Preséntase este mércores o XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea, que se celebrará no MIHL o 11 e o 12 de abril
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este mércores, día 2 de abril, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, O XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea, un certame artístico organizado no marco do convenio Lugo Cultural e que pretende favorecer o intercambio cultural a través das distintas propostas coreográficas presentadas polas compañías convidadas.
O director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, o deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, tamén participarán no acto de presentación do XII Encontro Universitario de Danza.
As distintas compañías convidadas a participar neste foro artístico presentarán as súas respectivas creacións os días 11 e 12 de abril nas instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), que se converterá por segundo ano consecutivo en escenario deste espectáculo de danza.