Skip to main content
STG

Lugo será capital do deporte galego ao acoller os ‘Campionatos Universitarios Xunta de Galicia’ de deportes colectivos

De esquerda a dereita, Jorge Bustos, Antonio López, Javier Vázquez e Pablo Rivera.
De esquerda a dereita, Jorge Bustos, Antonio López, Javier Vázquez e Pablo Rivera.
A competición que se desenvolverá os días 10 e 11 de marzo presentouse este xoves 5 no Pazo de Montenegro
Lugo

Os XXVIII Campionatos Universitarios Xunta de Galicia de Deportes Colectivos, que impulsa o Goberno galego, desenvolveranse os días 10 e 11 de marzo en Lugo. O programa foi presentado este xoves 5 no Pazo de Montenegro nun acto no que interviñeron o reitor Antonio López Díaz, o director territorial da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes na provincia, Francisco Javier Vázquez Nodal; o concelleiro da área de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos; e o deputado provincial da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.

As competicións prevén reunir máis de 500 persoas das tres universidades galegas e  desenvolveranse nas modalidades de fútbol, voleibol, balonmán, fútbol sala, rugby e baloncesto, en distintas instalacións deportivas da cidade e co formato de liga entre tres equipos a unha única volta. A USC participa nesta competición en liña coa súa vontade de seguir fomentando hábitos de vida saudables entre o estudantado e demais integrantes da comunidade universitaria. 
 

The contents of this page were updated on 03.05.2026.