Organizan unha formación de consolidación de talentos no sector da biomasa
O Mestrado de Excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible (MERYCSE) da USC e o Clúster Biomasa de Galicia poñen en marcha o programa ‘Construíndo e consolidando equipos para o futuro da biomasa’, unha formación orientada a fortalecer e mellorar os procesos de atracción, selección e captación do talento nese sector.
A formación diríxese a profesionais con responsabilidades de coordinación ou xestión de equipos e abordará temas chave como a identificación de perfís estratéxicos, técnicas de selección eficientes, liderado aplicado á xestión de persoas e un obradoiro práctico para deseñar o plan de captación e selección adaptado á realidade das empresas do sector.
O programa orientase en 4 sesións presenciais, a desenvolver en horario matinal os días 10 e 24 de febreiro e 10 e 17 de marzo na sala de xuntas da Facultade de Física.
Para formalizar a participación é necesario cubrir o seguinte formulario: https://forms.gle/mzkRGTm8Sdbq3LMY9