A creación do iLTIUS busca impulsar as distinguidas carreiras profesionais de membros do persoal docente e investigador que expresaron o seu interese en incorporarse ao Instituto. Estes profesionais constitúen un grupo de especialistas en investigación básica e aplicada en lingua e literatura, con experiencia probada no estudo de diferentes linguas e tradicións literarias e culturais, tanto antigas como modernas, e na transferencia de coñecemento á sociedade. Posúen a capacidade de crear un ambiente dinámico e flexible, así como unha excelente disposición e aptitude para conectar con outras disciplinas e centros de investigación.
O Instituto
Contacto
Contacto
Novas relacionadas
O nomeamento de María José Alonso Veloso como directora consolida o iLTIUS da USC
Desde a súa creación, en marzo de 2025, o Instituto da USC funcionou cunha dirección comisaria, encargada da posta en marcha dos seus órganos de goberno
Ler máis
Abordan nunha monografía por vez primeira a peregrinación do rei D. Manuel I de Portugal a Compostela en 1502
A viaxe, obxecto dunha investigación da profesora da USC Isabel Morán, foi unha das que máis marcará e contribuirá á consolidación e patrimonialización do Caminho Portugués
Ler máis
O iLTIUS alumeará o contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolveron e transmitiron as linguas e os seus textos
O acto de presentación deste novo Instituto da USC serviu para poñer o foco neste “patrimonio que debe ser transferido á sociedade actual para que reafirme a súa propia identidade, a través do coñecemento dos valores culturais do pasado”, explicou a directora comisaria María José Alonso Veloso
Ler máis