Ir o contido principal
STG

Baltasar Garzón falará na USC sobre democracia e dereitos humanos e memoria histórica

O xurista Baltasar Garzón visita a vindeira semana a Universidade de Santiago onde vai participar nunha serie de actos organizados polos grupos de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA - interea) e de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra). O grupo SEPA ten programada unha sesión de relato-conversa co xurista arredor do tema ‘ Democracia e Dereitos Humanos’, á que se sumará a conferencia titulada ‘Verdade, xustiza e reparación’ dentro do ciclo ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2014.