VIVIR CON-SENTIDO. Unha nova visión na atención residencial no Concello de Narón, dende a perspectiva do traballo social. Un proxecto de intervención social.
Autoría
E.M.C.F.
Grao en Traballo Social
E.M.C.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.02.2026 11:00
05.02.2026 11:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao, corresponde a un proxecto de intervención social, o cal ten por obxecto, mellorar o proceso de adaptación integral das persoas maiores de novo ingreso no centro residencial de Narón, promovendo o seu estado de benestar, mediante a intervención social estruturada e centrada na persoa. Actualmente, o avellentamento da poboación, o aumento da esperanza de vida, ademais dun cambio de paradigma na vida familiar, onde a incorporación da muller á vida laboral supuxo unha ruptura no rol de “coidadora”, a soidade non desexada, entre outros factores, obrigan as familias a tomar determinacións máis asistenciais e optar por buscar nos centros residencias, un desafogo, descarga e mellor coidado dos seus maiores. Sen esquecerse, que o aumento da esperanza de vida tamén trae consigo deterioro físico e cognitivo, que a súa vez, e na maioría das ocasións, nin as familiar teñen coñecementos sobre as enfermidades, nin as vivendas reúnen as condicións axeitadas para ofrecer un estado de benestar óptimo para esa persoa maior. Por elo, son os centros residenciais, os que deben de xerar desde o momento de ingreso, un entorno seguro, participación individual e familiar, o fomento da autonomía e a plena adaptación a cada persoa (a súa historia de vida, gustos, inquetudes, etc.), sendo con elo primordial, unha formación axeitada dos traballadores e orientada a esta visión, por iso dende este proxecto afondarase no modelo que mellor se adecúa, a Atención Centrada na Persoa (ACP). Este proxecto adáptase desde o enfoque do marco lóxico, combinado coas propostas en este tipo de traballos de G.García Herrero e J.M. Ramírez Navarro.

Dirección
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Tribunal
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titor do alumno)

O impacto da prostitución na saúde mental das mulleres de España e Colombia desde a perspectiva do traballo social
Autoría
R.G.R.
Grao en Traballo Social
R.G.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2026 18:00
04.02.2026 18:00
Resumo
A prostitución constitúe unha realidade social presente en distintos contextos e condicionada por factores sociais que inflúen nas situacións de vulnerabilidade que atravesan as mulleres. En Galicia e en Medellín, esta realidade adopta formas diferenciadas, enmarcadas en contextos normativos e socioculturais específicos que repercuten nas experiencias persoais e sociais de quen a exercen. Polo tanto, o obxectivo principal é analizar a relación entre a prostitución e a saúde mental das mulleres de España e Colombia. A metodoloxía empregada correspóndese cun modelo de investigación cualitativa e cun paradigma interpretativo, adecuado para comprender as experiencias e significados que as mulleres e os profesionais atribúen á relación entre prostitución e saúde mental. Adóptase un deseño descritivo. As persoas participantes serán mulleres en situación de prostitución e profesionais do Traballo Social, seleccionados mediante mostraxe intencional por criterios. A información recollerase mediante entrevistas semiestruturadas e análise documental, e os datos estudaranse mediante unha análise inductiva baseada na identificación de categorías, patróns e significados emerxentes. O estudo terá unha duración determinada e os resultados serán posteriormente difundidos a través de revistas e redes sociais.

Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Souto Gómez, Ana Isabel (Titor do alumno)

Revisión bibliográfica narrativa do Estado da arte sobre o consumo de alcohol en adoleesc
Autoría
C.P.C.
Grao en Traballo Social
C.P.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2026 16:45
04.02.2026 16:45
Resumo
O alcohol en adolescentes tanto en homes como en mulleres pode causar problemáticas sociais, o obxectivo xeral desta revisión bibliográfica é analizar a literatura científica referente a problemática de alcohol en adolescentes, as súas estratexias de prevención, todo isto dende a perpectiva do Traballo Social. Na estratexia metodolóxica atopánse 2325 artículos en Scopus, Eric, Pyscoinfo y Dialnet que se filtran ata chegar aos 21 artículos utilizados finalmente. Chégase a conclusión de que os factores de risco e protección é a temática máis abordada, pola súa parte a temática menos abordada son as estratexias de prevención. Nas conclusións éxplicase que é o alcol, cómo esta relacionado coa cultura na que unha persoa vive, as tendencias de consumo de alcol en adolescentes, os factores de risco e protección, é por último se mencionan as estratexías de prevención.

Proxecto de intervención social a prevención das conductas adictivas no centro de menores de San José de Calasanz, A Coruña. Proxecto Ceibe: Acompañando vidas libres de adiccións.
Autoría
L.R.M.
Grao en Traballo Social
L.R.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2026 17:20
04.02.2026 17:20
Resumo
Este Proxecto de Fin de Grao desenvolve un proxecto de intervención social directa a nivel grupal, co obxectivo de previr condutas adictivas e promover hábitos de vida saudables entre mozos de 14 a 21 anos no Centro Xuvenil San José de Calasanz na Coruña. O proxecto sitúase no eido profesional do traballo social e céntrase en identificar e reforzar os factores protectores, reducir os factores de risco e promover o benestar físico, emocional e social dos menores no centro. O deseño do proxecto desenvolveuse empregando como referencia o Manual para o desenvolvemento de proxectos de Ezequiel Ander-Egg e María José Aguilar, aproveitando as achegas tanto da súa primeira edición en 1989 como da última edición dispoñible en 2005, que incorpora enfoques actualizados. Empregouse o enfoque metodolóxico de Gustavo A. García Herrero e José Manuel Ramírez Navarro, do seu traballo: Diseño y evaluación de proyectos sociales (Deseño e avaliación de proxectos sociais), para preparar o orzamento, o que permitiu a organización dos recursos e a estimación dos custos. A intervención levarase a cabo mediante obradoiros, dinámicas de grupo, actividades de lecer saudable e sesións destinadas a desenvolver habilidades persoais. Tamén traballaremos en coordinación co equipo profesional do centro para reforzar a intervención educativa e garantir que as necesidades específicas dos menores se aborden adecuadamente. O Proxecto Ceibe: Acompañando vidas libres de adicción, busca acompañar aos mozos na construción dunha vida libre de adicción, promovendo a autonomía, a saúde e a participación activa dentro do centro e na súa futura integración na comunidade.

“Proxecto de Inclusión Social dirixido a persoas en situación de rúa con condutas adictivas en Ribeira (A Coruña)”
Autoría
U.S.F.
Grao en Traballo Social
U.S.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.02.2026 10:30
05.02.2026 10:30
Resumo
No seguinte proxecto exponse unha intervención social dirixida a persoas en situación de rúa con condutas adictivas no municipio de Ribeira (A Coruña). Esta proposta xorde desde a perspectiva do traballo social e articúlase en colaboración coa Unidade de Condutas Adictivas (UCA), que actúa como referente comarcal na atención a persoas con trastornos adictivos. O obxectivo principal do proxecto é promover a inclusión social deste colectivo, mediante unha intervención integral que garanta a cobertura das súas necesidades básicas (alimentación, hixiene, vestimenta), mellore o seu benestar xeral e favoreza a súa autonomía persoal. Para iso trabállase desde un enfoque biopsicosocial que contemple a atención técnica, económica e material, adaptada ao contexto local e centrada na persoa. Así mesmo, foméntase a coordinación con servizos sociais municipais, recursos sanitarios e entidades do terceiro sector, establecido redes de apoio sólidas. A poboación destinataria esta composta por persoas maiores de idade que se atopan en situación de rúa e presentan condutas adictivas que residan no concello de Ribeira e estean de alta na UCA, situando a este contexto de exclusión social severa. Esta intervención busca non só responder á urxencia das súas condicións de vida, senón tamén incidir no seu proceso de recuperación e reintegración comunitaria, tendo en conta factores como a saúde mental, as rupturas afectivas ou familiares e a estigmatización social.

A adicción ao xogo na mocidade universitaria
Autoría
I.S.F.
Grao en Traballo Social
I.S.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.02.2026 10:00
05.02.2026 10:00
Resumo
A ludopatía consolidouse como unha das adiccións máis significativas na poboación nova, especialmente no ámbito universitario. A expansión do xogo en liña, a súa fácil accesibilidade e a aceptación social das apostas incrementaron o risco de desenvolver condutas de xogo problemático. A etapa universitaria, acentuada polo estrés académico, a presión social e a adquisición dunha maior autonomía persoal, supón un contexto especialmente vulnerable. O presente proxecto de investigación ten como obxectivo xeral identificar as condutas de xogo e os factores de risco asociados á ludopatía en mozos e mozas universitarias. A investigación desenvólvese a través dunha metodoloxía cuantitativa, cun deseño descritivo e transversal. A recollida de datos realízase mediante un cuestionario propio, elaborado especificamente para este estudo e orientado a estudantes universitarios/as. Dito instrumento recompila información vinculada cos hábitos de xogo, as motivacións, os factores de risco e a percepción do risco asociado ao xogo. Esta metodoloxía permite obter unha visión global da problemática e ofrece unha base empírica para a análise do fenómeno do xogo no contexto universitario.

O traballo social na atención a víctimas de terrorismo en Europa: unha revisión sistemática
Autoría
A.V.B.
Grao en Traballo Social
A.V.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
12.02.2026 09:30
12.02.2026 09:30
Resumo
A finalidade deste traballo é analizar a de literatura científica producida entre o 2000 e o 2025, sobre o rol do traballo social na atención ás vítimas de terrorismo en Europa. O obxectivo é recoñecer as estratexias de intervención máis utilizadas, a salvagarda dos principios éticos e os métodos empregados na labor do traballo social neste campo. A metodoloxía foi unha revisión sistemática da bibliografía, seguindo as directrices PRISMA (2020), realizando procuras nas seguintes bases de datos: Dialnet, Scopus, ProQuest e BASE . Os artigos atopados mostran que o traballo social xoga un papel crucial no control emocional, a asistencia en procedementos legais e a reconstrución do proxecto vital das vítimas. Resaltando a importancia dunha intervención ética, psicosocial e integral. Cabe destacar que a pesar de que hai políticas gobernamentais enfocadas nas vítimas do terrorismo, a produción científica específica derivada do traballo social é escasa. A literatura existente está dispersa, predominando os enfoques teóricos.

Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)