A USC dispón dun sistema de publicación de contidos e información a través das pantallas e monitores ubicados nos edificios universitarios que pertencen ao sistema de Cartelaría dixital.
A publicación de contidos na Cartelaría dixital é xestionada por cada un dos centros ou servizos responsables dos puntos de información, aínda que o Gabinete de comunicación centraliza a difusión de contidos a nivel xeral.
Para resolver calquera incidencia de funcionamento das pantallas é preciso contactar co Centro de Atención ao Usuario (CAU).
Que facer se...
se recibe algún cartel dalgunha actividade de fóra da USC pero que pode ser interesante para o alumnado do meu centro?
Pódese publicar o evento na web e/ou na Cartelaría dixital do centro. E sempre publicalo como Evento, e non como "Texto+imaxe". A recomendación, neste caso, é a de solicitar aos responsables da actividade que fagan chegar unha imaxe representativa, e non o cartel, xa que pode non visualizarse correctamente nas pantallas; o cartel pode ir como imaxe secundaria dentro do contido do Evento.
se recibe algún cartel dalgún outro centro, departamento, servizo ou persoa da USC anunciando unha actividade ou un evento?
Non facerlle caso e indicarlle ao remitente que todas esas iniciativas colectivas de difusión ou de publicación na Cartelaría dixital deben canalizarse a través do Gabinete de Comunicación da USC. Tamén agradecemos que se nos traslade a mensaxe a melloras.comunicacion [at] usc.gal (melloras[dot]comunicacion[at]usc[dot]gal).
se queremos que se publique na pantalla do meu centro un evento ou unha nova que está na web ou nas pantallas doutro centro ou do Xornal da USC?
Avisade ao Gabinete de comunicación (gabinete.comunicacion [at] usc.gal (gabinete[dot]comunicacion[at]usc[dot]gal)) para que envíen ás vosas pantallas e/ou á vosa web ese contido.
se queremos que se anuncie noutros centros un evento ou nova do meu centro?
Avisade ao Gabinete de comunicación (gabinete.comunicacion [at] usc.gal (gabinete[dot]comunicacion[at]usc[dot]gal)) para que decidan se é apropiado enviar ese contido.
se queremos anunciar na nosa web ou na Cartelaría dixital o "resultado" dun Evento xa pasado ou as fotografías do mesmo?
Neste caso o mellor é crear unha Nova, na que se explique o que se fixo no Evento e se engadan as fotografías relacionadas.
Gabinete de Comunicación
- Pazo de San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 074
- 881 811 072
- gabinete.comunicacion [at] usc.es
Oficina web
- Pazo de Fonseca
- Rúa do Franco, s/n, 15782Santiago de Compostela
- 881 812 857
- oficinaweb [at] usc.es