Obxectivos da materia
O programa da materia pretende ofrecerlle ao estudanet unha visión xeral do Markéting de forma que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os estudantes que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing.
- Contido do plan de marketing
- Coñecemento do mercado e da competencia
- Identificación e avaliación dos segmentos e do comportamento de compra.
Contido
TEMA 1: A FUNCION DO MARKETING NA EMPRESA
TEMA 2: A PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA DO MARKETING
TEMA 3: ANALISE DO MERCADO E DA COMPETENCIA
TEMA 4: COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR OFFLINE E ONLINE
TEMA 5: SEGMENTACIÓN DE MERCADOS
TEMA 6: DIFERENCIACIÓN E POSICIONAMENTO
Bibliografía básica e complementaria
Básica:
- Kotler, P.; Armstrong, G. Amador, M.L.; Pineda, L.E (2017). Fundamentos de marketing, 13e, Pearson (e-book)
- Santesmases Mestre, M.; Merino M.J.; Sánchez, J.: Pintado T. (2018). Fundamentos de marketing, 2ª ed. Pirámide (e-book)
Complementaria:
- Armstrong, G.; Kotler, P. Merino, M.J.; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011). Introducción al marketing, 3ª ed. Pearson.
- González, E. Alén, L. (Cood.) (2005). Casos de dirección de marketing, Ed. Pearson.
- Jobber, D.; Fahy, J. (2007). Fundamentos de marketing. Mc Graw Hill.
- Kerin R.A. (2018). Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill (e-book)
- Kotler, P.; Setiwan, I.; Kartajaya, H.; Palma, F. (2019). Marketing 4.0 Ed. LID
- Munuera, J.L.; Rodríguez A.I. (2012). Estrategias de marketing: un enfoque basado en el proceso de dirección". Ed. ESIC.
- Paz, I. (2022). Marketing estratégico o estrategias de marketing. Ed. Delta
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico. Ed. Piramide
- Santesmases, M. (2012). “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide. (e-book)
- Solomon, M.; Pineda L. (2017). “Comportamiento del Consumidor” 11e. Ed. Pearson.
- Villanueva J.; Del Toro, J.M. (2020). Marketing estratégico. Ed. IESE
Competencias
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
C12. Comprender a natureza, a contorna das relacións de intercambio, a estratexia e a operativa de márketing da empresa.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD3. Traballar en equipo, colaborando de maneira sinérgica.
CP4. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e/o da súa contorna para tomar decisións no ámbito empresarial.
Metodoloxía da ensinanza
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao estudante nos contidos dos temas que conforman o programa. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. O profesor porá a disposición do estudantado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. Nestas clases presenciales intentarase que o estudante aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos así como outras cuestións expostas polo profesorado, cobrando especial importancia as actividades en grupo. Tamén poderase propór a realización de traballos para ser expostos en clase.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciais, podendo realizar algunas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
Sistema de avaliación
ESTUDANTADO SEN DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nos ensinos de grao e máster.
1)Proba final sobre contidos: 60% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2)Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 40% da cualificación. Tamén se poderán programar probas parciais de contidos. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do estudantado.
Para sumar a proba final de contidos coa puntuación das sesións interactivas será condición necesaria que o alumno alcance unha nota mínima de 3 puntos sobre os 6 na proba final de contidos. Na calificación final a suma de ambas puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia. Cando o estudante non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) se manterá para a convocatoria de xullo. Os estudantes que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
Evaliación dos resultados de aprendizaje:
Evaluación continua:C12, HD2, HD3 y CP4
Examen: C12, HD2 y CP4
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
Os estudantes aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase regulada polo regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grado e máster serán avaliados mediante unha proba final presencial que suporá o 100% da nota a obter polo estudante. Os estudantes nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudantado será distinta de non presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
Tempo de estudo e traballo persoal
As clases teóricas complementaranse coa consulta dos libros de texto recomendados polo profesor, así como coa preparación de traballos propostos polo profesor e que serán expostos polo estudante. As clases prácticas enfócanse desde a participación e a discusión, polo que a disposición do estudante neste sentido é de gran relevancia nesta materia.
O tempo recomendado para a superación da materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 60.
- Horas de traballo autónomo (estudo autónomo e preparación das actividades): 90.
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudo da materia durante o curso, así como das distintas probas de avaliación, implican un total de 150 horas de dedicación por parte do/a alumno/a.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase que os estudantes traballen sobre a materia ao longo de todo o cuadrimestre e que leven ao día os conceptos teóricos. Deste xeito poderán aplicar con proveito estes coñecementos aos casos prácticos, comentarios de textos e exercicios que se irán propondo e resolvendo paralelamente.
Observacións