Catro revistas da USC renovan o selo de calidade da FECYT
Trátase de ‘Ágora. Papeles de Filosofía’, ‘Estudos de Lingüística Galega’, ‘Obradoiro de Historia Moderna’ e ‘Verba. Anuario Galego de Filoloxía’
Trátase de ‘Ágora. Papeles de Filosofía’, ‘Estudos de Lingüística Galega’, ‘Obradoiro de Historia Moderna’ e ‘Verba. Anuario Galego de Filoloxía’
O alumnado participante desenvolverá un proxecto empresarial a partir das ideas de negocio xurdidas en traballos fin de grao, fin de mestrado ou teses de doutoramento
O evento conta cun total de dez demostradores, oito tecnoloxías e dúas spin-off, en avanzado estado de madurez, listas para a súa transferencia á industria e á sociedade
Liderado pola USC, este consorcio elaborou unha película integrando escenarios en diferentes países e contextos de interese para o turismo verde, a cal poderá verse en Galicia en próximas datas
Este programa da USC pon en contacto a persoas tituladas recentes con profesionais experimentados na súa área de traballo que lles serven de guía de cara ao futuro desenvolvemento profesional
O programa coordinado polos profesores Javier Bueno e Roberto Iglesias pon o foco no Grupo Internaco, con máis de tres décadas de experiencia no sector, e está aberto á participación de todo o público interesado. A inscrición é de balde e pode formalizarse xa en liña na web www.roboticalugo.com
Yonay Rodríguez realizou máis de 600 enquisas entre estudantado e profesorado da USC e constatou que o 95% dos estudantes pensa que saber inglés é importante para acadar un bo posto de traballo
O condutor de ‘Efervesciencia’ da Radio Galega, Manuel Vicente, impartirá un obradoiro de divulgación na xornada de apertura dun programa de convivencia científica que comeza ás 10.00 horas cunha xincana e que ofrece á mocidade a posibilidade de achegarse durante unha semana á investigación a través de 16 obradoiros científicos. O acto inaugural será ás 13.00 horas, no auditorio de Veterinaria
A Universidade concatena catro anos de estabilidade orzamentaria con peches en positivo
A Real Academia Galega tamén designou académico correspondente ao que fora docente da USC, Bieito Silva Valdivia
A través deste galardón convocado pola Real Sociedade Española de Matemáticas, en colaboración coa Fundación BBVA, recoñécese a creatividade, orixinalidade e logro no ámbito das matemáticas nos primeiros anos da profesión científica
Por centros, destaca a Facultade de Ciencias da Comunicación que imparte no idioma propio da USC o 93,9% das clases
O galardón outorgado por ‘Animal’s Health’ recoñece a catedrática do Departamento de Patoloxía Animal da USC no Campus Terra como “gran exemplo do importante cometido da veterinaria na seguridade alimentaria e na saúde pública”
No día de onte o Verán CampUSC contou coa primeira das cinco visitas previstas das profesoras de Flying Fun, que ofreceron unha actividade íntegramente en inglés para os rapaces e rapazas do grupo B.
O evento desenvolverase do 31 de xullo ao 7 de agosto e diríxese á mocidade estudante de música
As persoas interesadas en participar no programa ‘O Verán na Domus’ poden formalizar a súa reserva a través do teléfono 610 323 926 ou no enderezo de correo electrónico