- Código
- FD0459
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 2.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 61,59€
- Centro
- Facultade de Ciencias [L]
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodríguez Boente
Mónica Yáñez Devesa - Contacto
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
VANESSA VIDAL FREIRE
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Facultade de Ciencias [L]
Datas
Duración: 11/05/2026 - 15/05/2026
Preinscrición: 16/03/2026 - 24/03/2026
Matrícula: 25/03/2026 - 17/04/2026
Número alumnos/as mínimo: 16
Número alumnos/as máximo: 20
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Persoas entre 25 e 64 anos cumpridos na data de comezo do curso.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A selección farase por orde de inscrición e terán prioridade as persoas usuarias dos servizos Cáritas Lugo.
O/a estudante debe adquirir os coñecementos necesarios que lle permitan utilizar medios e instrumentos dixitais.
O/a estudante debe adquirir a capacidade necesaria para realizar búsquedas en internet, utilizar distintos tipos de software e crear contenido dixital.
Avaliación
A avaliación do proxecto estrutúrase en dúas dimensións complementarias: a avaliación continua e a avaliación teórica. O obxectivo é garantir unha valoración integral do proceso de aprendizaxe, tendo en conta tanto o desenvolvemento práctico como a adquisición de coñecementos conceptuais.
Avaliación continua (70%)
A avaliación continua constitúe o eixo principal do proceso, representando o 70% da cualificación final. Para a súa realización empregaranse os seguintes criterios:
• Observación sistemática das tarefas prácticas, valorando a correcta execución das actividades, a autonomía no traballo e a capacidade de resolución de problemas.
• Realización de exercicios, que permitirán comprobar o
grao de asimilación dos contidos e a aplicación práctica dos
mesmos.
• Participación activa en dinámicas, fomentando a implicación, a colaboración e a contribución ao traballo en grupo.
Avaliación teórica (30%)
A parte teórica supón o 30% da cualificación final e céntrase na comprobación dos coñecementos adquiridos:
• Proba escrita tipo test, destinada a verificar a comprensión dos contidos teóricos e a capacidade de análise.
Instrumentos de avaliación.
Para levar a cabo este proceso utilizaranse os seguintes instrumentos:
• Informe docente, no que se recollerán as observacións derivadas da avaliación continua, así como o seguimento individualizado do alumnado.
• Proba escrita, que servirá como evidencia obxectiva da adquisición dos coñecementos teóricos.
Titorías
A metodoloxía didáctica aplicarase mediante un enfoque activo, participativo, inclusivo e orientado á empregabilidade, favorecendo a aprendizaxe por competencias a través da integración de habilidades dixitais, sociais, de comunicación, transversais e técnicas, así como do desenvolvemento de destrezas prácticas directamente transferibles ao posto de traballo. Promoverase unha aprendizaxe significativa e experiencial mediante simulacións, role-playing, estudo de casos, microproxectos e demostracións guiadas polo persoal docente, garantindo ao mesmo tempo unha metodoloxía inclusiva adaptada a diferentes ritmos e niveis, con especial atención ao apoderamento feminino, á autoconfianza e á toma de decisións, empregando linguaxe accesible e materiais visuais. O traballo colaborativo en pequenos grupos e as actividades cooperativas estimularán o apoio mutuo, mentres que o enfoque integral de empregabilidade potenciará competencias clave como a comunicación, a planificación, a resolución de problemas e o traballo en equipo, preparando as alumnas para tarefas reais e reforzando a súa autonomía persoal. As sesións desenvolveranse prioritariamente de forma presencial, combinando clases teóricas con actividades prácticas e participativas, enriquecidas con recursos audiovisuais, nun marco comunitario e colaborativo que fomente o intercambio e a cooperación, partindo sempre dos coñecementos previos e das características individuais das participantes.
9:30-13:30
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Competencias Dixitais. | 2.0 |