Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

Subcampioas na División de Prata e na Segunda División Feminina

Se houbo unha categoría no ano 2022 na que os nosos participantes lucirán especialmente este ano, é a Absoluta Feminina. Na División de Prata, o Club USC A disputou a final da categoría ante o Club Tenis Coruña B, caendo nas pistas universitarias por 2-4. Con empate a 2 nos partidos individuais, a xogadora local Aldara Calvo lesionouse ao comezo dos partidos de dobres e as posibilidades de vitoria esvanecéronse para as xogadoras do Club USC A.

O Equipo Absoluto Masculino C do Club USC, campión galego en cuarta división

Equipo Absoluto Masculino C ogrou o título galego na cuarta división masculina. Na primeira fase da competición o Club USC C obtivo vitorias ante Escuela de Tenis Marinead B, Escuela de Tenis Justo al Revés B e Sporting Casino Coruña C. Empatou ante o Club Tenis Villalbés B, sendo a única derrota ante o Club Tenis Redes C.

O CLUB USC campión galego na categoría infantil en cuarta división

[18/07/2022] Recentemente remataron os Campionatos Galegos de Equipos que se disputan no primeiro semestre do ano e que comezaran a mediados no mes de xaneiro. Os resultados máis brillantes foron os obtidos polo Equipo Infantil Masculina que logrou o título galego na cuarta división, palmarés que igualou o Equipo Absoluto Masculina tamén na cuarta división.

A actividade físico-deportiva e a conciliación danse a man en Corresponsables

A USC participa desta iniciativa promovida pola Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia, a Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade e as universidades públicas galegas, dirixida a nenos e nenas de ata 16 anos que poderán rexistrase no cento de grupos de actividades impulsadas pola institución compostelá en máis dunha vintena de concellos galegos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.