https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/138089/carga.htm
O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuindo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.
Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.
Actualidade
Os Consellos Sociais de USC e UDC lanzan a cuarta edición de AddVenture, coa IA como ferramenta esencial para persoas emprendedoras
Incorpora un obradoiro práctico para crear demos/prototipos de proxectos de negocio con IA empregando linguaxe natural e sen necesidade de experiencia previa en programación
Ler máis
A Fundación Meniños, Premio Humanitas 2025
O presidente do padroado da Fundación, José Manuel Villanueva Prieto, recolleu este martes o galardón que convocan o Consello Social e Alumni USC. A iniciativa enmárcase dentro do compromiso das entidades convocantes de achegar a realidade social á universidade
Ler máis
Diego Pérez Álvarez, o estudante mellor valorado nas prácticas externas do Consello Social
“Estas prácticas son unha gran oportunidade para ter unha primeira aproximación ao ámbito profesional ou descubrir novos e interesantes ámbitos de traballo”
Ler máis