- Código
- FD0442
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.2
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 31,02€
- Centro
- Facultade de Veterinaria
- Dirección
-
María Isabel Quiroga Berdeal
Xoel Souto Guitián - Contacto
misabel.quiroga [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
María Isabel Quiroga Berdeal
misabel.quiroga [at] usc.es
Facultade de Veterinaria
Datas
Duración: 14/05/2026 - 15/05/2026
Preinscrición: 15/03/2026 - 10/04/2026
Matrícula: 20/04/2026 - 04/05/2026
Número alumnos/as mínimo: 30
Número alumnos/as máximo: 30
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Sen requisitos de acceso
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Por orde de inscrición de persoas de entre 25 e 64 anos, cumpridos á data de celebración do curso.
O estudante será capaz de aplicar coñecementos veterinarios especializados para a
identificación e interpretación de lesións de interese en gando vacún observables tanto na explotación como no matadoiro, así como de comunicar de forma rigorosa e estruturada os seus achados.
O estudante será capaz de recoñecer e interpretar signos de enfermidade en gando vacún e de relacionar os achados macroscópicos observados coa base das ciencias clínicas veterinarias, no contexto do diagnóstico, da inspección veterinaria en matadoiro e da sanidade animal.
Avaliación
Realizar unha breve descrición:
A avaliación será continua ao longo do curso e baseada na participación e implicación dos asistentes durante as clases.
• Participación activa: valorarase a implicación nas explicacións, preguntas e discusións en clase.
• Exercicios prácticos: pequenos casos ou exemplos comentados durante as sesións.
• Feedback do docente: corrección e orientacións en tempo real para consolidar os coñecementos.
Este sistema permitirá seguir o progreso de cada participante e asegurar que adquiriu os conceptos e competencias previstos no curso.
Titorías
O curso terá un enfoque práctico. As sesións incluirán abundante iconografía, con imaxes reais que permitirán reforzar o recoñecemento e interpretación das lesións. Ademais, traballarase con numerosos casos prácticos detallados, deseñados para trasladar a teoría a situacións clínicas e de inspección reais, favorecendo a toma de decisións fundamentadas e a unificación de criterios diagnósticos entre profesionais.
Día 14 de maio: 9:00-14:30 e 15:30 a 17:30. Día 15 de maio: 9:00 a 14:30.
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Lesións de Interese en Gando Vacún: do Diagnóstico na Explotación ao Achado no Matadoiro. | 1.2 |