Ir o contido principal
STG

A colaboración entre USC e Fundación Banco Santander beneficiou 3.800 persoas da comunidade universitaria en 2025

Unha das iniciativas financiadas foron os bonos comedor. FOTO: Santi Alvite
Unha das iniciativas financiadas foron os bonos comedor. FOTO: Santi Alvite
Ata o 7 de maio pode solicitarse a bolsa Santander Excelencia 360º que promove o mérito académico e a participación activa na vida universitaria
Lugo, Santiago de Compostela

Arredor de 3.800 integrantes da comunidade universitaria da USC, nomeadamente estudantes de grao e mestrado, beneficiáronse o ano pasado dos programas impulsados ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a USC e a Fundación Banco Santander. Mobilidade entrante e saínte, axudas económicas ao estudo, bonos comedor, prácticas profesionais e axudas á investigación tanto predoutoral como posdoutoral conforman a listaxe de liñas de actuación na que ambas as institucións traballan de xeito conxunto e das que xa se beneficiaron milleiros de persoas.  

Bolsa Santander-Excelencia 360º

Tamén no marco do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Banco Santander, a bolsa Santander Excelencia 360º, que acaba de convocarse, pretende promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria do estudantado matriculado nun grao na USC. Poderán optar a ela estudantes matriculados cun expediente académico excelente e que participen de xeito significativo na vida universitaria da institución. Esta axuda financiarase con 12.000 euros brutos e pode solicitarse ata o 7 de maio. 

Ademais, en breve, porase en marcha a convocatoria de 225 axudas económicas de 1.000 euros. A esta e outras iniciativas pode accederse a través da plataforma Santander Open Academy

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.02.2026.