Ir o contido principal
STG

Actualidade

As bibliotecas abren as súas portas en horario extraordinario

Intercentros de Lugo, Concepción Arenal e Económicas estenden a súa apertura de 10.00 a 19.30 horas festivos e fins de semana. Durante o Nadal, as bibliotecas permanecerán abertas de luns a venres de 9.00 a 20.30 e, nas fins de semana, de 10.00 a 19.30 horas. O acceso ás bibliotecas realizarase de acordo ao establecido nos protocolos de seguridade

Ler máis

Ata onde chega o fino cheiro dos cans?

A investigadora do grupo de Morfoloxía Animal da Facultade de Veterinaria da USC Irene Ortiz Leal revela nun estudo sobre o órgano vomeronasal do raposo publicado na revista ‘Journal of Anatomy’ que o grao de desenvolvemento do sistema olfactivo dos cans é moito máis limitado que o dos cánidos salvaxes

Ler máis

Un estilo de vida para retrasar o envellecemento

O libro ‘Bases Científicas da Dieta Atlántica’, promovido e dirixido pola Fundación Dieta Atlántica da USC, recolle os piares conceptuais e científicos deste tipo de alimentación cuxos compostos inducen efectos beneficiosos para a saúde. A obra foi presentada este martes polo padroado da Fundación, nun acto que contou coa presenza do reitor Antonio López

Ler máis