- Código
- FD0432
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 27,27€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Monica Perez Rios
Julia Rey Brandariz - Contacto
monica.perez.rios [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Medicina e Odontoloxía
MONICA PEREZ RIOS
881812277
monica.perez.rios [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 16/04/2026 - 15/05/2026
Preinscrición: 20/01/2026 - 22/03/2026
Matrícula: 23/03/2026 - 06/04/2026
Número alumnos/as mínimo: 49
Número alumnos/as máximo: 60
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
-
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Ter entre 25 e 64 anos cumpridos na data de inicio do curso. Profesorado ou orientadores de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Profesionais farmacéuticos/as de oficina de farmacia. Técnicos de prevención de riscos laborais ou de servizos médicos de empresas. Persoal de asociacións, ONGs e outras entidades do terceiro sector. Persoal técnico de concellos. En caso de pertencer a outro colectivo non mencionado nestes criterios, realizarase unha entrevista para valorar a súa pertinencia e participación na formación.
A persoa participante será quen de recoñecer situacións nas que recomendar estratexias cara á mellora da saúde.
A persoa participante será quen de recomendar estratexias orientadas á mellora da saúde.
A persoa participante será quen de deseñar estratexias de prevención de prácticas de risco para a saúde.
Avaliación
Participación en foros virtuais (10%)
Resolución caso práctico (10%)
Proba teórica online (80%)
Titorías
1. Enfoque pedagóxico A microcredencial baséase nunha metodoloxía que combina formación virtual asíncrona e síncrona. O enfoque céntrase en: - Aprendizaxe activa, con simulación de situacións reais. - Autonomía do estudante, a través de contidos virtuais. - Transferencia ao ámbito profesional, adaptando os casos prácticos a diferentes perfís laborais (farmacia, ensino, empresas, outros). 2. Estratexias docentes - Clases virtuais asíncronas (vídeos, lecturas guiadas, estudo de casos). - Sesións virtuais sincrónicas para realización de talleres e xeración de debate e resolución de dúbidas. - Estudo autónomo supervisado mediante cuestionario de autoavaliación. 3. Organización temporal (25 h = 1 ECTS) -Teoría virtual: 10 h - Traballo individual baseado na revisión do material proporcionado, resolución dos cuestionarios de avaliación e resolución dun caso práctico: 15 horas 4. Recursos docentes - Plataforma de e-learning (Moodle ou equivalente) con materiais multimedia. - Plataforma Teams - Guías e protocolos actualizados. - Estudos de caso adaptados a contornos profesionais diversos.
- Online: 16 de abril-15 de maio 2026 - 2 sesións síncronas: días e horario a valorar cos participantes - Avaliación: 15 maio 10:00 – 10:30
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Capacitación en Estilos de Vida Saudables. | 1.0 |