía eólica e maremotriz, entre outras. Estaríase formulando un proxecto global que incluiría dende o deseño técnico das instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, no último caso, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

Ao ser o Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética unha titulación multidisciplinar, o perfil de ingreso pode proceder de calquera rama e área de coñecemento, sempre que se teña superado un grao e un máster ou equivalente. A este respecto, como consecuencia da entrada en vigor do RD 822/2021 polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade indícanse a continuación, ademais das ramas do coñecemento, os ámbitos de coñecemento para cada rama, entre os establecidos no Anexo I do devandito Real Decreto.
1. Rama de Ciencias: Bioloxía e xenética. Bioquímica e biotecnoloxía. Ciencias agropecuarias e tecnoloxía dos alimentos. Ciencias medioambientais e ecoloxía. Ciencias da Terra. Física e astronomía. Matemáticas e estatística. Química. Interdisciplinar.
2. Rama Ciencias da Saúde: Ciencias biomédicas. Ciencias do comportamento e psicoloxía. Farmacia. Medicina e odontoloxía. Enfermaría. Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia.
3. Rama de Enxeñaría e Arquitectura: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civil; Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñaría de telecomunicacións; Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación. Enxeñaría informática e de sistemas. Enxeñaría química, enxeñaría de materiais e enxeñaría do medio natural. Interdisciplinar.
4. Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márketing, comercio, contabilidade e turismo; Ciencias da educación. Máster Universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas; Mestrado en Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais. Dereito e especialidades xurídicas. Estudos de xénero e estudos feministas. Historia da arte e da expresión artística e belas artes. Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidades. Xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas. Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística. Interdisciplinar. Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual. A necesidade ou non de realizar complementos formativos será unha decisión da CAPD en función da formación previa do alumno, rama e área de coñecemento da que procede, a súa relación co proxecto de tese e do criterio do/de da PDI que avale o informe de viabilidade. Para calquera perfil, a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos alumnos e establecer complementos de formación relacionados coas liñas de investigación do programa, se fose necesario. No caso de que os estudantes carezan da formación previa requerida no Programa, a admisión poderá condicionarse á realización da formación complementaria que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS. Por outra banda, os estudantes con títulos estranxeiros non homologados poderán solicitar a admisión a estudos de doutoramento sempre que acrediten un nivel de formación equivalente ao do título universitario oficial español e o o país emisor do título permita o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o seu recoñecemento para efectos distintos ao acceso a ditas ensinanzas. Deste xeito, os estudantes con títulos estranxeiros non homologados requirirán, para a plena validez da súa matrícula, resolución de equivalencia outorgada polo reitor, previa emisión dos informes que regulamentariamente se establezan, na que se indicará a denominación do título estranxeiro e o seu recoñecemento aos efectos da realización destes estudos. A equivalencia deberá solicitarse no prazo establecido, acompañando o título co que se desexa acceder a estudos de terceiro ciclo e certificado académico de ditos estudos, no que consten as materias e períodos académicos cursados e que o título dá acceso a estudos de doutoramento no noso país. Todo o anterior deberá presentarse debidamente legalizado (original e fotocopia para coteo as fotocopias) e autenticadas polos servizos consulares ou embaixadas españolas. Se o idioma de orixe non é o español, deberá acompañarse ademais dunha tradución legalizada da devandita documentación. A solicitude de admisión do estudante incluirá tamén a posibilidade de solicitar simultaneamente a equivalencia, no seu caso. A CAPD valorará a adecuación académica dos estudos realizados polo solicitante, circunstancia que deberá constar na proposta de admisión ao Programa. As resolucións de equivalencia constarán no expediente do estudante e poderán acreditarse como calquera outra parte do expediente. É posible que os informes emitidos sobre situacións similares poidan servir de precedente. Nestes casos non será necesario elaborar novos informes. Os estudantes poderán matricularse sen esperar a resolución de equivalencia, pero a validez da súa matrícula quedará condicionada a esta declaración.

Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, modificado polo Real Decreto 576/2023. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario ou equivalente, sempre que se teñan superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope en algunha das seguintes supostas:
1. Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se teñan superado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
2. Estar en posesión dun título obtido segundo sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que dito título capacite para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición do mesmo. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
3. Estar en posesión dun título obtido segundo sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster universitario e que capacita no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento con outros efectos que non sexa o do acceso a ensinanzas de doutorado.
4. Estar en posesión doutro título de Doutora ou Doutor.
5. Igualmente poderán acceder os titulados universitarios que, previa obtención dunha praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutorado a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun/a profesor/a do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora no caso de cumprir os requisitos necesarios para iso. A tese pode desenvolverse en galego, castelán e/ou inglés. Dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou a candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de inglés equivalente ao nivel B2, non só por ser a lingua común de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da tese, senón tamén porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal, así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel de inglés acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na lista de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo:
https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas/acreditacion-ling…
Por outra banda, as esixencias para estudantes sen competencias lingüísticas en castelán e/ou galego serán acordadas co titor/director que avale a tese.
Para os alumnos/as admitidos no Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética realizaranse plans de orientación individuais a cargo do titor/director da Tese que lles fora asignado pola CAPD.

O programa de doutoramento poderase extinguir por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo estudantado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o estudantado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A universidade adoptará as medidas necesarias para garanti-los dereitos académicos do estudantado que estea cursando os ditos estudios nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudio, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Participación en cursos de verán

  • E1051A01

Participación en congresos

  • E1051A02

Publicación de artigos de investigación

  • E1051A03

Participación en seminarios formativos e/ou empresariais

  • E1051A04

Estancia en centros de investigación

  • E1051A06

Actividades transversais ofertadas pola EDIUS ou PFID da USC

  • E1051A07

Actividades transversais ofertadas pola EDIUS ou PFID da USC

  • E1051A08

De ser o caso, os programas, a través da súa memoria, determinarán os complementos de formación, que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no Programa:

· No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa.

· No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e/ou grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento.

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles/as con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.

Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, da cuarta edición do Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible (MERYCSE) e un traballo de investigación tutelado (3 ECTS) onde os contidos sobre os que versarán as memorias centraranse sobre algún aspecto relacionado coas liñas de investigación asignadas ao programa de doutoramento.

As materias en cuestión son:

· Fundamentos de enerxética e equipos de transferencia de enerxía (4,5 ECTS).

· Eficiencia enerxética e construción sostible (3 ECTS).

· Economía e Enerxía (3 ECTS).

· Xestión de Proxectos de Enerxías Renovables (3 ECTS).

Os resultados de aprendizaxe desta materia son diversos e moi dependentes da temática elixida polo alumno. É de resaltar que o alumno que supere exitosamente a materia adquirirá as competencias transversais, xerais e específicas do seu ámbito temático, ademais de competencias en metodoloxía investigadora que lle serán de gran axuda para o desenvolvemento da futura tese doutoral. A materia entenderase superada mediante a defensa pública do traballo de investigación tutelado #ante a Comisión de Valoración que para ese efecto nomee a CAPD. Este compromiso incorporaríase ao Documento de Actividades do doutorando, documento que tampouco se abrirá ata a superación dos referidos complementos.

O alumno dispoñerá dun prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos para superalos e en caso contrario, causará baixa no programa de doutoramento.

Profesores Área
Roque Rodríguez Soalleiro
Produción Vexetal
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Electrónica
Luis Miguel Varela Cabo
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Josefa Salgado Carballo
Física Aplicada
Maria Villanueva Lopez
Física Aplicada
Alvaro Gil Gonzalez
Edafoloxía e Química Agrícola
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Ivan Lopez Moreira
Enxeñaría Hidráulica
Rodrigo Carballo Sanchez
Enxeñaría Hidráulica
Natalia Seoane Iglesias
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Vicente Pérez Muñuzuri
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Souto Gonzalez
Enxeñaría Química
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Electrónica
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Nieves Barros Pena
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Xoán Ramón Doldán García
Economía Aplicada
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Otilia Reyes Ferreira
Ecoloxía
Pastora Maria Bello Bugallo
Enxeñaría Química
Alvaro Gil Gonzalez
Edafoloxía e Química Agrícola
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Ivan Lopez Moreira
Enxeñaría Hidráulica
Rodrigo Carballo Sanchez
Enxeñaría Hidráulica
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Luis Miguel Varela Cabo
Física da Materia Condensada
Jose Antonio Rodriguez Añon
Física Aplicada
Nieves Barros Pena
Física Aplicada
Jorge Proupin Castiñeiras
Física Aplicada
Noelia Maria Romero Castro
Economía Financeira e Contabilidade
Francisco Jose Fraga Lopez
Física Aplicada
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Física Aplicada
Otilia Reyes Ferreira
Ecoloxía
Maria Villanueva Lopez
Física Aplicada
Gonzalo Miguez Macho
Física da Materia Condensada
Jose Gregorio Iglesias Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional

A enerxía é o piar fundamental para a organización da sociedade do benestar tal e como a coñecemos, é o elemento crave para o transporte, para manter o confort adecuado nos nosos fogares no inverno ou no verán, ou para o funcionamento da industria, desde as explotacións agrícolas ás oficinas da administración. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos dos que actualmente facemos uso abusivo son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é en xeral a principal fonte de contaminación que está a actuar de forma decisiva no proceso do cambio climático, principal problema a escala planetaria que compromete de forma particular a supervivencia da especie humana, e de forma máis xeral a vida no planeta. A sustentabilidade do medio ambiente e a necesidade de asegurar a seguridade da subministración enerxética, esixen a eliminación dos combustibles fósiles da cadea produtiva, a procura de vectores enerxéticos máis adecuados e eficientes, e desenvolver alternativas que nos permitan a transición cara a un futuro digno e xusto para as xeracións vindeiras sen comprometer a súa supervivencia.

Este programa de doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce Departamentos da USC sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de Departamentos, Institucións ou Empresas que estean implicadas no campo das enerxías renovables e a transición sostible na nosa Comunidade Autónoma, e por extensión a todo o territorio nacional.

Os obxectivos xerais deste programa de doutoramento consisten en formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados deste PD serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico no campo do I+D+i. Simultaneamente, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, as distintas enerxías renovables, e entender de forma global e transversal o proceso de transición sostible que estamos a comezar a desenvolver como sociedade.

O programa de doutoramento será pois clave para formar investigadores altamente especializados que cubran os principais aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade para exercer o seu labor investigador no campo da eficiencia enerxética, a transición sostible e as distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a transición xusta, a sustentabilidade, a economía circular, a enerxía solar, a biomasa, a agroenergía, a enerxía eólica ou a maremotriz, entre outras. Estaríase a expor un proxecto formativo global que incluiría desde o deseño técnico de instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, se non hai máis remedio, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguimento.

É de destacar que na actualidade temos incorporado ao noso programa de doutorado profesorado da University College Cork (UK) e colaboradores/as tanto de filiais estranxeiras de diferentes compañías multinacionais (Gamesa, ENEL, Siemens etc.) como de compañías nacionais como Naturgy ou Capital Energy. De forma paralela estamos a tratar de aumentar o número de docentes da USC para mellorar a calidade das liñas de investigación que propoñemos e afrontar a evolución das mesmas nun contexto social, económico e ambiental cambiante para axustarnos ás demandas dos nosos/as doutorandos/as. Así mesmo, trataremos de adherirnos a convenios de colaboración con institucións docentes e/o investigadoras de ámbito internacional.

Os obxectivos do Programa de Doutoramento son: formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito da enerxía, as enerxías renovables e a sustentabilidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda solucións máis eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores egresados do PDERSE serán profesionais que poderán desempeñar labores no campo da I+D+i, no ámbito enerxético; tamén é obxectivo do programa preparar investigadores especialistas en eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer a súa labor investigadora e contribuír aos principais retos no ámbito da enerxía, as tecnoloxías para as enerxías renovables e a sustentabilidade para fornecer á sociedade unha enerxía máis limpa mediante a investigación tecnolóxica e a innovación que cubra todo o sistema enerxético (subministración enerxética e transformación, usos da enerxía e xestión da demanda enerxética).
O PDERSE xurdiu cun espírito profundamente interdisciplinar e transversal, para poder contribuír a todos os ámbitos do sistema enerxético. Desde a súa orixe caracterizouse pola colaboración entre numerosas disciplinas: entre os 22 PDI do programa están representados 16 grupos de investigación, 13 áreas de coñecemento e 10 departamentos xunto con 3 institutos de investigación, que evidencian a multidisciplinariedade do Programa.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo. (Substitúese “campo” por “ámbito” a partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)
• Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substantivo de investigación ou creación.
• Capacidade para contribuír á expansión das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme ao artigo 12 da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como forma de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo polo doutorando ou a doutoranda relacionadas con diferentes dimensións da Ciencia Aberta e da Ciencia Cidadá, así como a capacitación adquirida en ambas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, de 4 de xullo)

  • Terá capacidade de innovación nos recursos enerxéticos, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables
  • Deseño e implementación da xestión eficiente de novas técnicas de produción, transporte e acumulación de enerxía
  • Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía solar e os sistemas de acumulación
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía distribuída e as aplicacións enerxéticas sostibles
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo das enerxías undimotriz, maremotriz e eólica offshore
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nos procedementos de avaliación e dimensionado de sistemas enerxéticos así como os seus tempos de retorno
  • Terá capacidade de análise e innovación nos factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da caracterización e a valorización de biocombustibles e biolubricantes biomásicos
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socieconómicas aplicables no campo da xestión enerxética sostible de sistemas agroforestais
  • Coñecer a fronteira do coñecemento e ser quen de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socieconómicas aplicables no campo da modelización e o estudo da dinámica de sistemas xeofísicos (atmosfera, océano, chan-vexetación e augas subterráneas e superficiais).

• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas aportacións nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo das enerxías undimotriz, mareomotriz e eólica offshore.
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas aportacións nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da modelización e o estudo da dinámica de sistemas xeofísicos (atmósfera, océano, solo-vegetación e augas subterráneas e superficiais).
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas aportacións nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da xestión enerxética sostible de sistemas agroforestais.
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas aportacións nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da caracterización e valorización de biocombustibles e biolubrificantes biomásicos.
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía distribuída e das aplicacións enerxéticas sostibles.
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no campo da enerxía solar e os sistemas de acumulación.
• Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais.
• Deseño e implementación da xestión eficiente de novas técnicas de produción, transporte e acumulación de enerxía.
• Terá capacidade de innovación nos recursos enerxéticos, fomentando o desenvolvemento e o uso de enerxías renovables.
• Terá capacidade de análise e innovación nos factores sociais, xurídicos e económicos que intervén na implantación das enerxías renovables.
• Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nos procedementos de avaliación e dimensionamento de sistemas enerxéticos, así como os seus tempos de retorno.

Os obxectivos do Programa de Doutoramento: formar profesionais especialistas altamente cualificados no ámbito da enerxía, as enerxías renovables e a continuidade, para cubrir as necesidades dunha sociedade que cada vez demanda máis solucións eficaces e racionais neste ámbito. Os doutores que se gradúen do PDERSE serán profesionais que poderán desenvolver tarefas no campo da I+D+i, no ámbito enerxético; tamén é obxectivo do programa preparar investigadores especialistas en eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade que poidan exercer a súa labor investigadora e contribuír aos principais retos no ámbito da enerxía, as tecnoloxías para as enerxías renovables e a sustentabilidade para subministrar á sociedade unha enerxía máis limpa mediante a investigación tecnolóxica e a innovación que cubra todo o sistema enerxético (subministración enerxética e transformación, usos da enerxía, e xestión da demanda enerxética).
O PDERSE xurdiu cun espírito profundamente interdisciplinario e transversal, para poder contribuír a todos os ámbitos do sistema enerxético.

Desde a súa orixe caracterizouse pola colaboración entre numerosas disciplinas: entre os 22 PDI do programa están representados 16 grupos de investigación, 13 áreas de coñecemento e 10 departamentos xunto con 3 institutos de investigación, que evidencian a multidisciplinariedade do Programa. As liñas de investigación están deseñadas e adaptadas a esta transición enerxética.

Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Área de Infraestruturas de Investigación, é a estrutura organizativa, dependente da Vicerreitoría de Política Científica, que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación na USC. O obxectivo funcional da Área é dotar de maior unicidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación da USC.
https://www.usc.gal/gl/RIAIDT
As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible desenvolver unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e a xestión non poden alcanzar os compromisos de calidade sen unha utilización eficiente e intensiva das TIC. O Plan Estratéxico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na USC (PETIC III) sinala as directrices de desenvolvemento da área TIC da USC.
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/area-tecnoloxias-informacion-c…
A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Ao mesmo tempo, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, está a impulsarse a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
Outros recursos:

• Centro de Formación de Persoal
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/centro-formacion-persoal
• Área Infraestruturas
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/infraestruturas
• Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-medios-audiovisuais-se…
• Servizo de Prevención de Riscos
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-prevencion-riscos

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Pastora Maria Bello Bugallo

Secretario/a
Noelia Maria Romero Castro

Vogais
Gonzalo Miguez Macho
Maria Villanueva Lopez
Jorge Proupin Castiñeiras
Antonio Jesus Garcia Loureiro
Jose Antonio Rodriguez Añon

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

Abandono

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

39,13

39,13

35,71

42,86

23,53

0,0

Duración media

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

-

2,9589

4,9295

-

3,2712

3,6323

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

5,2767

-

5,3918

-

-

5,4411

Satisfacción

ID-47
Grao de satisfacción do Estudantado de 1º Ano co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento do estudantado de primeiro ano

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

3,75

ID-49
Grao de satisfacción dos/as Titores/as e Directores/as co programa

Valoración da satisfacción co programa de doutoramento dos/as titores/as e directores/as

Info da escala: Número decimal

-

-

-

-

-

4,0

Teses

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

3,0

1,0

5,0

0,0

3,0

6,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

-

100,0

83,33

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

-

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

-

0,0

16,67

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

2,0

1,0

0,0

0,0

0,0

3,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

5,0

0,0

3,0

3,0

Prórrogas

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

-

66,67

66,67

ID-41
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a primeira prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese cu prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

33,33

ID-42
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese despois de pedir a segunda prórroga

Relación porcentual entre o número de estudantes que defenden a tese con dúas prórrogas e o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

-

-

33,33

Mencións

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

100,0

80,0

-

100,0

66,67

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

0,0

0,0

-

100,0

50,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

53,33

100,0

106,67

120,0

73,33

80,0

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

5,0

8,0

7,0

6,0

5,0

4,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

24,0

25,0

23,0

20,0

20,0

18,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

50,0

14,29

50,0

40,0

25,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

12,5

0,0

16,67

20,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

12,5

0,0

16,67

20,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,17

48,00

56,52

60,00

60,00

66,67

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,17

4,0

4,35

0,0

5,0

5,56

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

-

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

62,5

68,0

69,57

75,0

85,0

83,33

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados. Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

8,33

12,0

0,0

5,0

0,0

0,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,17

20,0

30,43

20,0

15,0

16,67

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

6,67

0,0

0,0

6,67

17,65

6,67

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,33

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,38

13,33

14,29

25,0

23,08

18,18

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

2023-2024

2024-2025

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

0,6667

0,0

0,8

-

0,0

0,6667

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

64,0

64,0

66,0

79,0

81,0

82,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,5556

3,5556

3,6667

3,7619

3,8571

3,7273

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

94,44

100,0

100,0

100,0

95,45

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,89

83,33

94,44

95,24

95,24

86,36

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,55

0,0

0,0

0,0

0,0

7,69

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,11

0,0

6,67

17,02

33,33

16,67

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.