- Código
- FD0450
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 8.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 800,00€
- Centro
- Facultade de Farmacia
- Dirección
- María Alejandra Martínez Maquieira
- Contacto
Alejandra.martinez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Farmacia
María Alejandra Martínez Maquieira
Alejandra.martinez [at] usc.es
Facultade de Farmacia
Datas
Duración: 03/03/2026 - 13/03/2026
Preinscrición: 02/02/2026 - 13/02/2026
Matrícula: 16/02/2026 - 23/02/2026
Número alumnos/as mínimo: 12
Número alumnos/as máximo: 24
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O alumno deberá estar en posesión de titulación universitaria de calquera nivel e tipo.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Orde de preinscripción.
• Adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para solicitar a licenza regulamentaria de supervisor imprescindible para traballar en instalacións radioactivas.
• Operar os dispositivos, equipamento e fontes radioactivas dun servizo de Medicina Nuclear garantindo o seu funcionamento en condicións de seguridade.
Avaliación
Proba escrita tipo test realizada polo Consejo de Seguridad Nuclear. A proba constará dunhas 60 preguntas ditribuídas en bloques correspondentes ás áreas básicas e específicas. A superación da proba suporá un mínimo do 75% de acertos.
Titorías
O curso inclúe unha parte presencial, na que as leccións teóricas serán impartidas por titulados universitarios expertos en cada materia, e serán complementadas con seminarios e exercicios. As leccións prácticas serán impartidas por persoas de recoñecida experiencia profesional, e desenvolveranse en instalacións axeitadas á materia a impartir. A parte non presencial impartirase a través da plataforma da Aula Virtual do CESGA. O curso e as materias programaranse segundo o condicionado de homologación do mesmo polo CSN.
08:30-18:00
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Natureza da Radiación. Radioactividade. Interacción da Radiación coa Materia. Magnitudes e Unidades Radiolóxicas. | 0.5 |
| 2 | Protección Radiolóxica Operacional. Funcións e Responsabilidades da Organización e do Persoal. | 0.5 |
| 3 | Detección de Radiacións Ionizantes. Radiobioloxía. Procedementos de Redución de Doses. Protección Radiolóxica. Criterios Xerais. | 0.5 |
| 4 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Área Xeral. | 1.0 |
| 5 | Prácticas Básicas 1. Manexo de Equipos de Detección de Radiación. Dosímetros Persoais. Criterios de Selección de Equipos de Detección. | 0.5 |
| 6 | Prácticas Básicas 2. Comprobación Experimental da Variación da Dose coa Distancia, Tempo e Blindaxe. Identificación de Radionucleidos. Medidas de Actividade. | 0.5 |
| 7 | Aspectos Legais e Normativa Aplicable ás Instalacións Radioactivas. Aspectos Legais e Administrativos Específicos no Campo da Medicina Nuclear (Mn). Aplicación das Radiacións Ionizantes en MN. | 0.5 |
| 8 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Área MN. | 1.0 |
| 9 | Riscos Radiolóxicos Asociados a MN. Deseño dunha Instalación de MN. Procedementos Operativos en MN. | 0.5 |
| 10 | Prácticas Específicas de MN 1. Simulación de Técnicas e Uso de Dispositivos de Protección na Manipulación de Materiais Radioactivos. Comprobación dos Niveis de Contaminación e de Radiación dunha Instalación de MN. | 0.5 |
| 11 | Práctica Específica de MN 2. Tempo Máximo de Permanencia en Instalacións Radioactivas. Actuación en Incidentes con Contaminación Radioactiva. Aplicación Práctica da Xestión de Materiais Residuais con Contido Radioactivo. | 0.5 |
| 12 | Prácticas Específicas de MN 3. Clasificación e Sinalización de Zonas. Preparación da Documentación Básica dunha Instalación Radioactiva. | 0.5 |
| 13 | Seminarios Específicos Nivel Supervisor. Preparación do Exame. | 1.0 |