Modalidades de patrocinio
Patrocinio Colaboración – 300 €
- Inclusión do nome da entidade (sen logotipo) na páxina web oficial do Congreso
- Mención como entidade colaboradora no programa oficial do Congreso
- Emisión dun certificado acreditativo de colaboración
Patrocinio Básico – 500 €
- Inclusión do logotipo da entidade na páxina web oficial do Congreso
- Mención como entidade colaboradora no programa oficial do Congreso
- Mención pública durante o acto de inauguración ou de clausura
- Emisión dun certificado acreditativo de patrocinio
Patrocinio Avanzado – 1.000 €
Inclúe as prestacións da modalidade básica e, ademais:
- Inclusión do logotipo na cartelería e nos materiais dixitais do Congreso
- Presenza do logotipo nas presentacións institucionais do evento
- Posibilidade de distribución de material divulgativo ou promocional da entidade
(folletos ou material de pequeno formato) - Mención da entidade nas redes sociais oficiais do Campus Terra de Lugo.
Patrocinio Principal – 2.000 €
Inclúe as prestacións da modalidade avanzada e, ademais:
- Maior visibilidade do logotipo, con orde preferente e tamaño destacado
- Mención expresa como entidade patrocinadora principal do Congreso
- Posibilidade de vincular o nome da entidade a unha actividade concreta do programa
(pausa café, premios ás mellores comunicacións, sesión temática, etc.) - Posibilidade de instalación dun punto de información da entidade nas instalacións do Congreso,
en espazo e condicións previamente acordadas coa organización - Mención destacada nas redes sociais oficiais do Campus Terra de Lugo, asociada á condición de patrocinador principal