Ir o contido principal
STG

Seminario web con inscrición previa

Uso da plataforma eLibro

03.03.2026-31.03.2026 | 13.00h-13.30h

A plataforma de libros electrónicos eLibro oferta diversas accións formativas online durante o mes de marzo. As sesións están dirixidas tanto a estudantes, como profesorado e persoal bibliotecario, e nelas ensinarase a usar a plataforma en xeral: crear unha conta, buscar, ler online, eLi (ferramenta de intelixencia artificial) e descargar libros coa APP.

As formacións terán unha duración de 30 minutos e despois de cada unha delas enviarase a ligazón de gravación os asistentes.

Ofértanse distintas sesións en función do tipo de usuario.

Formación para estudantes

Formación para bibliotecarios. Ensinarase a xestionar contas de usuarios, xerar informes de uso, facer configuracións xerais, rexistros MARC, etc.

Formación para profesorado. Ensinarase a usar a plataforma poñendo o foco nas ferramentas que permiten interactuar cos estudantes: compartir carpetas, crear hipervínculos coa bibliografía recomendada, vincular co campus virtual, etc. Presentaranse casos de éxito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2026.