Estudo de biodispoñibilidade e metabolismo de bisfenol A e ftalatos en modelos murinos
Autoría
B.A.L.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]

Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O material plástico ao que estamos expostos diariamente adoita conter aditivos químicos que melloran as súas características fisicoquímicas, mais ultimamente descubriuse que moitos destes compostos poden producir efectos tóxicos no organismo. Neste traballo, seleccionáronse oito ftalatos e o bisfenol A para a administración oral a ratas Wistar coa fin de investigar a súa biodispoñibilidade. Estudáronse os compostos tanto libres (en disolución) como asociados a microplásticos, e obtivéronse mostras de plasma até 72 horas post-exposición. Logo, desenvolveuse unha metodoloxía analítica que permitiu extraer selectivamente as substancias escollidas da matriz biolóxica mediante un protocolo con desconxugación encimática e concentración das mostras. Finalmente, estas inxectáronse nun equipo de cromatografía líquida de ultra-alta resolución acoplada a espectrometría de masas co uso de dúas metodoloxías de adquisición para detectar, por unha banda, os niveis de concentración de ftalatos precursores e, por outra, os de ftalatos metabolitos e bisfenol A. Así, puideron calcularse parámetros toxicocinéticos e comparar estatísticamente os grupos experimentais. Comprobouse que os ftalatos e bisfenol A se atopan biodispoñibles tras a súa administración, e que se transforman no organismo coa conseguinte formación de metabolitos. Colectivamente, as concentracións plasmáticas dos ftalatos de cadea éster curta superaron ás dos de cadea longa (máis hidrófobos), que poderían presentar unha biodispoñibilidade máis limitada. Ao comparar o grupo que recibiu os compostos libres co que os recibiu adsorbidos en microplásticos, globalmente non houbo diferenzas nin para o bisfenol A nin para os ftalatos de cadea éster curta ou moi longa. Porén, estas foron significativas para algúns metabolitos ftalatos cunha cadea de seis a oito átomos de carbono, en cuxo caso a biodispoñibilidade resultou potenciada pola adsorción a polietileno. Isto é destacable dada a exposición continua á que nos sometemos e a súa perigosidade para a saúde, e salienta a necesidade de maior control e aposta por opcións máis seguras.

Dirección
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
ESTEVEZ DANTA, ANDREA Cotitoría

Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Desenvolvemento e xustificación científica dun complemento en po para deportistas a base de caseína A2.
Autoría
L.P.A.C.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.P.A.C.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Beta-caseína A2 presente no leite A2 constitúe unha variante proteica de dixestión lenta, con mellor tolerancia intestinal e menor potencial inflamatorio ca a beta-caseína A1, o que a converte nunha matriz nutricional de especial interese en estratexias de recuperación deportiva. O presente traballo integra a evidencia científica dispoñible sobre a caseína procedente de leite A2 e a súa combinación con compostos bioactivos destinados a optimizar a recuperación muscular, a saúde osteoarticular e a calidade do sono en deportistas sometidos a unha alta carga de adestramento. A partir dunha revisión narrativa da literatura científica publicada, con especial atención aos últimos 10 anos, analizáronse as bases fisiolóxicas, nutricionais e tecnolóxicas que sustentan a formulación teórica dun suplemento proteico en po baseado en caseína procedente de leite A2. A revisión inclúe estudos clásicos sobre cinética proteica e metabolismo anabólico, xunto con investigacións recentes sobre crononutrición e modulación inflamatoria. A formulación proposta combina caseína procedente de leite A2 con creatina monohidratada, magnesio bisglicinato, glicina, L-teanina, melatonina, vitaminas D3 e K2, coláxeno tipo II, ácido hialurónico, ácidos graxos omega-3 (EPA+DHA) e probióticos específicos (Lactobacillus plantarum PS128). A integración destes compostos permite abordar de maneira simultánea os principais determinantes da recuperación atlética: equilibrio anabólico, rexeneración muscular, modulación inflamatoria, función osteoarticular e calidade do descanso. Os resultados da revisión suxiren que o uso combinado de proteínas de dixestión lenta e cofactores funcionais representa unha estratexia viable e cientificamente respaldada para promover a recuperación integral do deportista durante o descanso, mantendo criterios de seguridade fisiolóxica, viabilidade tecnolóxica e ausencia de substancias prohibidas.

FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría

HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)

Os alxinatos como compoñente estrutural en paredes celulares sintéticas de algas pardas: impacto do procesado nas propiedades reolóxicas
Autoría
M.A.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
M.A.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
As algas pardas constitúen unha fonte relevante de polisacáridos estruturais con alto interese biotecnolóxico, entre os que destacan os alxinatos polo seu papel clave nas propiedades mecánicas, reolóxicas e funcionais da parede celular. Estudouse o papel do alxinato como compoñente estrutural en sistemas modelo da parede celular das algas pardas, avaliando o impacto do procesado sobre as súas propiedades fisicoquímicas e funcionais. Empregáronse hidroxeles de celulosa bacteriana como modelo simplificado de parede celular, combinados con dous tipos de alxinato (A e B) que difiren no contido de ácido beta-D-manurónico (M) e alfa-L-gulurónico (G), determinantes para a capacidade de xelificación e a rixidez. Analizouse o efecto do tratamento térmico a 90 C, ultrasóns e os procesos de liofilización e rehidratación sobre a viscoelasticidade, a resistencia mecánica e a capacidade de retención de auga dos hidroxeles. As propiedades mecánicas e reolóxicas caracterizáronse mediante ensaios de compresión e oscilación para avaliar a contribución do alxinato á rixidez e á estabilidade estrutural da matriz de celulosa. Ademais, aplicouse un protocolo de dixestión in vitro (INFOGEST) para analizar a estabilidade dos sistemas fronte a condicións gastrointestinais simuladas. Así mesmo, analizáronse as propiedades reolóxicas de dispersións da alga parda Saccharina latissima, rica en alxinatos, co fin de avaliar o incremento da viscosidade en función da concentración. Os resultados indican que o alxinato modifica o comportamento mecánico e reolóxico dos hidroxeles, variando segundo o tipo de alginato e o tratamento aplicado. Os resultados tamén mostraron que o comportamento reolóxico das dispersións de Saccharina latissima é semellante ao das dispersións vexetais. Estes resultados ofrecen unha comprensión máis profunda do papel do alxinato nas algas pardas e proporcionan información valiosa para optimizar o procesado de biomateriais e desenvolver ingredientes funcionais sostibles con propiedades reolóxicas melloradas.

CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANCHEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Captura de microplásticos na auga mediante substancias exopoliméricas microbianas
Autoría
O.F.B.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
O.F.B.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Os microplásticos (MPs) constitúen unha preocupación global emerxente pola súa acumulación e dano persistente en ecosistemas acuáticos. Dos microorganismos que normalmente colonizan estos MPs en biopelículas, denominadas platiesfera, aisláronse bacterias e microalgas con potencial de biodegradación; non obstante, non existen métodos sostibles para capturar e eliminar estos MPs das augas. Neste traballo aisláronse e identificáronse cepas bacterianas coa capacidade de agregar MPs en suspensión a partir de mostras de plástico recollidas de auga de río, o que serve como precedente para o desenvolvemento de ferramentas biotecnolóxicas para a captura de MPs. Estas cepas probáronse en distintas condicións para observar cómo distintos parámetros coma o tempo de incubación, axitación, disponibilidade de nutrintes, concentración de células bacterianas ou a presenza doutras bacterias con capacidade de agregación afectan á captura dos MPs. Entre os aislados deste cribado, a Bacillus sp. K8 mostrou a mellor capacidade de agregación de MPs tras 48h de incubación en axitación, conseguindo ata un 98% de eliminación de microesferas de poliestireno, comparable á cepa representativa dun cribado anterior realizado polo equipo, a Pseudomonas parakoreensis A16. Por último, co obxectivo de estudar o efecto da agregación na biodegradación dos plásticos, realizouse unha proba de concepto transformando a cepa P.parakoreensis A16 co xen FAST-PETasa de degradación de PET.

ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
OTERO CASAL, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Innovación a microescala: estratexias miniaturizadas para o tratamento de mostras alimentarias
Autoría
L.B.R.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.B.R.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
A preparación da mostra constitúe unha etapa crítica para o análise de alimentos, especialmente en matrices complexas, tales como son o aceite, o viño e outros alimentos, onde os analitos de interese se encontran en baixa concentración ou onde a composición heteroxénea dificulta a extracción e detección dos analitos de interese. Nos últimos anos, o desenvolvemento de dispositivos miniaturizados revolucionou este campo, permitindo o uso de procedementos máis rápidos, sostibles e con un menor consumo de reactivos. Neste traballo realizase unha revisión crítica dos principais avances en tecnoloxías miniaturizadas aplicadas á preparación da mostra a partir de alimentos complexos. Para isto, analízanse diferentes estratexias, como a microextracción en fase sólida, a microextracción líquido-líquido dispersiva, os sistemas microfluídicos e as plataformas integradas tipo Lab-On-a-Chip; destacando os seus principios de funcionamento, os materiais empregados, o grao de automatización e a aplicabilidade a distintos tipos de matrices alimentarias, principalmente para ácidos nucleicos. Finalmente, abórdanse as tendencias emerxentes orientadas á dixitalización, portabilidade e monitorización en tempo real; así como os retos asociados á validación e estandarización de estes sistemas para a súa implantación en laboratorios e entornos industriais. Os dispositivos miniaturizados representan, por tanto, unha ferramenta clave para avanzar hasta un análise de alimentos máis eficiente, sostible e de alta precisión

PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
Valorización de subprodutos da industria láctea mediante procesos biotecnolóxicos para o desenvolvemento de bases alimentarias funcionais
Autoría
N.A.C.B.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
N.A.C.B.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
A perda e desperdicio de alimentos constitue un dos maiores desafios do sistema alimentario, representando aproximadamente un terzo da producion global e xerando importantes externalidades ambientais negativas. A industria lactea contribue significativamente a este impacto, xerando residuos liquidos con elevado potencial contaminante, sendo o soro de queixeria o principal subproducto. A UE, segundo produtor mundial de leite, destina preto da metade da explotacion leiteira a elaboracion de queixos, coa consecuente xeracion de grandes volumes de soro de queixeria. Ainda que o soro conserva gran parte do valor nutritivo do leite, o sector lacteo, conformado na sua maioria por pequenas e medianas empresas (PEME), enfronta limitacions economicas e tecnologicas que dificultan encaminalo dentro dun sistema de economia circular. Neste contexto, o presente traballo busco desenvolver unha estrategia de valorizacion do soro de queixeria mediante procesos fermentativos, dada a sua simplicidade operativa, baixo custo e o seu potencial biotecnologico, orientado a obtencion dunha base probiotica, en linea coa crecente preocupacion dos consumidores pola saude e o constante aumento na demanda de produtos funcionais. Os ensaios preliminares permitiron establecer unha temperatura de 20 C e un tempo de 24 horas como condicions adecuadas para favorecer un crecemento microbiano estable, limitando a producion de metabolitos indesexables. O escalado en biorreactor confirmou estes resultados e evidencio unha posible reducion do tempo de 24 a 18 horas. A base obtida mostro estabilidade microbiologica e reconto de microorganismos viables compatibles con potencial probiotico durante 9-10 dias en condicions tipicas de refrixeracion. En conxunto, os resultados demostran a idoneidade da matriz para o desenvolvemento dunha base probiotica mediante procesos biotecnologicos de baixo investimento e abre camiño a futuras liñas de investigacion relacionadas coa producion de compostos bioactivos de interes.

CAZON DIAZ, PATRICIA (Titoría)
ALVAREZ ALVAREZ, ANA MARIA Cotitoría
CAZON DIAZ, PATRICIA (Titoría)
ALVAREZ ALVAREZ, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)

Análise Molecular e Celular en Dermatite Atópica: Identificación de Biomarcadores e Dianas Terapéuticas con Enfoque en Inflamación e Fibrose
Autoría
E.C.G.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
E.C.G.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A dermatite atopica e unha enfermidade inflamatoria cronica que afecta a pel con diferentes graos de intensidade Neste traballo trataranse os fenotipos de dermatite clasica e prurigo nodular en contexto atopico As persoas con dermatite atopica presentan alteracions inmunoloxicas e na barreira epidermica o que desemboca en inflamacion permanente e nun alto risco de entrada de patoxenos e alerxenos Ademais a fibrose e frecuente e dificulta a rexeneracion funcional do tecido A pesar destas caracteristicas desconhecense con exactitude as diferenzas entre dermatite atopica e prurigo nodular O obxectivo deste traballo e atopar biomarcadores potenciais especificos para a dermatite atopica clasica e o prurigo nodular mediante a caracterizacion das diferenzas moleculares e celulares na inflamacion cronica destes fenotipos A metodoloxia aplicada consistiu na analise por citometria de fluxo de mostras de sangue venosa de individuos sans e pacientes con dermatite atopica clasica ou prurigo nodular, asi como nunha analise proteomica preliminar de biopsias de tecido san e lesional en individuos con dermatite atopica Os datos de citometria de fluxo revelaron niveis mais altos de eosinofilos totales e unha maior proporcion de eosinofilos inflamatorios nos fenotipos atopicos en comparacion cos controis sans Ademais o perfil eosinofilico destes pacientes caracterizouse por unha activacion elevada do marcador IL3Ra e unha diminucion do marcador IL5Ra Na analise proteomica detectouse unha reducion significativa de proteinas asociadas a diferenciacion de queratinocitos KRT2 KRT10 e de caracter antiinflamatorio familia SLRP na pel lesionada en comparacion coa pel sa En base aos resultados obtidos neste estudo piloto evidenciase a necesidade de profundar nos mecanismos proinflamatorios mediante unha poboacion de estudo mais ampla que permita detectar diferenzas claras entre a dermatite atopica clasica e o prurigo nodular

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER Cotitoría

LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Optimización dun constructo CAR e produción de lentivirus
Autoría
M.F.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
M.F.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
As terapias con células T portadoras de receptores de antíxeno quiméricos (CAR-T) consolidáronse como una das estratexias máis eficaces en oncoloxía, especialmente nas neoplasias hematolóxicas. Porén, a súa aplicación en tumores sólidos e o seu desenvolvemento en contornas académicas continúan presentando retos importantes, tanto biolóxicos como técnicos, entre os que destaca a complexidade do proceso de fabricación. Neste contexto, a optimización da produción lentiviral e a validación funcional das células CAR-T xeradas constitúen pasos clave para mellorar a reproducibilidade e a viabilidade destas terapias. Neste Traballo Fin de Máster abordouse a optimización da produción de vectores lentivirais que codifican un CAR anti-claudina 18.2 desenvolvido nun contexto académico, así como a avaliación in vitro da actividade citotóxica destas células CAR-T. Para a produción lentiviral comparáronse distintos deseños experimentais que variaban o reactivo de transfección (PEI e TransIT-LT1), as proporcións de DNA plasmídico e a cantidade de reactivo empregada. A eficiencia de cada condición avaliouse mediante a transdución de células JURKAT e a análise da expresión do CAR por citometría de fluxo. Os resultados permitiron identificar como condición óptima o uso de 7.5 microlitros do reactivo TransIT-LT1 xunto coas distribucións de DNA plasmídico correspondentes ao deseño experimental B. Finalmente, a funcionalidade das células CAR-T anti-claudina 18.2 avaliouse mediante o ensaio HiBiT Target Cell Killing Bioassay, confirmándose unha actividade citotóxica específica fronte a células diana claudina 18.2 positivas.

SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Boquete Vilariño, Lorena Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Boquete Vilariño, Lorena Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Estudo computacional da interacción e recoñecemento entre marcas epixenéticas das histonas e o dominio YEATS
Autoría
N.F.E.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
N.F.E.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Os dominios YEATS participan no recoñecemento de modificacións postraduccionais das lisinas nas histonas e desempeñan un papel clave na regulación da expresión xénica. Neste traballo, empregáronse simulacións computacionais para estudar a interacción entre a lisina 9 da histona H3 (H3K9) modificada por acetilación, crotonilación, butirilación e benzoilación co dominio YEATS da proteína humana AF9, incluíndo unha análise comparativa co seu homólogo Taf14 de lévedos no caso da crotonilación. Realizáronse simulacións de dinámica molecular de 100 ns para avaliar a estabilidade estrutural, a dinámica conformacional e as interaccións non covalentes. Os complexos mostraron unha elevada estabilidade con flutuacións moderadas. A análise xeométrica confirmou o papel clave dos residuos aromáticos F28, F59 e Y78 no peto de unión, que permiten unha interacción pi esencial para o apilamento coa lisina modificada nunha conformación tipo sándwich. Ademais, o residuo Y78 establece un enlace de hidróxeno coa lisina modificada, contribuíndo de maneira decisiva á estabilización do complexo. As distintas acilacións xeran patróns de interacción específicos en función da hidrofobicidade, do volume e da carga da cadea lateral resultante. Observouse unha maior estabilización nos complexos crotonilados e benzoilados, asociada á maior rixidez e volume destas modificacións. No caso crotonilado de AF9, a mutación Y78W incrementa notablemente a atracción, reproducindo o comportamento do homólogo Taf14, cuxo peto máis aberto favorece interaccións máis intensas. En conxunto, este estudo fornece unha descrición detallada dos mecanismos estruturais e enerxéticos implicados no recoñecemento altamente selectivo de diversas marcas epixenéticas polo dominio YEATS.

Evaluación do xen Lupeol para o desenvolvemento de métodos rápidos para a identificación de variedades de aceituna para a industria oleícola
Autoría
A.C.F.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
A.C.F.F.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O aceite de oliva é un produto de alto valor económico, cultural e nutricional, cuxa calidade e autenticidade dependen en gran medida da variedade de oliva utilizada. Non obstante, a existencia de fraude intencionado e/ou non intencionado supón un desafío para a autenticidade e a trazabilidade deste produto. Neste contexto, os métodos moleculares baseados na análise de ADN representan unha ferramenta fiable e amplamente explorada para a identificación varietal. Polo tanto, este Traballo de Fin de Máster aborda o desenvolvemento dunha estratexia de identificación varietal baseada no uso de polimorfismos dun só nucleótido (SNPs) para a diferenciación de variedades de Olea europaea. Especificamente, o estudo céntrase no xene lupeol sintasa (OEW), descrito previamente como unha rexión de interese para este tipo de métodos moleculares. Tras a amplificación e secuenciación do xene OEW, realízase unha análise bioinformática para identificar catro SNPs con potencial discriminatorio entre as variedades estudadas. A partir destes catro SNPs, deseñáronse tres ensaios de xenotipado mediante qPCR con sondas TaqMan, o que permite a diferenciación inequívoca das variedades Koroneiki, Kilis Yaglik e Brava. Ademais, a combinación dos resultados obtidos co xene OEW con datos previos obtidos co xene cicloartenol sintasa (OEX) aumenta o poder discriminatorio do método. Os resultados obtidos demostran o potencial dos métodos moleculares baseados en qPCR para a identificación varietal das oliveiras, contribuíndo a mellorar a trazabilidade, a autenticidade e a prevención da fraude no sector oleícola, e reforzando asimesmo o valor das variedades tradicionais desta especie.

CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
CALO MATA, MARIA DEL PILAR Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
Análise do papel da publicidade sobre a alimentación saudable
Autoría
P.F.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
P.F.G.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
O obxectivo do presente estudo é analizar a publicidade televisiva actual e a percepción das persoas consumidoras sobre a influencia desta publicidade nos seus hábitos de compra e consumo. Por unha banda, analízase a publicidade emitida durante un período de quince días nas cadeas Antena 3, Telecinco e a TVG, en dúas franxas horarias: de 16:00 a 18:00 horas e de 21:00 a 24:00 horas. A partir dunha investigación previa, realizouse unha comparativa da evolución da publicidade entre os anos 2024 e 2025. Analizáronse un total de 13.661 anuncios, dos cales 4.386 (32 %) pertencen ao sector alimentario. Estes anuncios clasificáronse segundo a temática en: alimentos, supermercados, restaurantes, apps delivery, complementos/suplementos alimenticios e campañas de promoción da saúde. Os anuncios alimentarios agrupáronse segundo a clasificación NOVA, revelando o predominio de ultraprocesados (IV), aínda que con tendencias positivas, ao observarse unha diminución no ano 2025 fronte ao 2024. A categoría de alimentos minimamente procesados (I) mantense estable, mentres que os procesados (III) aumentan a súa presenza. Entre os cambios máis significativos, obsérvase un descenso case total da publicidade de bebidas alcohólicas. Doutra banda, realizouse un estudo de consumidores (n = 207) para analizar a influencia percibida da publicidade nos seus hábitos. Os resultados indican que a poboación non se considera directamente influenciada, aínda que identifica os menores de 18 anos como un grupo vulnerable. Ademais, sinalan que a información nutricional resulta insuficiente. Así mesmo, reforzan a necesidade dunha maior regulación da publicidade alimentaria, especialmente destinada á poboación infantil. Finalmente, en vista do exposto, destácase o papel da publicidade sobre a alimentación saudable e a relevancia dos Dietistas-Nutricionistas tamén neste ámbito.

ROMERO RODRIGUEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
ROMERO RODRIGUEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Envases comestibles a base de proteínas do soro lácteo e a súa aplicación en distintos alimentos.
Autoría
T.F.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
T.F.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O envasado de alimentos sempre foi un área de interese para a industria alimentaria, pero nos últimos anos, tamén o está a ser para os consumidores polo recente desenvolvemento da conciencia ambiental, así como a demanda de alimentos seguros, saudables e estables. Na súa maioría, os envases empregados son de plástico, vidro, metal ou papel, que son materiais cunha alta contaminación ambiental, polo que se comezou a buscarbalternativas cun valor de residuos próximo a cero e que poidan ser comestibles. A vantaxe deste tipo de envases é a biodegradabilidade e a ausencia de contaminación dos alimentos. Os envases comestibles poden ser baseados en polisacáridos, lípidos ou proteínas. Centrarémonos nestas últimas, e máis concretamente nas proteínas do soro lácteo. O soro lácteo é un subproduto da industria queixeira, é moi abundante e o seu vertido ao medio ambiente pode xerar graves problemas de contaminación ambiental. Por outro lado tamén contén valiosos nutrientes. Neste contexto, procesalo e reutilizalo para crear envases comestibles a base de proteínas do soro lácteo ten o dobre interese de xerar envases biodegradables e evitar o vertido do soro. Na seguinte revisión bibliográfica explicamos a forma de elaboración deste tipo de envases, definimos as súas propiedades e resumimos as súas aplicacións actuais.

COBOS GARCIA, ANGEL (Titoría)
COBOS GARCIA, ANGEL (Titoría)
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
Extracción e caracterización de laminarina de Saccharina latissima como biopolímero para aplicacións na industria alimentaria
Autoría
M.L.A.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
M.L.A.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
A gran cantidade de residuos non biodegradables xerados polos envases tradicionais impulsou a busca de alternativas de orixe renovable que permitan avanzar cara a sistemas máis sostibles. Entre as opcións emerxentes, os biopolímeros derivados de algas destacan pola súa dispoñibilidade, perfil de seguridade e diversidade de polisacáridos funcionais. Neste traballo formulouse a obtención dunha fracción rica en laminarín a partir da macroalga parda Saccharina latissima, co dobre obxectivo de (i) establecer un protocolo reproducible de extracción e purificación mediante membranas e (ii) avaliar o seu potencial funcional para aplicacións en materiais en contacto con alimentos. A estratexia combinou hidrólise ácida suave (HCl 0,075 M; 70 C) asistida por ultrasóns, clarificación e ultrafiltración secuencial (300 - 30 - 10 - 5 kDa), considerando o retentado final de 5 kDa (U5R) como concentrado de interese (5 - 10 kDa) e obtendo un liofilizado final. O protocolo avaliouse baixo dúas relacións sólido:líquido (1:14 e 1:12). A recuperación tras a clarificación situouse arredor do 83-86% e o rendemento global do liofilizado U5R entre 1,40 e 1,93% (m/m), en función da condición. A caracterización composicional do U5R indicou unha presenza relevante de beta glucanos entre 14,89 e 22,24% (p/p, base seca). A fracción presentou actividade antioxidante moderada-alta, con inhibicións en DPPH entre 62,08 e 80,67% e en ABTS entre 63,01 e 94,38%, segundo a condición. Os perfís UV-Vis (200-400 nm), a colorimetría CIELAB e o FTIR-ATR foron consistentes cunha matriz predominantemente polisacárida que conserva co-extractos con contribución óptica. Como proba de concepto, incorporouse U5R (condición 1:12) en películas de PVA, observándose unha redución da transmitancia UV do material e cambios nas propiedades do film (humidade e resistencia á punción).

Desenvolvemento, caracterización e evaluación preclínica de nanopartículas para terapias avanzadas.
Autoría
S.L.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
S.L.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
As terapias de células adoptivas e os sistemas de edición xenética como CRISPR/Cas9 son unha ferramenta innovadora para a creación de tratamentos máis eficaces contra o cancro e as enfermidades raras. Sen embargo, presentan unha serie de limitacións das cales destacaremos o uso de vectores virais que poden causar mutaxénesis insercional, efectos “off-target”, risco de inmunoxenicidade e procesos complexos de fabricación. Por isto, a nanotecnoloxía representa una solución poderosa a todas estas limitacións, permitindo xerar nanosistemas que se dirixan específicamente a un tipo celular, disminuíndo os efectos secundarios. Neste estudio propuxemos como obxectivo o desenvolvemento de nanopartículas lipídicas (LNPs) para o seu uso en edición xenética de linfocitos T e macrófagos. Comezouse encapsulando ARNm FLuc, ARNm eGFP, ARNm sgPLK1 con ARNm de Cas9 e ADNp CAR-GFP, e continuouse coa caracterización físico-química das LNPs resultantes. Lévaronse a cabo optimizacións do método de eficacia de encapsulación (EE%) directo, experimentos de transfección en liñas celulares inmortalizadas, Jurkat e THP-1, e en linfocitos T CD4+/CD8+ humanos primarios. Os resultados obtidos amosan que é posible obter LNPs DIVTECH con propiedades adecuadas para a asociación de diferentes tipos de ácidos nucleicos. Os ensaios para a cuantificación da EE% de forma directa, indican que é necesario continuar optimizando a metodoloxia, polo que, empregouse a cuantificación de forma indirecta. Ademais, confirmouse que as LNPs DIVTECH permiten transfectar exitosamente células Jurkat e linfocitos T CD4+/CD8+ primarios, mentres que presenta valores menores en células THP-1 diferenciadas a macrófagos M2. Estos resultados indicanos, que a nosa formulación DIVTECH, presenta un gran potencial para a liberación de diferentes moléculas a células do sistema inmunitario, sendo necesario facer axutes na composición para mellorar a eficiencia de transfección para cada tipo celular. Esto permitirá avanzar no deseño dunha terapia avanzada novedosa.

LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
De la Fuente Freire, María Cotitoría
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
De la Fuente Freire, María Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Deseño da validación da simulación do proceso aséptico para a fabricación dunha terapia celular baseada en linfocitos T específicos fronte CMV
Autoría
E.M.C.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
E.M.C.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A terapia con células T virus-específicas podería ser a solución en pacientes inmunodeprimidos fronte ó desenvolvemento de infeccións virais comúns, como o citomegalovirus, en lugar de recorrer ao uso de fármacos antivirais, causantes de multitude de efectos adversos. Este tipo de terapias celulares está sendo probada en numerosos ensaios clínicos, como o Inmunocell-CTMV-2019 do Sistema de Terapias Avanzadas de Cantabria, que desenvolveu unha terapia con células CMV-específicas destinada a pacientes sometidos a transplante de proxenitores hematopoiéticos. De cara á produción real do fármaco, é preciso levar a cabo un proceso coñecido como Media Fill, no que se reproducen con fidelidade as etapas que require a fabricación, mais substitúense os materiais e reactivos por outros dun formato e presentación semellante, pero que permiten o crecemento de microorganismos. O Media Fill permite avaliar se os procedementos empregados producirían ou non un produto final aséptico, acaído para o seu subministro terapéutico a un paciente. O presente traballo propón un modelo de deseño de Media Fill para o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, así como amosa os resultados obtidos nunha simulación real nas súas instalacións, co obxectivo de que no futuro e tras a realización das tres simulacións asépticas consecutivas validadas necesarias, poida converterse nun centro produtor da terapia.

López Lorenzo, Nuria Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
López Lorenzo, Nuria Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Papel do splicing alternativo de Myo6 nas funcións das células de Schwann
Autoría
P.O.F.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
P.O.F.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
A miosina VI (MYO6) é unha miosina non convencional cun papel esencial no tráfico vesicular e a dinámica do citoesqueleto de actina. A diferenza doutras miosinas, MYO6 desprázase cara ao extremo negativo do filamento de actina, o que lle confire funcións específicas en procesos como a endocitosis e a secreción. Diversos estudos demostraron que o splicing alternativo en Myo6 xera isoformas con localización e funcións diferenciadas; con todo, o papel destes eventos nas células de Schwann durante a mielinización permanece sen caracterizar. Mediante unha análise in silico previo identificouse un evento específico de splicing alternativo en Myo6 como candidato de interese en células de Schwann. Devandito evento foi validado experimentalmente en cultivos in vitro destas células e en nervio periférico lesionado, así como en condicións promielinizantes in vitro inducidas pola activación da vía do AMPc. Mediante técnicas de RT-PCR e RT-qPCR analizouse a regulación do splicing alternativo e a expresión génica total de Myo6, xunto cun conxunto de xenes candidatos funcionalmente relacionados seleccionados neste estudo. Os resultados mostraron que Myo6 presenta un splicing alternativo detectable e que a activación da vía do AMPc regula de forma reproducible o evento analizado. Á súa vez, o tratamento con AMPc afecta significativamente os niveis de expresión de Myo6 e os seus xenes relacionados Uspl1, Vldlr e Sun1, mentres que Ptpdc1 non mostrou cambios relevantes. Ademais, os cambios observados a nivel transcriptómico en Myo6 acompañáronse dun aumento significativo da proteína MYO6, así como da detección de múltiples formas proteicas. En conxunto, estes resultados apoian que o splicing alternativo de Myo6 constitúe un mecanismo de regulación postranscripcional potencialmente relevante na plasticidade funcional das células de Schwann, especialmente en contextos asociados a mielinización.

Woodhoo , Ashwin Cotitoría
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
ROMERO BERNARDEZ, MANUEL (Titoría)
Woodhoo , Ashwin Cotitoría
RIOBELLO SUAREZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Presidente/a)
GARCIA MENENDEZ, VANESA (Secretario/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Vogal)
Senescencia inducida en hepatocitos humanos e a súa influencia sobre p107.
Autoría
L.O.V.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
L.O.V.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [S]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A enfermidade de fígado graxo asociada a disfunción metabólica (MASLD) é unha patoloxía en continuo aumento, cuxa prevalencia se incrementa coa idade. Recentes estudos relacionan senescencia con progresión da enfermidade hepática ao asociarse a acumulación de células senescentes con maior depósito lipídico e disfunción metabólica. Sen embargo, os modelos de senescencia en hepatocitos humanos seguen sendo pouco explorados. Por outra parte, a asociación de reguladores do ciclo celular e a súa relación co metabolismo lipídico e senescencia comezou a xurdir. Dentro deles, p107 proteína da familia RB e do que se demostrou ter un papel relevante no metabolismo lipídico suscitou o noso interese. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Máster será desenvolver e optimizar un modelo de senescencia inducida polo quimioterápico doxorrubicina en hepatocitos humanos (HepG2 e THLE-2) e estudar a posible influenza de p107 durante este proceso. Para iso, avaliaranse diferentes condicións de tratamento e maduración, coa caracterización do seu fenotipo senescente e estudar a influenza de p107 durante este proceso. O establecemento dun modelo celular fiable permitirá estudar en futuras fases, como a senescencia hepática e p107 poden influír na aparición e desenvolvemento de MASLD.

TOVAR CARRO, SULAY AMPARO Cotitoría
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Extracción e Caracterización de Compostos Antioxidantes Derivados de Algas: Potencial Aplicación na Industria Alimentaria
Autoría
C.O.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
C.O.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
O presente traballo de fin de mestrado ten como obxectivo avaliar o potencial antioxidante de extractos obtidos a partir de distintas especies de algas mariñas, cunha posible aplicación na industria alimentaria como fonte natural de compostos bioactivos de interese funcional. Estudáronse once especies de algas, clasificadas segundo a coloración predominante do seu talo en algas vermellas (Rodofíceas), pardas (Feofíceas) e verdes (Clorofíceas). As mostras sometéronse a diferentes métodos de extracción (Ultra-Turrax -UT-, baño de ultrasóns -BUS- e a combinación de ambos -UT+BUS-). Posteriormente, avaliouse a súa capacidade antioxidante mediante os ensaios espectrofotométricos de DPPH e ABTS+. De forma complementaria, o residuo sólido xerado tras a extracción inicial foi sometido a un proceso de saponificación, obténdose extractos adicionais para a súa análise. Así mesmo, analizáronse as propiedades cromáticas dos extractos mediante o sistema CIELab (L*, a*, b*) e estudouse a transmitancia na rexión ultravioleta (200-400 nm), co obxectivo de avaliar o seu potencial efecto barreira fronte á radiación UV. Os resultados amosaron que, de forma xeral, as algas pardas presentaron os valores máis elevados de capacidade antioxidante en ambos ensaios. A combinación dos métodos de extracción permitiu mellorar a recuperación de compostos antioxidantes en determinadas especies. Os extractos obtidos tras a saponificación conservaron unha actividade antioxidante relevante, evidenciando o interese de aplicar etapas de extracción complementarias. En relación coa barreira UV, os extractos presentaron unha elevada absorción na rexión UVC-UVB, con valores de transmitancia inferiores ao 10 % en numerosos casos. En conxunto, o estudo identifica especies de algas con elevado potencial antioxidante e funcional, cunha posible aplicación como ingredientes naturais ou compoñentes activos en sistemas de envasado alimentario. Así mesmo, promóvese un aproveitamento integral da biomasa algal, orientado a maximizar a recuperación de compostos de interese e a revalorización dos subprodutos.

Estudios de irradiación en alimentos e materiais de contacto alimentario
Autoría
E.R.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
E.R.L.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
Os alimentos e ingredientes alimentarios trátanse con radiacións ionizantes entre outros fins para reducir a incidencia de enfermidades de transmisión alimentaria, ou diminuír o deterioro dos produtos alimentarios. As Directiva 1999/2/CE e 1999/3/CE establecen o marco normativo que regula a aplicación de radiacións ionizantes aos alimentos dentro da Unión Europea. A seguridade alimentaria é un aspecto crítico que debe abordarse nos alimentos irradiados. Dado que a maioría destes alimentos irrádianse unha vez envasados, resulta imprescindible coñecer os efectos da irradiación sobre os materiais plásticos de envasado por exemplo se se teñen xerado novos compostos, etc. os cales teñen o potencial de migrar aos alimentos, e con elo afectar a saúde do consumidor. Neste Traballo Fin de Máster proponse levar a cabo unha revisión bibliográfica do estado actual do tema sobre a irradiación de alimentos e materiais plásticos de envasado de alimentos prestando atención aos aspectos de seguridade alimentaria, así como a situación dende o punto de vista regulatorio noutros países. Trala revisión dos diferentes artigos publicados nos últimos 10 anos, os resultados mostran que a irradiación é unha tecnoloxía segura e eficaz para prolongar a vida útil dos alimentos e evitar perdidas poscolleita. Non obstante, ponse de manifesto a necesidade de seleccionar materiais de envasado axeitados cuxa composición non sexa alterada pola irradiación, evitando así un aumento na liberación de posibles migrantes, e garantindo a seguridade do produto final.

BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
SENDON GARCIA, RAQUEL Cotitoría
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL Cotitoría
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
SENDON GARCIA, RAQUEL Cotitoría
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL Cotitoría
Tribunal
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Diverxencia radical impulsada polo metal: Cu e Co como directores de rutas redox en modelos bioinorgánicos
Autoría
M.R.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
M.R.P.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster preséntase un estudo comparativo sobre a influencia da identidade metálica na activación redox dun ligando fenólico potencialmente non inocente. Para iso, empregouse un ligando amina bis(fenolato), que foi sintetizado e caracterizado, e desenvolveuse unha metodoloxía de síntese electroquímica baseada no uso de ánodos metálicos consumibles para a obtención de complexos neutros de cobalto e cobre. O ligando compórtase como un sistema electrónicamente inocente en estado libre, actuando como un marco estrutural latente cuxa reactividade redox só se activa tras a coordinación metálica. A caracterización estrutural e espectroscópica dos complexos obtidos revela un comportamento redox claramente dependente do metal. No sistema de cobalto, a electrólise conduce inicialmente a un complexo de CoII que evoluciona espontaneamente en aire cara a unha especie CoIII semiquinona, na que se estabiliza un estado radicalario centrado no ligando. Pola contra, o sistema de cobre non permite a estabilización de especies radicalarias persistentes, promovendo procesos de activación oxidativa transitoria que conducen á transformación irreversible do ligando e á formación dun complexo cun fragmento aldehido. A comparación directa de ambos sistemas demostra que a identidade metálica dirixe de forma decisiva as rutas redox accesibles. Desde unha perspectiva bioinorgánica, estes resultados constitúen modelos sintéticos simples pero informativos para racionalizar estratexias oxidativas diverxentes en sistemas con ligandos fenólicos, en analoxía conceptual con metaloencimas dependentes de cobalto e cobre.

RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA Cotitoría
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Estudo de compostos de orixe natural en canles TRPV1
Autoría
U.R.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
U.R.R.
Máster Universitario en Biociencias Moleculares [L]
Data da defensa
13.02.2026 16:00
13.02.2026 16:00
Resumo
A intoxicación por ciguatera (CFP) é unha enfermidade transmitida por alimentos causada polo consumo de produtos mariños contaminados con ciguatoxinas (CTXs). A incidencia da CFP aumentou nos últimos anos como consecuencia do cambio climático e da expansión xeográfica de microalgas produtoras de toxinas. A CFP caracterízase por unha ampla variedade de síntomas gastrointestinais, cardiovasculares e neurosensoriais, moitos dos cales aínda non teñen unha explicación fisiopatolóxica. De xeito semellante, a intoxicación neurotóxica por mariscos (NSP), causada polas brevetoxinas (BTXs), presenta unha sintomatoloxía neurolóxica comparable. Aínda que o principal mecanismo de acción descrito para as CTXs e as BTXs é a activación dos canais de sodio dependentes de voltaxe, este mecanismo non explica por completo a diversidade e a persistencia dalgúns síntomas sensoriais asociados a ambas intoxicacións. No presente traballo investigouse o efecto de P-CTX-3C e de BTX-3 sobre os canais humanos do receptor de potencial transitorio vaniloide tipo 1 (TRPV1), un canal iónico implicado na percepción da dor, da temperatura e en procesos inflamatorios. Para iso, realizáronse estudos electrofisiolóxicos en células HEK293 que expresan o receptor TRPV1 humano, avaliando a modulación do canal baixo distintas condicións fisiolóxicas. Os resultados obtidos mostraron que P-CTX-3C potencia significativamente a actividade do receptor TRPV1, efecto que se ve amplificado en condicións de pH ácido, estrés oxidativo, aumento do ATP intracelular e en presenza do ligando endóxeno anandamida. Estas condicións incrementaron a amplitude das correntes do canal e desprazaron a súa activación cara a potenciais máis hiperpolarizados. Pola contra, a BTX-3 non mostrou efectos directos sobre o receptor TRPV1. Non obstante, a combinación de BTX-3 con P CTX-3C mostrou un efecto alostérico, activando de maneira significativa os canais TRPV1.

VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
POLO TOBAJAS, ESTER (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Inhibición do quorum sensing como estratexia para o control dos biofilms bacterianos no ámbito alimentario
Autoría
M.S.C.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
M.S.C.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
Os biofilms bacterianos constitúen unha forma avanzada de resistencia microbiana que facilita a contaminación de superficies e produtos, acelera a deterioración de alimentos e permite a persistencia de patóxenos incluso tras procesos de hixienización, o que supón un desafío crecente para a industria alimentaria. Neste contexto, o quorum sensing recoñécese como un mecanismo clave de sinalización na formación e persistencia de biofilms, o que posiciona as estratexias de inhibición de dita sinalización, tamén coñecidas como quorum quenching, como unha alternativa innovadora para o seu control. A través dunha revisión bibliográfica, este traballo pretende analizar o papel do quorum sensing no desenvolvemento dos biofilms bacterianos de interese para o ámbito alimentario, así como revisar as principais estratexias dirixidas á súa inhibición e a eficacia destas sobre matrices alimentarias e superficies de contacto. Ademais, examínase o grao de aplicabilidade actual destas estratexias no sector alimentario, coa finalidade de avaliar o potencial da inhibición do quorum sensing como ferramenta eficaz para mellorar a seguridade alimentaria sen recorrer ao uso de antimicrobianos convencionais, recoñecendo á súa vez os diferentes aspectos críticos que aínda deben superarse para a súa implementación a nivel industrial.

Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Vogal)
Bebidas fermentadas non lácteas: innovación tecnolóxica e potencial funcional na nutrición humana
Autoría
L.S.A.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
L.S.A.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
As bebidas fermentadas non lácteas (BFNL) espertaron un interese especial nos últimos anos como alternativas funcionais aos produtos lácteos, impulsadas polos cambios nos hábitos de consumo, as restricións dietéticas e a demanda de alimentos máis sostibles. O obxectivo deste traballo é analizar o coñecemento actual sobre as BFNL desde unha perspectiva microbiolóxica, tecnolóxica, funcional e nutricional. Realizouse unha revisión bibliográfica da literatura científica publicada entre 2015 e 2025 mediante a consulta das bases de datos Scopus e Web of Science, analizando un total de 113 artigos científicos. Nunha primeira fase revísanse os principios microbiolóxicos e bioquímicos que sustentan a fermentación de matrices vexetais, abordando os principais tipos de fermentación implicados e os grupos microbianos máis relevantes, incluíndo bacterias do ácido láctico, lévedos e bacterias do ácido acético. Así mesmo, analízanse as principais BFNL descritas na literatura científica, como a kombucha, o kéfir de auga e o bors, xunto cunha comparativa dos seus perfís nutricionais en función da matriz vexetal de orixe. Posteriormente, examínanse as tecnoloxías emerxentes aplicadas á elaboración, conservación e estabilización das BFNL, así como o seu potencial funcional, afondando na xeración de compostos bioactivos e na evidencia preclínica e clínica dispoñible sobre o seu impacto na saúde. O traballo tamén explora estratexias innovadoras de formulación, como o uso de subprodutos agroindustriais e a fortificación con fibras, minerais e vitaminas, destacando a súa contribución á sustentabilidade e á mellora do perfil funcional das BFNL. Finalmente, revísanse os factores sensoriais que condicionan a aceptación do consumidor e as tendencias actuais do mercado. A evidencia analizada sitúa as BFNL como unha plataforma versátil para o desenvolvemento de bebidas funcionais, aínda que salienta a necesidade de máis investigación para consolidar os seus beneficios e a súa viabilidade a escala industrial.

MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
COBOS GARCIA, ANGEL (Presidente/a)
TORRES PEÑA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Percepción e consumo de probióticos en persoas celíacas de Galicia e a súa relación cos síntomas dixestivos e coa calidade de vida (2025)
Autoría
G.A.V.T.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
G.A.V.T.
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
Data da defensa
13.02.2026 08:30
13.02.2026 08:30
Resumo
Introdución: A enfermidade celíaca é unha patoloxía crónica cuxo tratamento principal é a dieta sen glute. Non obstante, moitas persoas adultas continúan presentando molestias dixestivas e limitacións na súa calidade de vida, o que xerou interese polo uso de probióticos como estratexia complementaria. Obxectivo: O obxectivo deste estudo foi describir a percepción, o consumo e as actitudes cara aos probióticos en persoas adultas con enfermidade celíaca en Galicia, así como a sintomatoloxía dixestiva e a calidade de vida percibida. Método: Realizouse un estudo observacional, transversal e descritivo nunha mostra de 167 persoas adultas con enfermidade celíaca residentes en Galicia, mediante un cuestionario en liña que incluíu preguntas sobre probióticos e os cuestionarios CeD-GSRS e CD-QOL. A análise foi exclusivamente descritiva. Resultados: Os resultados mostran un alto coñecemento sobre os probióticos e unha percepción maioritariamente favorable cara ao seu uso. O consumo foi frecuente, principalmente a través de alimentos fermentados. A sintomatoloxía dixestiva foi leve na maioría das persoas participantes, aínda que se identificou un subgrupo con molestias moderadas. A calidade de vida describiuse en maior proporción nos ámbitos social, emocional e económico. Conclusión: Observouse unha percepción positiva e un consumo frecuente de probióticos, xunto cunha presenza maioritaria de sintomatoloxía dixestiva leve e áreas específicas de afectación na calidade de vida.

JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)