Ir o contido principal
STG

A profesora Carmen Vidal Pan, académica numeraria da Real Academia de Medicina de Galicia

Carmen Vidal Pan, no acto de recepción do nomeamento. Foto: Real Academia Galega de Medicina
Carmen Vidal Pan, no acto de recepción do nomeamento. Foto: Real Academia Galega de Medicina
Ocupará o sillón de Alergoloxía
Santiago de Compostela

A profesora titular da USC Carmen Vidal Pan vén de ingresar como académica numeraria na Real Academia de Medicina de Galicia, no sillón de Alergoloxía, nunha sesión que contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e na que a contestación ao discurso da nova académica correu da man do académico numerario de endocrinoloxía, Felipe Casanueva.

Ademais de docente na USC, Carmen Vidal Pan é xefa do Servizo de Alergoloxía Clínica da Área Sanitaria de Santiago e investigadora do IDIS. Con este nomeamento, a Real Academia de Medicina de Galicia, despois de Salamanca, é a segunda de España en contar cun sillón desta especialidade.

No seu discurso de recepción ‘Alergoloxía: unha especialidade transversal para un tempo de medicina integradora e de precisión’, Carmen Vidal realizou un percorrido pola historia desta disciplina, a súa evolución e a súa contribución actual á medicina de precisión. Para ella, a “xuventude” desta especialidade non debe interpretarse “como unha carencia, senón unha oportunidade, porque a alergoloxía nace nun contexto no que a inmunoloxía e a bioloxía molecular comezan a transformar a nosa maneira de entender a enfermedade”.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2026.