Ir o contido principal
STG

Mostra bibliográfica. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

‘Mes das politólogas’

02.03.2026-31.03.2026 | 08.30h

Vestíbulo da Facultade de CC. Políticas e Sociais

No marco da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e a Biblioteca Concepción Arenal organizan conxuntamente unha exposición bibliográfica co obxectivo de visibilizar e poñer en valor as achegas das mulleres ao desenvolvemento da Ciencia Política.

A exposición inaugúrase o 2 de marzo e permanecerá instalada durante todo o mes de no vestíbulo do aulario da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
A exposición inaugúrase o 2 de marzo e permanecerá instalada durante todo o mes de no vestíbulo do aulario da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

A mostra "Mes das Politólogas. Exposición bibliográfica" reúne unha selección de obras pertencentes aos fondos da biblioteca, con especial atención ás publicacións de politólogas da nosa Universidade, así como de destacadas autoras do ámbito galego, español e internacional, cuxos traballos teñen contribuído de maneira decisiva ao avance do coñecemento nesta disciplina.

A exposición inaugúrase o 2 de marzo e permanecerá instalada durante todo o mes de no vestíbulo do aulario da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, configurándose como un espazo de recoñecemento e divulgación académica. A través desta iniciativa, as Facultade de Ciencias Políticas e a Biblioteca Concepción Arenal reafirman o seu compromiso coa igualdade de xénero, a promoción do pensamento crítico e a incorporación das do traballo científico das mulleres no estudo e análise da realidade política e social contemporánea.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2026.