Ir o contido principal
STG

Último lote formativo do Catálogo de EUniWell para o curso 2025/2026

Imaxe promocional informando do peche de inscrición o 15 de marzo.
Último lote de cursos de EUniWell do segundo semestre.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 15 de marzo

Por formar parte da comunidade da Universidade de Santiago de Compostela podes matricularte de balde nunha ampla oferta de cursos que ofrece a Alianza EUniWell. Trátase dun conxunto de oportunidades formativas sobre temáticas diversas e actuais, como a migración a través do Mediterráneo, a democracia global e a paz, a psicoloxía da negociación, a innovación, a análise de datos de investigación, o futuro do benestar ou, entre outras, a psicoloxía do soño, o estrés e o rendemento humano. A maior parte dos cursos impártense en liña, aínda que tamén hai opcións híbridas e presenciais.

O Catálogo de Cursos de EUniWell inclúe, ademais, cursos con compoñente de mobilidade física de curta duración. Nestes casos, as persoas interesadas deberán consultar previamente a páxina web de Mobilidade EUniWell para comprobar se a USC ofrece financiamento e en que condicións.

Non perdas esta oportunidade de ampliar competencias e acceder a formación internacional de alta calidade! Inscríbete antes do 15 de marzo.

Nota informativa: os créditos obtidos poderán recoñecerse en grao ata un máximo de 12 ECTS por ciclo de estudos. No caso de máster, o recoñecemento é moi limitado e, na maioría dos casos, non é posible. En doutoramento, determinadas actividades formativas e a participación en congresos poden incorporarse ao Rexistro de Actividades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2026.