Convocadas as axudas do Consello Social a actividades que fomenten a colaboración entre a USC e a sociedade
O prazo de presentación de solicitudes a esta convocatoria dotada con 50.000 euros está aberto ata o 13 de marzo
O prazo de presentación de solicitudes a esta convocatoria dotada con 50.000 euros está aberto ata o 13 de marzo
A catedrática tomou posesión este xoves do seu cargo como decana nun acto presidido polo reitor Antonio López
Trátase dunha experiencia de innovación aberta que busca involucrar o alumnado no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e sostibles aos retos formulados en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, inaugura a exposición elaborada por alumnado da materia Historia e Teoría da Educación Escolar, que permanecerá aberta no vestíbulo do centro universitario ata o 6 de marzo
A Conferencia Mundial sobre Educación 2023 que se estende ata o 18 de febreiro, céntrase en tres grandes áreas: quen educa, a educación como vía para transformar e humanizar e a educación cara ao coidado do planeta
O primeiro dos foros comeza este xoves 16, baixo o lema ‘As dimensións da traxedia’
Vicente Lustres Pérez, Daniel Seijas Llerena e Vicente Feijoo Ares serán os relatores da sesión que se desenvolverá o vindeiro 22 de febreiro
No acto, da man de Marta del Moral Vargas, realizarase un percorrido cronolóxico dende as primeiras experiencias de militancia ata a proclamación da Segunda República
Esta iniciativa de USC e Instituto das Mulleres incorpora a perspectiva de xénero na creación de empresas de base tecnolóxica e apoia as mulleres emprendedoras na universidade
“Queremos conectar o que facemos no eido cultural e artístico co que se está estudando nas aulas”, explica a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, á hora de definir este proxecto que se sitúa na intersección entre o coñecemento académico e a expresión artística
Ao abeiro do proxecto MyCOAST, pretende ser un foro de debate para os actores relevantes dos distintos sectores presentes na zona costeira
O proxecto Millopreciso, no que participan investigadores do grupo BioMoDen do Campus Terra da USC xunto coa empresa Marcos Otero, Ganadería Ladrela e Feuga, prevé a elaboración de mapas de rendemento das parcelas, a través da instalación de sensores nas colleitadoras, para optimizar as doses de insumos e mellorar a produción
Persoal e alumnado do centro plantaron unha camelia doada pola Fundación Rosalía de Castro coa intención de render tributo á autora e, deste xeito, “conectar a infancia coa contorna natural e coa cultura”, explica a directora Luz González Vázquez
As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude antes do 25 de febreiro
Ata o 8 de outubro, poderá presentarse o alumnado que teña defendido durante o curso 2022-2023, un traballo fin de grao ou fin de mestrado en calquera universidade española ou estranxeira
Ricardo Villa Bellosta do CiMUS acaba de recibir financiamento da Progeria Research Foundation para reverter farmacoloxicamente a ruta metabólica alterada que explica algúns dos síntomas desta patoloxía, así como para analizar o impacto da dieta sobre a lonxevidade en ratos que padecen a enfermidade