10.03.2026 | 17.00h
O martes 10 de marzo, CineFilo continúa o seu ciclo coa súa tradicional sesión sorpresa. Neste encontro, moderado por Gabriela Rivera Rodríguez, o foco estará no cinema latinoamericano e será o público quen escolla o filme votando unha das propostas.
A sesión, de balde e aberta a todos os públicos, será ás 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.