Este máster pretende que o estudantado complete a súa formación en distintos temas matemáticos, a través de materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, obtendo unha visión global e proporcionándolle unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.
Máster Universitario en Matemáticas (virtual)
Duración:
1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 20
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data de publicación no BOE:
01/01/1900
Duración:
1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 20
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data de publicación no BOE:
01/01/1900
• Obrigatorias: 27
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 0
• Traballo fin de máster: 18
Total ECTS: 60
O Máster está constituído por 60 créditos ETCS cuxa ensino se divide en dous cuadrimestres. As distintas materias pertencen a unha de catro áreas: Álxebra, Análise Matemática, Xeometría e Topoloxía, e Astronomía, sendo esta última a de menor carga docente, con 6 créditos ETCS (dúas materias optativas) asignados. As outras tres teñen igual peso entre si, contando cada unha con 9 créditos obrigatorios e 9 optativos.
O primeiro cuadrimestre divídese en dous partes, a primeira na que se imparten as materias de fundamentos en Álxebra, Análise Matemática e Xeometría e Topoloxía e a segunda, onde se imparten o resto das materias obrigatorias e unha materia optativa de cada área. No segundo cuadrimestre impártense o resto das materias optativas e insérese o Traballo de Fin de Máster, que conta con 18 créditos ETCS.
As clases impartiranse en castelán ou en galego e haberá dúas modalidades de ensino: presencial e virtual.
Optatividad exterior:
Dentro dos 21 créditos optativos que se deben superar para a obtención do Máster en Matemáticas, os estudantes poderán matricularse de ata 12 créditos noutras titulacións, previo informe favorable da Comisión de Título.
Traballo de Fin de Máster:
Cada proposta de Traballo de Fin de Máster podería incluír indicacións sobre materias optativas relacionadas que sería aconsellable cursar por parte do estudante. O Traballo de Fin de Máster poderá ser presentado, con carácter xeral, no segundo cuadrimestre, e de forma excepcional no primeiro por estudantes matriculados a tempo parcial, con matrícula de continuación de estudos, ou con materias validadas.
Prácticas:
Poderanse ofrecer prácticas curriculares externas de 6 créditos ECTS nos departamentos das áreas involucradas no Máster, así como en centros e grupos de investigación de investigación ou empresas coas que se chegou a un acordo. Por exemplo, ofertaranse prácticas no CITMAga a través do convenio de colaboración de prácticas en vigor asinado con esta entidade.
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.
O Máster está pensado para titulados da rama de ciencias, en particular, titulados en Matemáticas e titulados superiores en disciplinas científicas e tecnolóxicas con alto contido matemático.
Recomendacións:
A formación previa recomendada inclúe coñecementos (a nivel de grao) en: cálculo e análise matemático nunha e varias variables, álxebra lineal e multilineal, estruturas algebraicas, topoloxía xeral, xeometría de curvas e superficies, e ecuacións diferenciais. Ademais, para cursar as materias de astronomía é recomendable ter coñecementos (a nivel de grao) de astrometría. Recoméndase así mesmo alcanzar a capacidade de asimilar conceptos, resultados e demostracións matemáticas asociados aos coñecementos citados, capacidade de formulación de estratexias para a resolución de problemas matemáticos, capacidade de razoamento lóxico, e de comunicación de argumentacións matemáticas. No que respecta ás linguas, non se esixe un nivel mínimo acreditado oficialmente, pero recoméndase un nivel intermedio de comprensión oral e escrita en español, galego ou portugués, así como en inglés.
• Obrigatorias: 27
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 0
• Traballo fin de máster: 18
Total ECTS: 60
O sistema de apoio e orientación aos estudantes baséase na tutoría individualizada e nun sistema de orientación do conxunto de profesores. O sistema de orientación conxunta utilizará dúas estratexias:
a) Reunións periódicas para a análise do progreso académico, das necesidades e das liñas de mellora e da proxección nos ámbitos profesionais. Esta estratexia contempla unha reunión avanzada no curso para a asignación de titores do proxecto final de Máster, que inclúe a deliberación conxunta sobre o ámbito no que se centrará cada proxecto. Unha vez asignado o titor, o asesoramento e o seguimento do proxecto serán individualizados.
b) Un espazo en rede virtual que utiliza unha plataforma colaborativa na que se pode xestionar documentación, grupos de traballo, organizar debates e, a través de foros, realizar unha reflexión sobre o proceso formativo que consolide a aprendizaxe.
Establécese como requisito específico de acceso contar con algún dos seguintes títulos: Título de Licenciatura ou Grao en Matemáticas, Estatística, Física, Enxeñerías ou equivalentes.
Títulos dos cales o solicitante poida acreditar (a través dun certificado de docencia, programas das materias ou calquera outra documentación que lle poida ser requirida) que achegan os coñecementos básicos en Matemáticas necesarios para poder cursar con éxito as materias do Máster.
A Comisión de Título avaliará as solicitudes de matrícula atendendo ao seguinte baremo:
1. Titulación de acceso (70% - ata 7 puntos):
• Titulacións con contidos equivalentes a un grao en Matemáticas: entre 6 e 7 puntos.
• Outros títulos universitarios con contido matemático amplo (por exemplo, Estatística ou Física): entre 5 e 6 puntos.
• Títulos de grao con contido matemático básico (por exemplo, Enxeñerías ou Arquitectura): entre 3 e 4 puntos.
• Outras titulacións que cumpran os requisitos específicos de acceso: entre 0 e 3 puntos.
2. Expediente académico do estudante (20% - ata 2 puntos).
3. Outros méritos acreditados de relevancia para o máster (por exemplo, outras titulacións) (10% - ata 1 punto).
A Comisión de Título poderá modificar este baremo cada ano para avaliar a admisión dos estudantes. Tamén poderá requirir aos solicitantes que considere cursar ata 12 créditos de complementos de formación do Grao en Matemáticas da USC.
• Proporcionar unha formación especializada e avanzada en Matemáticas, que capacite para a incorporación a grupos de investigación competitivos e contribúa a mellorar a preparación dos docentes, tanto para ensino secundario como superior.
• Introducir á investigación aos e as estudantes, como parte integrante dunha formación profunda, preparándoos para a eventual realización posterior dunha tese doutoral.
• Formar profesionais capaces de resolver problemas de moi diversa índole no mundo da industria, da empresa e da administración utilizando a linguaxe e as ferramentas que proporciona a matemática. Proporcionar unha formación que lles permita o acceso a postos de traballo altamente cualificados e a incorporación a equipos multidisciplinares, especialmente os que requiran un alto nivel de destreza en formulación e resolución de problemas, capacidade de análise, síntese e pensamento abstracto.
Comp01 - Capacidade para a análise, formulación e resolución de problemas en situacións complexas diversas que demanden habilidades matemáticas.
Comp02 - Capacidade para a toma de decisións óptimas, a partir de datos previos e consideracións abstractas, para organizar e planificar procedementos.
Comp03 - Capacidade de aprendizaxe autónoma de coñecementos complexos encamiñados á realización de tarefas de base Lóxica en contornas laborais diversas.
Comp04 - Capacidade para comunicar clara e concisamente información complexa de diversa índole, especialmente de base lóxica, científica ou técnica.
Comp05 - Capacidade para integrarse en equipos de traballo interdisciplinares achegando sentido crítico e razoamento lóxico.
H-D01 - Identificar a mellor estratexia para resolver problemas matemáticos avanzados.
H-D02 - Comunicar clara e concisamente información matemática complexa de carácter avanzado.
H-D03 - Comprender conceptos, resultados e demostracións de matemática avanzada.
H-D04 - Manexar con soltura e sentido crítico información bibliográfica e recursos informáticos relacionados coas matemáticas.
Con01 Conceptos e resultados de Álxebra.
Con02 Conceptos e resultados de Análise Matemática.
Con03 Conceptos e resultados de Astronomía.
Con04 Conceptos e resultados de Xeometría.
Con05 Conceptos e resultados de Topoloxía.
Mobilidade
Procedementos para a organización da mobilidade dos estudantes propios e de acollida Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por:
- Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes da USC (dispoñible en: https://www.usc.gal/es/normativa/Alumnado/index.html).
Prácticas
Poderanse ofrecer prácticas curriculares externas de 6 créditos ECTS nos departamentos das áreas involucradas no Máster, así como en centros e grupos de investigación ou empresas coas que se chegou a un acordo. Por exemplo, ofertaranse prácticas no CITMAga a través do convenio de colaboración de prácticas en vigor asinado con esta entidade.
O TFM realizarase no marco dunha liña de investigación en relación coas materias do título. O TFM ten como obxectivo desenvolver un traballo de investigación, revisión bibliográfica ou un proxecto de intervención a través da integración dos coñecementos e habilidades adquiridos durante o Máster e debe ser un traballo orixinal e inédito.