1. Dominar as bases teóricas, enfoques e recursos elementais de análises do ámbito da Lingüística xeral imprescindibles para (a) abordar o estudo da linguaxe e das linguas; (b) analizar e contrastar a organización fónica, gramatical, léxico-semántica e pragmática en diferentes tipos de linguas.
2. Dominar as bases teóricas, métodos e conceptos do ámbito da Teoría da Literatura e Literatura Comparada, necesarios para fundamentar a análise crítica de textos literarios nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
3. Adquirir (a) competencias instrumental (nivel C1/C2) dunha das seguintes linguas: italiano, portugués, alemán ou francés; (b) dominio teórico avanzado dos compoñentes fónico, morfosintáctico, semántico, léxico e textual da(s) lingua(s) estudada(s); e (c) dominio avanzado das súas literaturas (períodos, correntes, escolas, autores e obras).
4. Posuír coñecementos básicos / medios na gramática, literatura e cultura dunha segunda lingua, ou en Filoloxía Románica.
5. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
6. Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
7. Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos lingüísticos e literarios.
8. Dominar os diversos enfoques e métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
9. Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura alemá, francesa, italiana ou portuguesa, ou da literatura románica no seu conxunto.
10. Mellorar o coñecemento dunha das seguintes linguas: alemán, francés, italiano ou portugués mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos literarios.
11. Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
12. Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos da gramática da lingua alemá, francesa, italiana ou portuguesa ou da lingüística románica tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
13. Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura alemá, francesa, italiana ou portuguesa, ou da literatura románica en xeral.
14. Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discorrer histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario da(s) lingua(s) estudada(s).
15. Capacidade para elaborar ensaios críticos sobre textos literarios e culturais
16. Ser capaz de recoñecer as variedades internas da(s) lingua(s) estudada(s) (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
17. Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto socio-cultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
18. Capacidade para relacionar a produción literaria con outras manifestacións artísticas, talles como o cine, o teatro ou os medios de comunicación a través das adaptacións de obras literarias a estes xéneros (ou viceversa).
19. Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo lingüístico e literario: consulta en rede de dicionarios en formato electrónico, bases de datos, etc.
20. Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o estudo da lingua alemá, francesa, italiana ou portuguesa, ou da lingüística románica, e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias das súas correspondentes literaturas.
21. Desenvolver a competencia comunicativa de forma oral e escrita, tanto produtiva como receptivamente, da(s) lingua(s) estudada(s).
22. Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.