Ir o contido principal
STG
  • USC

A BUSC estrea conta de TikTok

A BUSC vén de estrear presenza en TikTok
A BUSC vén de estrear presenza en TikTok
Nesta nova canle de comunicación da biblioteca, as persoas usuarias poderán atopar información de servizo como horarios, eventos, actividades formativas e novidades na colección. Tamén haberá espazo para contidos máis lúdicos, que nos descubrirán aspectos descoñecidos da biblioteca.

A BUSC vén de estrear a súa conta na rede social TikTok, que permite crear, ver e compartir vídeos curtos. Nela, a comunidade universitaria poderá acceder a información de servizo como horarios, novidades, eventos e actividades formativas, xunto con vídeos que nos descubrirán curiosidades da biblioteca e os seus fondos, como se desenvolve o traballo detrás do mostrador e algunha sorpresa máis.

Séguenos en TikTok en  @busc_usc

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2026.