Ir o contido principal
STG

Artigo

Resultados

A EPS de Enxeñaría reformula o máster de drons para dar un pulo ao sector

O Máster en Sistemas Aéreos non Tripulados que coordina a USC xunto coa Uvigo elimina especialidades e potencia a dimensión e-learning para o curso 2020-21, no que este posgrao interuniversitario integra no seu programa a formación teórica requirida para acadar o título de operador de drons e vehículos aéreos non tripulados

Descifrando o magnetismo do grafeno

Investigadores da USC, do Donostia International Physics Center e do CIC nanoGUNE detectan o estado magnético dunha pequena estrutura triangular de grafeno, de apenas 40 átomos de carbono

ESTALMAT-Galicia 2020 abre o seu prazo de inscrición

A proba de selección celebrarase na Facultade de Matemáticas ao comezo do curso 2020-21 cando se poda desenvolver coas oportunas medidas de seguridade sanitaria. Esta iniciativa está dirixida a estudantes nados nos anos 2007 ou 2008, con independencia dos estudos que cursen

O III Premio Rafael Crecente de investigación 'aposta' pola madeira

A valorización e o mellor aproveitamento dos recursos forestais acapara a maioría das das iniciativas innovadoras de xestión territorial presentadas ao certame convocado polo Ibader da USC, un galardón dotado con 3.000 euros en premios que triplica nesta edición o número de candidaturas recibidas e cuxo fallo se dará a coñecer en xuño

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2019.