Ir o contido principal
STG

Sinatura de convenio para a determinación do financiamento da USC no marco do Plan Galego 2016-2020

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, acudirá o vindeiro xoves 7 ao Salón Nobre do Pazo de Raxoi para asinar ás 13.00 horas o convenio que determina o financiamento da Universidade compostelá no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020. Do mesmo xeito terá lugar a sinatura do acordo correspondente ás outras dúas universidades galegas, que ratificarán os seus reitores.

No acto, ao que asiste o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participarán ademais os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez, de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Sanidade, Jesús Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.01.2016.