Resultados
A USC celebra este venres un acto de divulgación dos estudos de IV Ciclo na Deputación Provincial de Lugo
O profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC Manuel Andrade ofrecerá no marco desta sesión un relatorio sobre a actividade solar e o clima na Terra
As universidades do suroeste europeo concorrerán conxuntamente con grupos de investigación de alto nivel a programas competitivos de I+D+i
A Universidade de Santiago participou en Salamanca na reunión da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE)
A USC pon en marcha no Cactus unha Unidade de Calorimetría Isotérmica coa que amplía as posibilidades de investigación
O profesor da Universidade Ténica Bergakademie de Friburgo Johannes Lerchner aborda este xoves en Veterinaria as aplicacións biolóxicas da calorimetría
Juan Ortiz, nomeado novo director do Xardín Botánico da USC
O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Lugo sucede no cargo a Jesús Aboal Viñas
O proxecto Integra2 explora a través das artes escénicas un mundo sen barreiras excluíntes
Aberta a participación na segunda convocatoria deste proxecto
Matarile presenta na USC a súa nova estrea Staying alive
Esta compañía, recoñecida internacionalmente, inaugura a experiencia da Compañía Residente, unha nova actividade incluída no programa de formación teatral da Aula de Teatro da USC
Formación do Profesorado acolle este xoves a inauguración do III do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
O catedrático da USC Antonio Rigueiro ofrecerá o relatorio de apertura, que leva por título ‘Soutos e bosques de ribeira: ecosistemas en perigo en Galicia’
A USC recolle este xoves o premio solidario da ONCE
Xunto co Banco de Alimentos Rías Altas, o documental ‘Discamino’ e o médico José Fernández Pernas
Presentan a segunda edición do proxecto Integra2
É unha iniciativa creada para expresar por medio das artes escénicas –principalmente a danza e o teatro- unha nova forma de entender o mundo sen barreiras excluíntes