Novas funcionalidades de Web of Science
A licenza de WOS para os anos 2024-2026 permite, entre outras melloras, a exportación do CVN desde o perfil de investigador da plataforma, así como o acceso ao novo índice Grants, que recolle o financiamento dos proxectos asociados a publicacións incluídas en WOS.
Ler máisA biblioteca de Filosofía celebra o medio século de vida da Facultade cunha mostra bibliográfica
A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio, onde poderemos atopar leccións maxistrais e unha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento
Ler máisCoalition S presenta un documento aberto a consulta pública para avanzar nun sistema de comunicación científica responsable
Nesta proposta analízanse as eivas da comunicación científica en acceso aberto e propóñense unha serie de principios para avanzar cara un modelo máis equitativo e sostible. As achegas poderán realizarse ata o vindeiro 30 de abril.
Ler máisAcceso temporal aos ebooks da colección Mathematics & Statistics da editorial Springer Nature
O acceso estará habilitado no catálogo Iacobus e desde ReBUSCa ata o 31 de maio
Ler máisCentro de interese 8M na Biblioteca Xeral
A biblioteca Xeral ofrece, durante este mes, un centro de interese cunha selección de fondos sobre a muller na literatura, ensaio de xénero, estudos históricos e visibilidade do feminismo na banda deseñada, ente outros. Boa parte destas autoras tiveron relación coa USC.
Ler máisA biblioteca de Bioloxía repasa nun vídeo a traxectoria das biólogas españolas máis destacadas
Entre elas, podemos destacar nomes como os de Ángeles Alvariño, Margarita Salas, María Blasco ou María José Bouzón. Os recursos enlazados son accesibles a través do catálogo Iacobus
Ler máisA muller na banda deseñada
A biblioteca Concepción Arenal súmase ao 8M coa mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada", unha escolla de obras de banda deseñada onde as protagonistas son as mulleres. Ademais da mostra virtual, poderá visitarse na propia biblioteca ata o 14 de marzo.
Ler máisConstruíndo xuntas a economía social: innovación feminina no cooperativismo
A biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais crea, con motivo do 8 de marzo, unha mostra bibliográfica coa que quere visibilizar a presenza feminina na economía social e o cooperativismo. Ademais da mostra virtual, unha pequena representación desta documentación amósase na entrada da biblioteca entre os días 4 e 15 de marzo.
Ciclo de formación online de Web of Science
As sesións terán lugar durante o primeiro semestre do ano, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos. É necesaria inscrición previa.
Ler máisFormación de Wiley para autores
Entre o 7 de marzo e o 21 de maio a editorial Wiley oferta unha serie de formacións web na que os autores poderán aprender a realizar buscas efectivas, descubrir ferramentas da intelixencia artificial aplicadas á edición científica e coñecer as últimas iniciativas relacionadas co acceso aberto. É necesaria inscrición previa
Ler máisO estudantado da USC pode participar ata o 15 de marzo na Olimpíada Solidaria
Poderá intercambiar o tempo que pase nas bibliotecas da universidade por euros cos que se financiará a formación de profesionais para o restablecemento psicolóxico das vítimas dos conflitos bélicos no Congo
Ler máisAberto o prazo de presentación de propostas sobre os novos criterios de acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios
As aportacións poderán realizarse a través da plataforma de participación da ANECA ata o vindeiro 29 de febreiro
Ler máisManifesto de REBIUN en defensa dos repositorios de acceso aberto
A Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas Españolas (REBIUN) vén de publicar un manifesto no que se defende o papel central dos repositorios como infraestuturas clave nas políticas en favor do acceso aberto e a importancia que estes teñen para o desenvolvemento da investigación e o coñecemento compartido.
Ler máis