Co obxecto de favorecer a mobilidade de estudantado e persoal que non poida participar en estadías de longa duración por motivos académicos ou de índole persoal, o Programa Erasmus+ 2021‐2027 ofrece unha nova modalidade de programas que buscan fomentar a mobilidade internacional nun formato curto que combina a mobilidade presencial cunha compoñente virtual: os Blended Intensive Programmes (Programas Intensivos Combinados).
Nesta páxina publicaranse as sucesivas convocatorias de BIP para participantes da USC, que poden dirixirse tanto a estudantado como a persoal.
Convocatoria BIP "Supporting curriculum through integrated STEAM Education practices"
- Datas de celebración: 22 a 26 de xuño de 2026
- Dirixido a estudantado de Grao en Mestre de Educación Infantil, Mestre de Educación Primaria e Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria
- Fin de solicitudes: 9 de marzo (12.00 horas)
Ligazón ao Taboleiro: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (publicada 25/02/2026)
Accceso á documentación na intranet aquí.
Convocatoria BIP "Education and Heritage: House Museums and Archives to Activate Memory Axes" - IPP (Portugal) para estudantado da Facultade de Humanidades
- Datas de celebración: 2-6 de marzo de 2026
- Dirixido a estudantado de Grao en Xestión Cultural (4º curso) e Mestrado en Servizos Culturais
Ligazón ao Taboleiro: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (publicada 20/02/2026)
Accceso á documentación na intranet aquí.
Non hai convocatorias vixentes neste momento.
Os BIP son programas de curta duración pertencentes ao programa Erasmus+ organizados por universidades europeas que contan cunha parte virtual e unha parte presencial. Esta ten unha duración mínima de unha semana, contemplando un grande abano de temáticas e formatos, e pode dirixirse a estudantado de todos os niveis e titulacións.
Para poder participar, requírese que a USC teña asinado un acordo coa universidade convocante e formule unha convocatoria que se publicará no apartado de Convocatorias e resolucións nesta mesma páxina.
Outórgase pola súa participación un mínimo de 3 ECTS e, no caso de que coincidan con períodos lectivos, é necesario que o estudantado verifique no seu centro as posibilidades de dispensa da asistencia ás clases da súa titulación.
Como promover a adhesión da USC a un BIP
Para solicitar a adhesión da USC nun BIP organizado por outra institución e que sexa posible o envío de participantes (tanto estudantes como membros do persoal), é necesario que o profesorado / PTXAS que teña recibido unha oferta de adhesión a traslade á persoa responsable no Centro para que valore e autorice a proposta, que será posteriormente avaliada na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización.
- Formulario de proposta de adhesión
- Visto e prace da persoa responsable do centro ou unidade (para anexar ao Formulario)
Como participar individualmente
Unha vez se acorde a adhesión a un BIP por parte da USC, procederase a publicar convocatorias individualizadas para cada BIP, onde se establezan os requisitos para cada colectivo. Se está aberta para algún colectivo de persoal, poderá presentarse a solicitude como se indique na correspondente convocatoria.
- BIP "Towards a European Law of Sustainability?" na Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia (UNIMORE) (Italia) para :
- Dirixido a estudantado de doutoramento e PDI, ambos da área de Dereito.
- Ligazón á convocatoria
- https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/133493/carga.htm (publicada 04/07/2025)
--
-
ERASMUS+ BIP AND 14TH CEEPUS GEOREGNET SUMMER SCHOOL na University of Maribor (Eslovenia)
- Dirixido a estudantado de titulacións relacionadas coa xeografía e a ordenación do territorio de mestrado e doutoramento, con coñecementos de inglés (B1)
- Ligazón á convocatoria: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/132169/carga.htm
--
-
"“Propter magnare creatus…”. Intercultura, letteratura e gastronomia ai confini dell’Europa" na Università de Foggia (Italia)
- Dirixido a estudantado de titulacións filolóxicas de grao, mestrado e doutoramento, con coñecementos de inglés e italiano (B1)
- Ligazón á convocatoria: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/131927/carga.htm
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- international.lugo [at] usc.gal