Pasar al contenido principal
STG

Patrocinadores

Co obxectivo de reforzar a relación entre o tecido produtivo vinculado ao Campus Terra e a comunidade investigadora novel, o II Congreso Ibérico de Mocidade Investigadora Campus Terra establece distintas modalidades de patrocinio, dirixidas a entidades interesadas en apoiar a investigación, a formación e a divulgación científica.

Modalidades de patrocinio

Patrocinio Colaboración – 300 €

  • Inclusión do nome da entidade (sen logotipo) na páxina web oficial do Congreso
  • Mención como entidade colaboradora no programa oficial do Congreso
  • Emisión dun certificado acreditativo de colaboración

Patrocinio Básico – 500 €

  • Inclusión do logotipo da entidade na páxina web oficial do Congreso
  • Mención como entidade colaboradora no programa oficial do Congreso
  • Mención pública durante o acto de inauguración ou de clausura
  • Emisión dun certificado acreditativo de patrocinio

Patrocinio Avanzado – 1.000 €

Inclúe as prestacións da modalidade básica e, ademais:

  • Inclusión do logotipo na cartelería e nos materiais dixitais do Congreso
  • Presenza do logotipo nas presentacións institucionais do evento
  • Posibilidade de distribución de material divulgativo ou promocional da entidade
    (folletos ou material de pequeno formato)
  • Mención da entidade nas redes sociais oficiais do Campus Terra de Lugo.

Patrocinio Principal – 2.000 €

Inclúe as prestacións da modalidade avanzada e, ademais:

  • Maior visibilidade do logotipo, con orde preferente e tamaño destacado
  • Mención expresa como entidade patrocinadora principal do Congreso
  • Posibilidade de vincular o nome da entidade a unha actividade concreta do programa
    (pausa café, premios ás mellores comunicacións, sesión temática, etc.)
  • Posibilidade de instalación dun punto de información da entidade nas instalacións do Congreso,
    en espazo e condicións previamente acordadas coa organización
  • Mención destacada nas redes sociais oficiais do Campus Terra de Lugo, asociada á condición de patrocinador principal
Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2026.