4, 5, 11 e 12 de maio de 2026 de 11.30h a 13.30h
Alén da súa faceta como novelista, Camilo José Cela foi un dos axentes culturais máis salientables da posguerra española. Director da célebre revista Papeles de Son Armadans entablou sólidas relacións cos poetas da época, potenciando espazos de encontro e salvagarda da lírica. Este seminario afondará nas dinámicas de resistencia cultural na posguerra e as relacións entre poetas e axentes culturais, afondando nunha faceta pouco coñecida de Cela.