Ir o contido principal
STG

Concerto de O Xoán

29.04.2026 | 20.30h

Lugo
Praza de Santa María. En caso de condicións meteorolóxicas adversas Auditorio da Facultade de Veterinaria.

O Xoán actuará no ciclo ‘Lubicán', incluído dentro da programación da Primavera Cultural, o mércores 29 de abril ás 20.30 horas na Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas trasladarase ao Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo. 

Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro co músico na Casa do Saber, que require previa inscrición en cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal)

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.01.2026.