Desenvolvemento dunha metodoloxía LC MS MS para a determinación de cocaína e metabolitos, incluído AEME, en fluído oral, e aplicación a mostras de condutores.
Autoría
B.A.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
B.A.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A cocaína segue sendo un problema social e de saúde pública de primeira orde con implicacións significativas para a seguridade viaria. Aínda que o clorhidrato de cocaína é a forma máis prevalente en Europa existe unha tendencia crecente no consumo da súa forma base coñecida como crack. Este estudo ten como obxectivo desenvolver e validar un método analítico sensible para detectar o marcador específico do consumo fumado o metiléster de anhidroecgonina AEME xunto coa cocaína e os seus principais metabolitos benzoilecgonina ecgonina metiléster norcocaína e cocaetileno en fluído oral. A metodoloxía empregada incluíu a extracción en fase sólida SPE mediante cartuchos Oasis MCX e o análise por cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem LC MS MS cunha columna HILIC. O método foi validado de acordo coas directrices ANSI ASB demostrando unha excelente linealidade 1 500 ng mL precisión CV 12,8 e exactitude 99,7 111,6. O método validado aplicouse a 115 mostras reais de fluído oral recollidas de condutores en controis de estrada entre 2023 e 2025. Esta investigación presenta o primeiro método analítico para a determinación simultánea destes seis analitos en fluído oral. Os resultados indican que a inclusión do AEME é clave para discriminar a vía de administración e identificar patróns de consumo reais. Esta metodoloxía constitúe unha ferramenta útil para a toxicoloxía forense e para o fortalecemento da saúde pública e a seguridade viaria.

Dirección
DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)

Coñecemento e manexo de enfermidades raras: Estudo da Síndrome de Rubinstein-Taybi
Autoría
S.Á.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.Á.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O síndrome de Rubinstein-Taybi (RTS) defínese como unha patoloxía de anomalía conxénita rara que conduce a unha aparencia craneofacial característica, deterioro intelectual e dismorfoxénese sistémica, sendo cada paciente afectado único nas súas manifestacións. Por constituír unha enfermidade de baixa prevalencia, resulta complexa de diagnosticar e manexar debido á súa variabilidade fenotípica e á heteroxeneidade das manifestacións. O obxectivo deste estudo é buscar e analizar a evidencia científica existente sobre o RTS, describir posibles obstáculos para o diagnóstico e o tratamento na atención sanitaria, e mostrar posibles vías que poidan facilitar a provisión de atención co fin de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias. Realizouse unha busca nas bases de datos PubMed, Scopus e Web of Science de estudos clínicos, revisións, informes de casos e consensos científicos. Incluíronse trinta artigos para a análise segundo os criterios de inclusión (diagnóstico, características clínicas, tratamento ou xenética do RTS). Os estudos incluídos nesta revisión validan unha predisposición xenética a mutacións nos xenes CREBBP e EP300. As características clínicas frecuentes son o atraso no crecemento, anomalías esqueléticas, malformacións cardíacas e trastornos no desenvolvemento da linguaxe e do comportamento. As principais barreiras para combater este síndrome foron o atraso no diagnóstico, a falta de profesionais capacitados e a ausencia de guías clínicas ao respecto. Enfatízase un enfoque multidisciplinar e personalizado. Requírese un enfoque holístico xenético, médico e psicosocial para o RTS. Preséntase como prioridade nas accións para o manexo do RTS a mellora da capacitación dos médicos e doutros profesionais da saúde, o cribado xenético para un diagnóstico temperán e a investigación na ciencia médica básica.

CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
CORREIA PINTO CARVALHO DE MATOS, MARIA JOAO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Avaliación do uso de nanopartículas en quimioterapia inhalada como tratamento para o cancro de pulmón
Autoría
C.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.A.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O cancro de pulmón é unha das principais causas de morte en todo o mundo e, aínda que a quimioterapia sistémica segue sendo un tratamento fundamental, a súa eficacia está limitada pola toxicidade xeneralizada e a baixa especificidade tumoral. Este traballo revisa o potencial da quimioterapia baseada en nanopartículas inhaladas como unha estratexia innovadora dirixida especificamente ao tratamento do cancro de pulmón. Os sistemas de nanopartículas permiten que o fármaco se administre directamente ao tecido pulmonar, conseguindo altas concentracións locais e unha redución significativa da exposición sistémica. Tamén ofrecen vantaxes como a liberación controlada, unha maior retención nos pulmóns e a posibilidade de dirixirse ao tumor para aumentar a acumulación do fármaco nas células cancerosas. O traballo tamén analiza os dispositivos de administración por inhalación aplicables a este cancro. Os nebulizadores, aínda que se usan amplamente en ensaios clínicos, mostraron limitacións como a perda de fármacos e a baixa eficiencia. Polo tanto, está a ser investigado o uso de inhaladores de po seco, xa que poderían ofrecer maior seguridade, estabilidade e velocidade para alcanzar doses terapéuticas. A pesar do seu potencial, a quimioterapia inhalada para o cancro de pulmón enfróntase a desafíos significativos: as barreiras fisiolóxicas dos pulmóns, a optimización do dispositivo e a aparición de efectos adversos que limitaron a dosificación nalgúns estudos. Polo tanto, necesítanse máis ensaios clínicos para confirmar a súa seguridade e eficacia a longo prazo. Aínda que non forma parte da práctica clínica estándar, esta estratexia podería representar un avance significativo no tratamento do cancro de pulmón.

DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)

Nanopartículas superparamagnéticas multifuncionais en teranótica contra o cancro
Autoría
C.A.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.A.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O cancro é un dos desafíos máis complexos da medicina contemporánea, dificultado pola inaccesibilidade dos nichos tumorais e a ineficacia dos protocolos convencionais. As nanopartículas de óxido de ferro superparamagnéticas (SPION) xurdiron como unha plataforma versátil capaz de unificar o diagnóstico de alta precisión e a intervención terapéutica dirixida nun único sistema, coñecido como teranóstico. Este traballo revisa os principios fisicoquímicos que rexen o comportamento dos SPION, examinando como a enxeñaría da súa interface (mediante revestimentos orgánicos e inorgánicos e estratexias biomiméticas) impide a eliminación sistémica e optimiza a súa biocompatibilidade. No campo do diagnóstico, explórase o seu papel como axentes de contraste na resonancia magnética (RM) e o seu potencial transformador na imaxe por partículas magnéticas (MPI), unha modalidade linealmente cuantitativa libre de ruído de fondo nos tecidos. Desde unha perspectiva terapéutica, avalíase a sinerxía entre a hipertermia magnética e a liberación de fármacos estimulada polo microambiente, destacando a capacidade destas plataformas para actuar como moduladores do nicho inmunosupresor. Finalmente, examínase a aplicación destas nanoestruturas en patoloxías altamente complexas como o glioblastoma multiforme, o cancro de mama e o adenocarcinoma de páncreas, onde a superación das barreiras biolóxicas e a reprogramación fenotípica dos macrófagos posicionan os SPION como unha ferramenta indispensable na transición cara a unha oncoloxía de precisión máis personalizada e eficaz.

GARCIA TASENDE, MARIA SOLEDAD (Titoría)
GARCIA TASENDE, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)

Resinas de intercambio ionico: das propiedades fisicoquimicas ao tratamento de dislipemias
Autoría
M.A.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.A.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
As resinas de intercambio iónico son materiais poliméricos capaces de intercambiar ións co seu contorno, o que lles confire unha gran versatilidade en aplicacións industriais, ambientais e biomédicas. Este traballo ofrece unha revisión exhaustiva da súa evolución histórica, fundamentos químicos, estrutura, propiedades fisicoquímicas e clasificación, centrando especialmente a atención na súa aplicación terapéutica no tratamento das dislipemias. Analízanse as características estruturais, funcionais e de reticulación que condicionan a súa capacidade de intercambio e a súa eficacia en distintos contextos de uso. No ámbito biomédico, estúdase o seu papel como secuestradores de ácidos biliares, compostos cos que forman complexos insolubles que se eliminan pola vía fecal, o que reduce a reabsorción intestinal do colesterol e estimula a súa captación hepática. Esta acción terapéutica compárase con outros tratamentos hipolipemiantes como estatinas, ezetimiba e inhibidores de PCSK9, valorando vantaxes, limitacións e posibles efectos adversos. A través dunha revisión bibliográfica da literatura científica, guías clínicas e artigos especializados, examínanse tamén outras aplicacións clínicas relevantes como o seu uso en hiperpotasemia, hiperfosfatemia e intoxicacións por metais pesados. Ademais, revísanse as liñas emerxentes de investigación centradas no desenvolvemento de resinas intelixentes, máis selectivas e biocompatibles. O traballo conclúe que estas resinas constitúen ferramentas terapéuticas eficaces, seguras e non invasivas, cun gran potencial en pacientes con dislipemias complexas, mesmo en contextos como o embarazo ou a diabetes.

CASAS PARADA, MATILDE (Titoría)
CASAS PARADA, MATILDE (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)

Alerxia ao ovo: mecanismos inmunolóxicos, diagnóstico e tratamento mediante o estudo dun caso real con inmunoterapia oral.
Autoría
C.B.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.B.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A alerxia alimentaria é unha reacción inmunolóxica adversa tras a inxesta, inhalación ou contacto con determinados alimentos, entre os que o ovo representa un dos alérxenos máis comúns, especialmente na infancia. Este traballo baséase na alerxia ao ovo, caracterizada por respostas inmunes mediadas por IgE, aínda que tamén existen formas non mediadas. As proteínas presentes na clara, como a ovoalbúmina e a ovomucoide, son as principais responsables da sensibilización, e a súa resistencia á calor explica a persistencia dos síntomas nalgúns pacientes. O diagnóstico baséase na historia clínica, probas cutáneas, análise de IgE específica e, nalgúns casos, probas de provocación oral controlada. A prevalencia é especialmente elevada en menores de cinco anos, cunha tendencia a desenvolver tolerancia antes dos seis anos. Porén, nalgúns casos, a alerxia persiste, podendo afectar á calidade de vida do paciente, optándose por unha estrita evitación do alérxeno. O papel do farmacéutico é clave tanto na detección como na educación sanitaria do paciente alérxico, incluíndo a correcta lectura das etiquetas, a prevención de reaccións cruzadas e a atención farmacéutica sobre o tratamento sintomático e preventivo. Este traballo aborda os principais aspectos clínicos, inmunolóxicos e terapéuticos da alerxia ao ovo. Para o estudo, presentarase un caso dunha persoa real tratada con inmunoterapia oral para a desensibilización ao ovo na medida do posible.

RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)

Ketamina para o tratamento da depresión bipolar: unha revisión da evidencia clínica.
Autoría
M.B.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.B.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
No desenvolvemento do traballo realízase unha análise da evidencia clínica relativa ao estudo da ketamina na súa forma racémica ou ben coma os seus estereoisómeros S (esketamina) e R (arketamina), coma terapia en episodios depresivos do trastorno bipolar (BD), resistentes a tratamento farmacolóxico convencional. Os artigos revisados indican un efecto terapéutico positivo do fármaco, cunha mellora rápida da sintomatoloxía depresiva e unha diminución de biomarcadores asociados ao trastorno que, aínda con algúns efectos adversos, presenta un perfil de seguridade favorable. Malia isto, existen numerosas limitacións nos estudos analizados que invitan a ser cautelosos cos resultados obtidos, á espera de máis investigación nestes ámbitos.

MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)

“Metabolitos neuroactivos producidos polo microbioma intestinal: implicacións terapéuticas en enfermidades neurodexenerativas”
Autoría
P.B.J.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.B.J.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Un dos mecanismos máis relevantes polos que o microbioma intestinal inflúe no sistema nervioso central é a produción de metabolitos neuroactivos. Estes compostos, xerados pola actividade metabólica das bacterias intestinais, poden atravesar barreiras biolóxicas, interactuar con receptores neuronais, modular a síntese de neurotransmisores e regular a inflamación tanto sistémica como cerebral. Debido a estas propiedades, propúxose que estes metabolitos participan na fisiopatoloxía de enfermidades neurodexenerativas como a enfermidade de Parkinson e a enfermidade de Alzheimer, ambas caracterizadas por unha neurodexeneración progresiva cun elevado impacto funcional e social. Nos últimos anos, os avances en metaxenómica e metabolómica permitiron vincular perfís específicos de disbiose e alteracións de metabolitos microbianos con biomarcadores patolóxicos e deterioro cognitivo, o que abre a porta a estratexias terapéuticas baseadas na modulación dirixida do microbioma. Aínda que estes descubrimentos poden ser extrapolables a outras enfermidades neurolóxicas, este traballo céntrase especificamente na enfermidade de Alzheimer e na enfermidade de Parkinson.

FERNANDEZ MASAGUER, JORGE CHRISTIAN (Titoría)
FERNANDEZ MASAGUER, JORGE CHRISTIAN (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Resistencia aos antibióticos e estratexias terapéuticas emerxentes: inmunomodulación e outras alternativas antimicrobianas
Autoría
L.B.E.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.B.E.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
A resistencia antimicrobiana é un problema crecente que limita a eficacia dos antibióticos e dificulta o tratamento das infeccións bacterianas, especialmente nos hospitais. A aparición de patóxenos multirresistentes asóciase tanto a mecanismos de resistencia cada vez máis complexos como a deficiencias na aplicación de medidas de control e na optimización do uso de antimicrobianos. Esta revisión bibliográfica analiza a situación actual da resistencia antimicrobiana, abordando os seus principais mecanismos, o seu impacto clínico e as limitacións das estratexias terapéuticas convencionais. Así mesmo, suxírense alternativas terapéuticas emerxentes, incluíndo os bacteriófagos, os péptidos antimicrobianos, a nanotecnoloxía aplicada á liberación de fármacos e o uso de compostos naturais con efectos inmunomoduladores. Os estudos revisados mostran que estas estratexias non convencionais presentan actividade fronte a bacterias multirresistentes e, sobre todo, fronte a biofilms, e poden reducir a presión selectiva asociada ao uso de antibióticos tradicionais. Ademais, algunhas delas demostraron potencial para mellorar a resposta do hóspede e limitar o dano tisular durante a infección. En conxunto, os resultados suxiren que a integración de terapias alternativas con programas de uso racional de antibióticos podería contribuír a mellorar o manexo das infeccións resistentes e a frear a súa progresión.

SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Titoría)
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Tratamentos sintomáticos e modificadores na enfermidade de Alzhéimer: análise comparativa da súa eficacia e seguridade.
Autoría
C.B.Á.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.B.Á.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A enfermidade de Alzhéimer é unha enfermidade neurodexenerativa incurable e a principal causa de demencia a nivel mundial, cun grande impacto nos pacientes e no seu contorno. Caracterízase por un deterioro progresivo das funcións cognitivas, executivas, lingüísticas, condutuais e sociais, xerando importantes consecuencias sociais, económicas e sanitarias. Este traballo presenta unha revisión sobre o Alzhéimer, expoñendo inicialmente os seus aspectos xerais, incluíndo a prevalencia, a sintomatoloxía e os mecanismos etiopatoxénicos. Posteriormente, analízanse as terapias dispoñibles na actualidade, diferenciando entre tratamentos sintomáticos e modificadores da enfermidade. A revisión bibliográfica realizada avalía a eficacia e a seguridade de ambas as estratexias terapéuticas, poñendo de manifesto as limitacións derivadas do descoñecemento da súa etioloxía e da escaseza de tratamentos completamente eficaces e seguros. Os resultados obtidos permiten comprender os distintos mecanismos de acción dos fármacos, así como os seus beneficios e limitacións. Os efectos adversos son heteroxéneos, de distinta frecuencia e gravidade, e poden repercutir significativamente na calidade de vida dos pacientes. Non obstante, os perfís de eficacia, malia a súa variabilidade, contribúen a mellorar a abordaxe clínica e impulsaron novas liñas de investigación. Estes achados destacan a importancia de continuar realizando estudos sobre os seus perfís de eficacia e seguridade, así como da procura de estratexias terapéuticas innovadoras máis eficaces e seguras, que aborden a etioloxía desde outros enfoques.

OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Perfil de seguridade dos glucocorticoides tópicos en pacientes con psoríase.
Autoría
F.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
F.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A psoríase é unha dermatoses inflamatoria crónica cunha elevada carga clínica e un impacto relevante na calidade de vida. Os glucocorticoides tópicos continúan a ser un piar terapéutico pola súa rapidez de acción e eficacia antiinflamatoria, aínda que o seu perfil de seguridade depende en gran medida do patrón de uso (potencia, duración, localización, superficie tratada e oclusión). O obxectivo deste traballo foi sintetizar a evidencia recente sobre a seguridade dos glucocorticoides tópicos en pacientes con psoríase, con especial énfase nos efectos adversos locais e sistémicos, nos factores de risco e nas estratexias para optimizar o seu emprego. Realizouse unha revisión bibliográfica en PubMed no período 2019 a 2025, aplicando criterios de selección orientados á poboación con psoríase e ao tratamento con glucocorticoides tópicos (en monoterapia ou en combinacións tópicas). A evidencia revisada amosa que os eventos adversos máis frecuentes son locais e están relacionados coa tolerabilidade cutánea (irritación, escozor, prurito, eritema e dermatite de contacto), mentres que os efectos clásicos asociados ao uso prolongado concéntranse en escenarios de sobreexposición, especialmente con potencias altas, pel fina, grandes superficies e/ou oclusión. Os efectos sistémicos por absorción percutánea son infrecuentes en condicións habituais, pero o risco aumenta cando se acumulan factores de alta exposición. En conxunto, a literatura recente apoia que os glucocorticoides tópicos son eficaces e xeralmente seguros na psoríase se se empregan con prescrición individualizada, límites claros de uso continuo, educación sanitaria práctica e seguimento, favorecendo esquemas estruturados de control do brote e pautas intermitentes ou de mantemento cando proceda.

Variación xenética mitocondrial e dano oxidativo
Autoría
M.C.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.C.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A mitocondria é un regulador central da metástase, integrando a producción enerxética coa transición epitelio mesénquima (EMT). O análise mostra que niveis moderados de ROS mitocondriais actúan como mensaxeiros activando factores de transcripción promovendo a invasividade celular. Ademais, o transporte mitocondrial hacia os bordes invasivos garantiza o suministro localizado de adenosín trifosfato para a migración. As alteración no xenoma mitocondrial e variacións no número de copias (mtDNACN) consolídanse como biomarcadores críticos de agresividade e resposta terapéutica. Finalmente, a plasticidade metabólica permite ás celulas nai cancerosas adaptarse ao microambiente tumoral e resistir a tratamentos convencionais.

GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
GOMEZ DURAN, AURORA (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
Uso de antibióticos para o tratamento da faringoamigdalitis en pediatría: unha revisión de Guías de Práctica Clínica
Autoría
V.C.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
V.C.B.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Obxectivo: analizar e comparar o tratamento antibiótico recomendado por diferentes guías de práctica clínica para a faringoamigdalitis en pediatría e comparalo coa evidencia científica Métodos: levaron a cabo procuras en bases de datos, como PubMed, NICE, GIN e SIGN, e en páxinas web de organismos oficiais e sociedades científicas. As Guías de Práctica Clínica debían ser publicadas a partir de 2014, escritas en inglés, francés ou español, incluír información achega do tratamento antibiótico e tratar sobre a faringoamigdalitis en pediatría. Toda a información recompilada foi organizada en dúas táboas, a primeira recolle as características xerais de cada guía, e unha segunda táboa que contén a información achega do tratamento antibiótico e o seu posología. Resultados: incluíronse 15 guías de práctica clínica de 9 países. Os tratamentos de elección en pacientes non alérxicos baseáronse en Penicilina V, Penicilina G benzatina e Amoxicilina, tanto de primeira liña como alternativas. En pacientes con hipersensibilidade inmediata recomendáronse macrólidos, principalmente Azitromicina, e en hipersensibilidade retardada cefalosporinas, sobre todo as de primeira xeración. Observáronse diferenzas entre as distintas guías na proposta terapéutica en pacientes alérxicos á penicilina. Conclusións: existe unha gran concordancia en canto ás recomendacións antibióticas para o tratamento de pacientes non alérxicos a penicilina, a diferenza dos alérxicos, onde se puido observar unha maior heteroxeneidade na proposta terapéutica, poñendo de manifesto a necesidade dunha homoxeneización destas recomendacións.

FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Titoría)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
Microagullas poliméricas para o tratamento da psoriase
Autoría
M.C.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.C.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A psoriase é unha enfermidade inflamatoria crónica da pel mediada polo sistema inmunitario que se caracteriza pola aparición de placas eritematosas e descamativas. Os tratamentos actuais inclúen terapias tópicas, fototerapia e fármacos administrados por vía sistémica, os cales poden presentar limitacións como baixa eficacia local, efectos adversos sistémicos ou falta de adherencia a longo prazo. Por isto, as microagullas poliméricas xorden como unha alternativa terapéutica innovadora para a administración transdérmica e indolora de fármacos. Ao longo deste traballo faise unha revisión bibliográfica, cuxo obxectivo é coñecer e avaliar o potencial terapéutico das microagullas poliméricas no tratamento da psoriase, centrándose en estudos relacionados coa fisiopatoloxía da psoriase, os tratamentos convencionais existentes e, de maneira específica, no deseño, os materiais, os métodos de fabricación e a aplicación de microagullas poliméricas como sistemas de administración transdérmica de fármacos en modelos experimentais de psoriase. Os resultados mostran que as microagullas poliméricas, especialmente aquelas baseadas en ácido hialurónico e outros polímeros biocompatibles, permiten unha liberación controlada e localizada de fármacos como metotrexato, corticoides, inmunosupresores e fármacos biolóxicos, mellorando a eficacia terapéutica e reducindo os efectos adversos sistémicos. En conclusión, as microagullas poliméricas representan unha alternativa prometedora e minimamente invasiva para o tratamento local da psoriase, cun alto potencial de aplicación clínica futura. Porén, aínda é necesaria a realización de ensaios clínicos en humanos

RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Titoría)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Avaliación da sostibilidade dos métodos para a análise de contaminantes en alimentos infantís
Autoría
R.C.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.C.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O control de calidade e a seguridade alimentaria requiren metodoloxías analíticas sensibles, selectivas e robustas para detectar contaminantes nos alimentos infantís. Este traballo avalía a sustentabilidade dos métodos analíticos publicados nos últimos 5 anos, que proporcionan información suficiente para aplicar a métrica AGREEprep. A discusión baséase na análise dos criterios individuais obtidos polos métodos de preparación de mostras para cada grupo de contaminantes, o que permite unha comparación homoxénea dos principais factores de sustentabilidade entre metodoloxías.

Carro Díaz, Antonia María (Titoría)
Carro Díaz, Antonia María (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Tratamentos para a deshabituacion tabaquica, novas liñas de investigacion, e posible aplicacion dunha campaña de concienciacion en oficinas de farmacia
Autoría
J.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.D.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Pese a que actualmente o tabaquismo e a primeira causa de morbimortalidade evitable, este segue representando un dos problemas de saude publica mais importantes en todo o mundo. De feito, foi a sua elevada morbimortalildade e capacidade de adiccion, xunto coa posible aplicacion da campaña sanitaria proposta desde a oficina de farmacia, os motivos que suscitaron a elaboracion dunha revision bibliografica enfocada na sua deshabituacion. Tomando como referencia a evidencia actual, inicialmente, recopilaronse os diferentes farmacos antitabaquicos comercializados en España. A continuacion, procedeuse coa descripcion das distintas liñas de investigacion; e finalmente, en base a outras campañas e aos resultados da revision das mesmas, propuxose a aplicacion conxunta da farmacoterapia actual cunha campaña sanitaria no ambito da farmacia comunitaria dirixida ao colectivo adolescente.

ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Valoración da adherencia e coñecemento de semaglutida oral en farmacia comunitaria.
Autoría
M.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.F.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A obesidade e a diabetes son enfermidades crónicas cunha alta prevalencia na sociedade, o que as converte nun problema de saúde pública. Ambas comparten factores fisiopatolóxicos e adoitan producirse simultaneamente nos pacientes, polo que representan unha importante diana terapéutica para o desenvolvemento de terapias capaces de abordar ambas as afeccións. A semaglutida oral é un fármaco innovador; é o primeiro agonista do receptor GLP-1 comercializado para administración oral. Ten unha biodispoñibilidade limitada, o que require a administración en condicións específicas para alcanzar os niveis de fármaco necesarios para o seu efecto terapéutico. Estas condicións inclúen a administración despois dun xaxún de 8 horas, cun grolo de auga, e esperar polo menos 30 minutos antes de inxerir calquera outro medicamento ou alimento. Este estudo avaliará a adherencia á semaglutida oral en pacientes con diabetes mellitus tipo 2 e/ou obesidade, así como a comprensión do paciente dos principais factores asociados coa administración de fármacos e o cumprimento terapéutico. Os resultados mostran que a principal patoloxía para a que se prescribe é a diabetes, presentando unha baixa adherencia ao tratamento, directamente relacionada coa falta de coñecemento da forma correcta de administración.

LEON RODRIGUEZ, LAURA (Titoría)
LEON RODRIGUEZ, LAURA (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Desenvolvemento dun método para a extracción, purificación e análise de substancias perfluoroalquilas e polifluoroalquilas presentes en materiais en contacto con alimentos
Autoría
M.F.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.F.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
As substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas (PFAS) empregáronse historicamente en materiais de contacto con alimentos polas súas propiedades antiadherentes e repelentes de graxa. Entre eles, os fluorotelómeros como o 1H,1H,2H,2H-perfluoro-1-decanol (8:2 FTOH) son motivo de preocupación debido á súa liberación potencial desde revestimentos impermeables ao aceite e ao seu papel como precursores de compostos moi persistentes. Este Proxecto de Fin de Grao desenvolve unha metodoloxía para a preparación, extracción e purificación de mostras de papel de forno de freidora de aire para a súa posterior análise cromatográfica. A estratexia experimental incluíu unha proba preliminar da permeabilidade do material e o desenvolvemento dun fluxo de traballo para a preparación, extracción e purificación de mostras. Debido á natureza exploratoria do estudo e ás limitacións de tempo, realizouse unha revisión bibliográfica da metodoloxía analítica GC-MS/MS ou LC-MS/MS para a identificación e cuantificación de fluorotelómeros para a fase posterior á preparación da mostra. En xeral, este traballo establece unha base metodolóxica para a análise de PFAS en materiais de contacto co alimento e destaca a necesidade de futuras probas de migración controlada para avaliar a súa relevancia potencial para a seguridade alimentaria.

BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
BARBOSA PEREIRA, LETRICIA (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Microorganismos con potencial bioterrorista
Autoría
A.F.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.F.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O bioterrorismo representa unha das maiores ameazas contemporáneas para a saúde pública e a seguridade global e consiste no uso deliberado de microorganismos patóxenos ou das súas toxinas co fin de causar enfermidade, morte ou pánico na poboación. Os axentes biolóxicos con potencial bioterrorista inclúen bacterias, virus e toxinas que posúen alta virulencia, facilidade de diseminación e capacidade de provocar gromos difíciles de controlar. A clasificación realizada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC) divide estes axentes en categorías A, B e C, segundo o seu nivel de risco e o potencial de impacto sanitario e social. O desenvolvemento e o almacenamento de tales axentes están regulados por tratados internacionais como a Convención sobre Armas Biolóxicas (CAB). Porén, a evolución tecnolóxica, a globalización e a accesibilidade a técnicas de bioloxía sintética aumentan o risco do seu uso indebido. Entre os microorganismos máis relevantes destacan Bacillus anthracis (ántrax / carbuncho), Yersinia pestis (peste), Clostridium botulinum (toxina botulínica), Francisella tularensis (tularemia) e os virus das febres hemorráxicas. A preparación fronte a incidentes bioterroristas require colaboración entre os sectores sanitario, militar e científico, ademais de sistemas de vixilancia epidemiolóxica eficaces e plans de resposta rápida. A educación e a formación dos profesionais sanitarios son esenciais para a detección precoz e o manexo adecuado de posibles ameazas biolóxicas, contribuíndo á protección da poboación e á estabilidade social.

MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Titoría)
MUÑOZ CREGO, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
Atención farmacoterapéutica durante o climaterio e menopausa
Autoría
B.F.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
B.F.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O climaterio é unha etapa fisiolóxica complexa na vida da muller, caracterizada por cambios endócrinos que poden condicionar a calidade de vida e propiciar a aparición de factores de risco. Para levar a cabo este traballo realizouse unha revisión bibliográfica co obxectivo de analizar o síndrome climatérico, as súas principais manifestacións clínicas e as opcións terapéuticas dispoñibles, incluíndo tratamentos farmacolóxicos, fitoterapéuticos e recomendacións hixiénico-dietéticas. Os resultados amosan que o síndrome climatérico presenta unha expresión clínica heteroxénea e multifactorial, con afectación variable dos síntomas vasomotores, xenitourinarios, psicolóxicos e metabólicos, o que reforza a necesidade dunha abordaxe individualizada que teña en conta a intensidade da sintomatoloxía, as comorbilidades e as preferencias da muller. A evidencia dispoñible apoia o uso de tratamentos hormonais en perfís seleccionados de doentes, mentres que as alternativas non hormonais, como a fitoterapia, adquiren relevancia en sintomatoloxía leve-moderada, nas fases temperás do climaterio. Os resultados subliñan a importancia dun enfoque integral, na que a educación sanitaria e o acompañamento profesional promova a mellora da calidade de vida. A farmacia comunitaria e un ámbito sanitario accesible para fomentar o uso racional e seguro das diferentes alternativas terapéuticas, contribuíndo a mellorar a calidade de vida e establecer as bases dun envellecemento saudable.

VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
Listeriose en España
Autoría
P.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A listeriose é unha enfermidade pouco frecuente pero grave, cun elevado risco de mortalidade, o que a converte nun problema relevante de saúde pública a nivel mundial. O seu impacto non é só sanitario, debido á gravidade clínica en determinados grupos de poboación, senón tamén económico, polos custos asociados á hospitalización, aos tratamentos prolongados e ás medidas de control na industria alimentaria. A infección transmítese principalmente polo consumo de alimentos contaminados, como produtos lácteos non pasteurizados, carnes procesadas ou vexetais listos para o consumo. Nos países occidentais, a maioría dos casos require hospitalización e, en situacións graves, pode provocar septicemia, meninxite ou abortos espontáneos en mulleres embarazadas. O axente causal, Listeria monocytogenes, presenta características que dificultan o seu control. É capaz de resistir determinados tratamentos antibióticos, sobrevivir no interior das células do hóspede e evadir a resposta inmune, ademais de adaptarse a diversas condicións ambientais, incluída a refrixeración, o que incrementa o risco de contaminación alimentaria. Neste traballo preténdese revisar o impacto da listeriose en España, abordando aspectos como a patoxénese da bacteria e a súa epidemioloxía, así como a incidencia, a distribución e os principais grupos de risco, entre os que se inclúen recentemente nados, mulleres embarazadas, persoas inmunodeprimidas e persoas maiores. Con todo isto, búscase ofrecer unha visión integradora que contribúa a comprender mellor a magnitude do problema e a necesidade de reforzar tanto a investigación como as medidas de prevención e control.

Fentanilo: Cuánto sabe a sociedade acerca deste principio activo?
Autoría
M.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.F.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O fentanilo é un potente analxésico opioide sintético cuxa potencia analxésica é entre 50 e 100 veces superior á da morfina. A súa rápida acción e a súa elevada capacidade para aliviar a dor convertérono nunha alternativa terapéutica eficaz para o tratamento da dor crónica e da dor asociada a procesos oncolóxicos, sendo un dos medicamentos máis usados no ámbito hospitalario e en coidados paliativos. En España, o fentanilo atópase sometido a unha estrita regulación, e a súa utilización está restrinxida a indicacións clínicas ben definidas. A diferenza doutros contextos internacionais, como Estados Unidos e Canadá, onde o consumo ilícito de fentanilo orixinou unha crise de saúde pública de gran magnitude, no ámbito nacional non se evidenciou unha problemática epidemiolóxica comparable asociada ao seu uso ilegal. Con todo, nos últimos anos observouse un aumento progresivo do consumo de opioides en xeral, o que incrementou a preocupación pola utilización inadecuada do fentanilo, especialmente en prescricións fóra de ficha técnica ou en indicacións non autorizadas. Esta memoria centrarase en describir os mecanismos de acción do fentanilo, os seus usos terapéuticos, os riscos derivados do seu consumo e a preocupante crise sanitaria relacionada co seu abuso. Mediante unha revisión bibliográfica da literatura referida a esta substancia e a través dunha enquisa dirixida a persoas de distintas idades e sectores, avaliarase o nivel de coñecemento que a poboación ten sobre o fentanilo.

Laguna Francia, María de los Reyes (Titoría)
Laguna Francia, María de los Reyes (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Novidades nos tratatamentos de infección por Helicobacter pylori
Autoría
Y.G.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Y.G.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
A infección por Helicobacter pylori continúa sendo un importante problema de saúde pública a nivel mundial, asociado ao desenvolvemento de gastrite crónica, úlcera péptica e cancro gástrico. Aínda que durante anos as terapias antibióticas estándar constituíron a base do tratamento de referencia, a súa eficacia viuse comprometida polo aumento progresivo das resistencias antibióticas, especialmente fronte á claritromicina e ás fluoroquinolonas. Este traballo revisa e analiza as principais novidades no tratamento de H. pylori, abordando tanto a mellora das estratexias antibióticas actuais como o desenvolvemento de novas aproximacións terapéuticas. Ponse especial interese no tratamento guiado por resistencias e na medicina personalizada, que permiten adaptar o esquema terapéutico ás características do microorganismo e do paciente, mellorando as taxas de erradicación e reducindo os fracasos terapéuticos. Así mesmo, analízanse os avances na supresión da secreción ácida, destacando o papel dos bloqueadores competitivos do potasio, así como o uso de antibióticos alternativos en tratamentos de rescate, como a rifabutina. Ademais, revísase o papel das terapias adxuvantes, especialmente os probióticos, e explóranse novas perspectivas futuras, como o desenvolvemento de vacinas, a terapia con bacteriófagos e a aplicación da nanotecnoloxía. En conxunto, estes avances apuntan cara a unha abordaxe máis eficaz, individualizada e sostible.

LANDIN PEREZ, MARIANA (Titoría)
LANDIN PEREZ, MARIANA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Inmunoterapia en enfermidades neurodexenerativas: novas estratexias terapéuticas.
Autoría
N.G.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.G.A.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
As enfermidades neurodexenerativas representan un desafío cada vez máis notorio debido ao aumento da prevalencia e á ausencia de tratamentos que permitan frear o curso da patoloxía de forma eficaz. Ante esta situación, a inmunoterapia postúlase como unha estratexia prometedora, baseándose nunha resposta inmunitaria modificada que permita diminuír a acumulación de proteínas patolóxicas a nivel do sistema nervioso. Este traballo ten como obxectivo analizar o potencial terapéutico das diferentes estratexias terapéuticas desenvolvidas na última década relacionadas co ámbito da inmunoterapia, que inclúen o uso de anticorpos monoclonales e as vacinas activas. Nesta revisión avalíanse a eficacia, a seguridade e os mecanismos de acción de cada unha destas terapias. Os resultados observados móstrannos que a inmunoterapia en estudos preclínicos obtivo datos prometedores, onde se viu unha redución de cúmulos de agregados proteicos e unha melloría en parámetros motores e cognitivos. Con todo, a pesar diso, o paso destas estratexias a ensaios clínicos con pacientes humanos obtivo uns resultados e eficacia variables, asociados á aparición de reaccións adversas e á heteroxeneidade nos pacientes que padecen estas enfermidades. Estas discrepancias entre estudos preclínicos e clínicos poñen de manifesto a necesidade de continuar investigando estas terapias.

TOBIO AGEITOS, ARACELI (Titoría)
TOBIO AGEITOS, ARACELI (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Drogas Sagradas: Aplicación Histórica en Ceremonias Espirituais, Mecanismo de Acción, Efectos Psicoactivos e Toxicidade
Autoría
Á.G.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Á.G.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O ser humano fixo uso de múltiples substancias psicoactivas dende tempos prehistóricos, co fin de obter estados alterados de conciencia en contextos cerimoniais e máxico-relixiosos. O obxectivo principal do presente traballo é analizar, dende unha perspectiva antropolóxica e farmacolóxica, o uso de diversos psicodélicos, como a psilocibina ou a ayahuasca. A revisión bibliográfica realizada estruturouse seguindo o método PRISMA, empregando as bases de datos PubMed e Web of Science, así como libros, revistas científicas ou informes. Os resultados obtidos amosan que o uso de psicodélicos é un fenómeno transcultural e ancestral, tan arraigado na historia humana como as primeiras expresións artísticas, e que moitas das cerimonias nas que tradicionalmente se empregaban estas substancias continúan vixentes na actualidade, como acontece co rito Yuruparí. Os principais efectos psicoactivos da psilocibina e DMT (sinestesia, intensificación emocional, distorsión do tempo ou disolución do ego) prodúcense principalmente pola súa acción agonista sobre os receptores serotoninérxicos, destacando o receptor 5-HT2A. Ambas drogas presentan un perfil de seguridade bastante adecuado, sempre influenciado polo set and setting da persoa. En conclusión, a psilocibina e a ayahuasca non deben entenderse unicamente como drogas, senón tamén como ferramentas culturais presentes ao longo da historia en moitas sociedades do mundo, así como nalgunhas das principais manifestacións culturais do ser humano como é a relixión. Ademais, na actualidade, hai un interese crecente polo potencial terapéutico que teñen estas substancias fronte a determinadas patoloxías psiquiátricas.

SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
A auga cheira raro: Revisión bibliográfica en materia de Farmacovixilancia de alteracións de olfato e gusto inducidas polo consumo de metamizol.
Autoría
J.G.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.G.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O traballo aquí presente é unha revisión bibliográfica da información pertinente a alteracións sensoriais (de escasa notificación) tralo consumo do analxésico metamizol. Como a pesquisa desta información enfronta numerosas dificultades, ao atopar numerosos indicios anecdóticos, pero escasa literatura científica do tema, o traballo adopta unha posición de investigación multicausal de tódolos axentes involucrados, para trazar unha visión xeral da actual situación, e indagar máis nun campo de investigación moi novidoso como son os trastornos dos sentidos químicos inducidos por fármacos. Este método ampliado de búsqueda tenta topar toda información rigorosa sobre esta reacción adversa e outras similares, e relacionala con múltiples factores que contextualizan a situación.

YAÑEZ JATO, MATILDE (Titoría)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
Consumo de cánnabis como factor de risco para psicose: Actualización da evidencia epidemiolóxica e clínica
Autoría
M.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.I.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
No presente TFG revísase a evidencia publicada entre 2010 e 2025 sobre a relación entre o consumo de cánnabis e a aparición ou empeoramento de psicose en adolescentes e adultos. Realizouse unha revisión sistemática de revisións e metaanálisis (N = 27) seguindo a metodoloxía PRISMA 2020. De forma consistente, os resultados coinciden en describir unha relación dose-resposta: o risco de psicose aumenta significativamente coa frecuencia de consumo e co uso de produtos de alta potencia (alto THC/baixo CBD). A evidencia neurobiológica apoia esta asociación e mostra que o THC pode alterar procesos crave do cerebro, como a regulación dopaminérgica e a rede de saliencia, ademais de observarse cambios estruturais en rexións como o hipocampo. Tamén, identificáronse varios factores de vulnerabilidade, incluíndo o inicio temperán do consumo, o trauma infantil ou presentar determinadas variantes xenéticas como COMT e AKT1. No ámbito clínico, a psicose inducida por cánnabis presenta unha alta taxa de transición a esquizofrenia, estimada nun 34%, o que a converte nun cadro de alto risco. As conclusións subliñan a necesidade de desenvolver estratexias de saúde pública que atrasen a idade de inicio e vixíen o consumo en poboacións vulnerables, xa que o cánnabis é un factor de risco modificable prioritario para a prevención de trastornos psicóticos.

Magnesio e saúde humana: evidencia científica
Autoría
A.L.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.L.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O magnesio é un mineral esencial implicado en numerosos procesos fisiolóxicos fundamentais para o correcto funcionamento do organismo. Nos últimos anos, o interese pola súa suplementación aumentou de forma notable, en parte debido á elevada prevalencia de inxestas insuficientes e á asociación do seu déficit con diversas patoloxías. No presente traballo preténdese realizar unha revisión bibliográfica sobre o magnesio e o seu emprego como complemento alimenticio, analizando o seu papel biolóxico, as súas fontes dietéticas e a evidencia científica dispoñible sobre os seus posibles beneficios para a saúde. Para iso, levouse a cabo unha busca sistemática de literatura científica publicada principalmente nos últimos dez anos en bases de datos especializadas. Os resultados mostran que o magnesio desempeña un papel clave no metabolismo enerxético, na función neuromuscular, na regulación cardiovascular e na homeostase ósea. Así mesmo, obsérvase que a suplementación pode ser beneficiosa en determinados grupos de risco e situacións clínicas, especialmente en presenza de déficit previo. Non obstante, o seu uso debe basearse en criterios individualizados e no asesoramento de profesionais sanitarios, priorizando sempre unha alimentación equilibrada como principal fonte deste mineral.

SENDON GARCIA, RAQUEL (Titoría)
SENDON GARCIA, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Taninos na alimentación
Autoría
R.L.P.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.L.P.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Os taninos son compostos polifenólicos que proveñen do metabolismo secundario das plantas e que tamén poden atoparse nalgunhas especies de algas padas. Os dous aspectos que máis os caracterizan son o seu efecto antioxidante, polo seu elevado contido en fenois e grupos hidroxilo, e a capacidade para precipitar proteínas e outras macromoléculas. O seu uso remóntase a séculos atrás, mais nos últimos anos estudáronse máis exhaustivamente, descubrindo numerosos beneficios para a saúde asociados ao seu consumo. Neste traballo revisaremos a súa clasificación e diferenzas estructurales, a súa presenza nos alimentos e como contribúen ao sabor dos mesmos, e as funcións fisiolóxicas que desempeñan baseándonos na evidencia científica, abordando os efectos beneficiosos e os menos desexables.

LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Titoría)
LOPEZ HERNANDEZ, MARIA JULIA CELIA (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Presenza e caracterización molecular de Cryptosporidium e Giardia no lobo ibérico
Autoría
I.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
I.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Os protozoos dos xéneros Cryptosporidium e Giardia son parasitos ubicuos que infectan o tracto gastrointestinal dun amplo rango de hospedadores vertebrados. Tanto a cryptosporidiosis como a giardiosis transmítense a través da vía fecal-oral pola inxestión de (oo)quistes que contaminan a auga e os alimentos de consumo directo. O lobo ibérico, Canis lupus signatus Linnaeus, 1758, é un cánido carnívoro de comportamento xeneralista e endémico da Península Ibérica. Representa un dos grandes depredadores en España, principalmente de ungulados, tanto salvaxes como domésticos. No presente traballo, investigouse a presenza de Cryptosporidium e Giardia en 68 mostras fecais de lobo ibérico recollidas en Galicia. Tras a aplicación dun método de concentración difásico, aplicouse unha técnica de inmunofluorescencia directa que revelou a presenza de ooquistes de Cryptosporidium e quistes de Giardia en 3 (4,4%) e 9 (13,2%) mostras, respectivamente. A realización de técnicas de bioloxía molecular permitiu incrementar a prevalencia para Cryptosporidium ata o 8,8% (6 mostras) e identificar Cryptosporidium canis, Cryptosporidium sp. e o subtipo zoonótico IIaA15G2R1 de Cryptosporidium parvum. Desafortunadamente, non se conseguiu caracterizar ningún illado de Giardia. Este estudo constitúe o primeiro rexistro de Cryptosporidium no lobo ibérico en Galicia, identificando a este cánido como un hospedador e potencial reservorio deste protozoo parasito na rexión. A detección de xenotipos zoonóticos evidencia a circulación de patóxenos de relevancia sanitaria e destaca o papel do lobo como sentinela baixo o enfoque de Unha Soa Saúde.

COUSO PEREZ, SEILA (Titoría)
COUSO PEREZ, SEILA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Influenza dos biorritmos no ADME dos fármacos
Autoría
S.M.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.M.C.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Os procesos fisiolóxicos e/ou patolóxicos do corpo humano son controlados por un reloxo biolóxico central localizado no núcleo supraquiasmático do hipotálamo e por reloxos periféricos presentes en diversos tecidos. Son os encargados de coordinar os ritmos biolóxicos que influen na farmacocinética dos fármacos, afectando en distinto grao, a cada un dos procesos do ADME (absorción, distribución, metabolismo, excreción). As variacións circadianas poden afectar directamente na eficacia e toxicidade dos medicamentos. A cronofarmacología busca optimizar un tratamento tendo en conta como afecta a hora de administración a súa eficacia (cronoeficacia) e toxicidade (cronotoxicidade) para propoñer un momento óptimo de administración. Para iso, débense ter en conta as variacións farmacocinéticas (cronofarmacocinética) e os cambios fisiolóxicos e/ou patolóxicos da enfermidade que se está a tratar. Con este coñecemento, estánse a desenvolver sistemas de administración de fármacos cronoadaptativos (Crono-DDS), deseñados para alcanzar altos niveis plasmáticos de fármacos nos momentos de maior necesidade terapéutica, co obxectivo de facelos máis eficaces e mellor tolerados.

ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Nanotecnoloxía para a inmunoterapia do cancro
Autoría
C.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.M.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A inmunoterapia, mediante a modificación do propio sistema inmunitario do paciente, presenta un gran potencial no tratamento do cancro e a erradicación das células tumorales. Concretamente, mediante a nanotecnoloxía distribúese o fármaco cunha gran especificidade diminuíndo así os efectos adversos fronte ás terapias convencionais. Esta radica na modificación de diferentes factores da resposta inmunitaria antineoplásica, así como do ambiente tumoral. O obxectivo dos nanosistemas reside en levar a cantidade de fármaco desexada ao lugar específico de acción e que permaneza o tempo necesario para a súa maior efectividade e seguridade. Nesta revisión, descríbense as características, vantaxes e limitacións de diferentes tipos de inmunoterapia, ademais de diversos enfoques para asegurar a eficacia do tratamento. Os obxectivos desta revisión consisten na buscar, analizar e estudar as diferentes fontes bibliográficas para determinar a capacidade para mellorar a presentación de antígenos, modificar o microambiente tumoral (TME) e potenciar a eficacia de axentes inmunomoduladores, mediante sistemas nanoparticulados.
A inmunoterapia, mediante a modificación do propio sistema inmunitario do paciente, presenta un gran potencial no tratamento do cancro e a erradicación das células tumorales. Concretamente, mediante a nanotecnoloxía distribúese o fármaco cunha gran especificidade diminuíndo así os efectos adversos fronte ás terapias convencionais. Esta radica na modificación de diferentes factores da resposta inmunitaria antineoplásica, así como do ambiente tumoral. O obxectivo dos nanosistemas reside en levar a cantidade de fármaco desexada ao lugar específico de acción e que permaneza o tempo necesario para a súa maior efectividade e seguridade. Nesta revisión, descríbense as características, vantaxes e limitacións de diferentes tipos de inmunoterapia, ademais de diversos enfoques para asegurar a eficacia do tratamento. Os obxectivos desta revisión consisten na buscar, analizar e estudar as diferentes fontes bibliográficas para determinar a capacidade para mellorar a presentación de antígenos, modificar o microambiente tumoral (TME) e potenciar a eficacia de axentes inmunomoduladores, mediante sistemas nanoparticulados.
Dirección
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Tratamento tópico da psoriase: principios activos e formulacións farmacéuticas
Autoría
É.M.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
É.M.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A psoriase é unha enfermidade inflamatoria crónica da pel, de orixe inmunitaria, cunha alta prevalencia e un impacto significativo na calidade de vida dos pacientes. A súa natureza crónica e a ausencia dun tratamento curativo fan necesario un enfoque terapéutico prolongado e individualizado no que o tratamento tópico xoga un papel fundamental, especialmente nas formas leves e moderadas da enfermidade. Este Proxecto de Fin de Grao analiza as formulacións farmacéuticas tópicas empregadas no tratamento da psoriase, co obxectivo de describir os principais principios activos empregados, os seus mecanismos de acción e a influencia da forma farmacéutica na eficacia terapéutica, na absorción cutánea, na tolerabilidade e na adherencia ao tratamento. Para tal fin, realizouse unha revisión bibliográfica de publicacións científicas dos últimos dez anos, empregando bases de datos especializadas en ciencias da saúde. Ao longo do estudo, revísanse as diferentes formas farmacéuticas dispoñibles para administración tópica, como cremas, pomadas, xeles, locións e espumas, analizando as súas características, vantaxes e desvantaxes en función da localización e extensión das lesións, así como das necesidades do paciente. Ademais, destaca que a selección e combinación correctas de principios activos e formas farmacéuticas permite unha mellora no control clínico da enfermidade e favorece a adherencia ao tratamento, destacando o potencial dos sistemas de administración baseados na nanotecnoloxía para optimizar a terapia tópica.

Das estatinas ao inclisirán: transición terapéutica e sustentabilidade no manexo da dislipemia en España
Autoría
E.M.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.M.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A enfermidade cardiovascular aterosclerótica (ECVA) continúa sendo unha das principais causas de morbimortalidad en España e na gran maioría de países desenvolvidos. O principal factor etiológico no desenvolvemento de aterosclerosis é o colesterol ligado a lipoproteínas de baixa densidade (c-LDL). Os datos clínicos demostran que a redución do c-LDL asóciase directamente cunha diminución proporcional do risco cardiovascular, centrándose na hipótese, canto máis baixo, mellor, como base da terapia. As estatinas son a primeira liña de tratamento contra esta patoloxía debido á súa eficacia, seguridade e efectos pleiotrópicos. Con todo, o seu uso presenta importantes limitacións, como a aparición de síntomas musculares asociados a estatinas (SAMS) ou a baixa adherencia demostrada na práctica clínica real. Ante esta brecha terapéutica, desenvolvéronse novas terapias hipolipemiantes. O ácido bempedoico, cuxa activación ocorre especificamente no fígado, non presenta síntomas musculares e consegue tanto a redución do c-LDL como de eventos cardiovasculares (Clear Outcomes) en pacientes que sofren intolerancia ás estatinas. Pola súa banda, os inhibidores monoclonales de PCSK9, como evolocumab e alirocumab, logran reducións de c-LDL do 50-60%, conseguindo tamén un 15% menos de eventos cardiovasculares maiores. Por último, o inclisirán, un siARN de administración semestral, alcanza reducións sostidas próximas ao 50%, mellorando exponencialmente a adherencia. O análise fármaco-económico evidencia que os iPCSK9 son os fármacos con mellor relación custo efectividade para grupos de moi alto risco, mentres que inclisirán e acedo bempedoico están condicionados polo seu impacto clínico e prezo no SNS español. Adicionalmente, exponse un algoritmo terapéutico estruturado que integra risco cardiovascular, adherencia, eficacia e sustentabilidade para optimizar a práctica asistencial actual das dislipemias.

Células nai para o tratamento de enfermedades autoinmunes
Autoría
S.N.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.N.F.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
As enfermidades autoinmunes constitúen un desafío clínico de gran magnitude debido á perda de autotolerancia e á necesidade de tratamentos crónicos que, con frecuencia, presentan unha eficacia limitada ou efectos adversos relevantes. Este traballo analiza o potencial das terapias con células nai como unha estratexia innovadora para a restauración do equilibrio inmunolóxico e a reparación de danos tisulares. Realízase un análise exhaustivo da fisiopatoloxía do sistema inmunitario, detallando os procesos de tolerancia inmunolóxica e os mecanismos patoxénicos que conducen á autoinmunidade, tanto en enfermidades órgano-específicas como sistémicas. Sobre esta base, investígase o papel das células nai na reprogramación da resposta inmune, analizando a súa capacidade de inmunomodulación a través de distintos mecanismos. Por outro lado, tamén se identifican barreiras críticas que condicionan a súa aplicación clínica definitiva: a estandarización da fabricación, a xestión de riscos biolóxicos como a tumorigenicidade e os elevados custos asociados. En conclusión, as terapias avanzadas representan un cambio de paradigma cara a unha medicina modificadora da enfermidade, aínda que a súa consolidación definitiva require resolver os desafíos técnicos e de seguridade que aínda presenta a investigación clínica actual.

Varela Calviño, Rubén (Titoría)
Varela Calviño, Rubén (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Sobrecrecemento Bacteriano do Intestino Delgado (SIBO): mecanismos, diagnóstico e tratamento.
Autoría
M.N.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.N.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O Sobrecrecemento bacteriano do intestino delgado (SIBO) é un trastorno clínico caracterizado por un aumento anómalo de determinadas bacterias nesta rexión do tracto dixestivo, o que se asocia cunha ampla variedade de síntomas gastrointestinais. Nos últimos anos, o seu interere clínico incrementouse notablemente debido ao crecente interese científico pola microbiota intestinal e á mellora das técnicas diagnósticas. Non obstante, o SIBO está vinculado a numerosos factores predispoñentes e presenta manifestacións clínicas heteroxéneas e inespecíficas, o que pode levar á súa confusión con outras enfermidades dixestivas. O diagnóstico baséase sobre todo en probas indirectas, e o seu manexo require un enfoque integral que combine tratamento farmacolóxico, intervencións dietéticas e estratexias dirixidas a corrixir os factores causais e previr as recaídas. Sen embargo, a evidencia científica que respalda estas intervencións segue sendo limitada e, xunto coas limitacións que presentan as ferramentas diagnósticas actuais, o manexo do SIBO convértese nun gran desafío clínico.

Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Avaliación toxicolóxica do fentanilo e novos opioides sintéticos (NOS)
Autoría
S.N.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.N.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O fentanilo e os novos opioides sintéticos NOS constitúen na actualidade unha grave ameaza para a saúde pública, debido á súa elevada potencia, á súa rápida expansión no mercado ilícito e á alta mortalidade asociada ao seu consumo. Estas substancias caracterízanse por unha elevada lipofilia e unha gran afinidade polos receptores mu opioides, o que facilita a súa rápida penetración no sistema nervioso central e provoca unha intensa depresión respiratoria, principal causa de morte en casos de sobredose. O aumento do seu consumo viuse favorecido polo baixo custo de produción, a facilidade de distribución e a súa frecuente utilización como adulterantes de drogas tradicionais e medicamentos falsificados. Ademais, os NOS presentan unha marxe terapéutica extremadamente estreita, xunto cunha elevada variabilidade interindividual no seu metabolismo e unha alta probabilidade de interaccións farmacolóxicas, especialmente cando se combinan con depresores do sistema nervioso central. A toxicidade aguda maniféstase principalmente mediante a “tríade clásica da sobredose por opioides”: miose, depresión respiratoria e inconsciencia, podendo provocar a morte. Por outra banda, o consumo crónico asóciase a alteracións hepáticas, cardiovasculares, neurolóxicas e inmunolóxicas, así como ao desenvolvemento de dependencia, tolerancia e síndrome de abstinencia. A detección analítica continúa sendo un reto debido á diversidade estrutural dos NOS, ás súas baixas concentracións en mostras biolóxicas e á constante aparición de novos compostos. Por iso, o impacto sanitario e social do fentanilo e dos NOS require unha resposta baseada na prevención, na redución de danos e na mellora dos métodos analíticos.

Tratamento e prevención da gripe
Autoría
M.O.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.O.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A gripe é unha enfermidade respiratoria aguda causada polo virus Influenza, que continúa representando un importante problema de saúde pública a nivel mundial debido á súa elevada capacidade de mutación, á súa ampla distribución e ao seu potencial para orixinar epidemias estacionais e pandemias. Estas características dificultan o seu control e condicionan tanto as estratexias terapéuticas como as medidas de prevención dispoñibles. O presente traballo ten como obxectivo analizar de maneira integrada a estrutura, o ciclo de vida, as manifestacións clínicas, o tratamento e a prevención da infección polo virus Influenza, mediante unha revisión bibliográfica actualizada. Descríbense os principais mecanismos moleculares implicados na replicación e na variabilidade xenética do virus, así como a súa relación coa patoxenia e coa transmisión. No ámbito terapéutico revísanse os antivirais clásicos actualmente dispoñibles, os seus mecanismos de acción e as súas limitacións, así como as novas liñas de tratamento en desenvolvemento, que inclúen antivirais dirixidos a novas dianas virais, terapias biolóxicas, tratamentos combinados e estratexias dirixidas ao hóspede, orientadas a mellorar a eficacia clínica e a reducir a aparición de resistencias. Así mesmo, analízase a prevención da gripe, destacando o papel central da vacinación estacional como principal ferramenta de control. Descríbense tanto as vacinas convencionais como as estratexias vacinais innovadoras e emerxentes, orientadas a xerar unha protección máis ampla, duradeira e menos dependente da reformulación anual. En conxunto, este traballo pon de manifesto a necesidade dun abordaxe do virus Influenza baseado en estratexias terapéuticas eficaces e programas de prevención sólidos.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Durán Carril, María Luz (Presidente/a)
GOMEZ TOURIÑO, IRIA MARIA (Secretario/a)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Vogal)
Modelos para a avaliación da Disrupción Endocrina
Autoría
S.P.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
S.P.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
Os disruptores endócrinos (DE) alteran o funcionamento normal do sistema endócrino, causando efectos adversos tanto na saúde humana como no medio ambiente. Nos últimos anos, o número de substancias químicas con actividade disruptiva aumentou considerablemente, facendo que a súa identificación sexa de suma importancia. A exposición a estas substancias, especialmente durante o desenvolvemento temperán, foi asociada a trastornos reprodutivos, metabólicos e neurolóxicos, entre outros, o que destaca a necesidade de métodos fiables para o seu estudo e avaliación. Actualmente, a súa identificación realízase principalmente mediante modelos in vivo e in vitro, que teñen limitacións relacionadas co uso de animais, o tempo de estudo e a extrapolación de datos a humanos. Polo tanto, organizacións internacionais como a OCDE, xunto con plataformas como PEPPER e proxectos de investigación como os clústeres EURION e ENKORE, están buscando aumentar o número de proxectos dispoñibles e facilitar o seu proceso de validación e aprobación regulamentaria. Neste artigo, ofreceremos unha revisión bibliográfica actualizada dos modelos utilizados na avaliación da disrupción endócrina e analizaremos a súa fase de desenvolvemento, estado de validación e nivel de aceptación regulamentaria, así como as súas tendencias ao longo dos anos. Concluímos que ningún modelo, por si só, é suficiente para avaliar completamente a alteración endócrina nunha substancia, sendo a combinación de diferentes métodos e a mellora dos procesos de validación cruciais para unha identificación máis eficaz dos alteradores endócrinos.

LOZA GARCIA, MARIA ISABEL (Titoría)
LOZA GARCIA, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Vacinas víricas incluidas no calendario vacinal.
Autoría
N.P.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
N.P.V.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
As vacinas son fármacos formulados con un virus ou partes del para a estimulación do sistema inmune. Nos seus inicios está a variolización, consistente na aplicación da variola de ampolas de pacientes recuperados a individuos sans. Esto conlevaba ao risco de contraer a infección. Co tempo descubreuse que, atenuando o virus, entre outras técnicas, eliminábase este risco e aumentaba a súa eficacia e seguridade. En España existe un calendario descentralizado que inclúe vacunas frente un total de 13 enfermidades, distribuíndo a inmunización entre grupos de risco, infancia ou terceira idade. A pesar da alta cobertura, recentemente déronse gromos de patoloxías incluidas a causa do movemento antivacinas ou aos fluxos migratorios dende países cunha vacinación deficiente ou insuficiente.
As vacinas son fármacos formulados con un virus ou partes del para a estimulación do sistema inmune. Nos seus inicios está a variolización, consistente na aplicación da variola de ampolas de pacientes recuperados a individuos sans. Esto conlevaba ao risco de contraer a infección. Co tempo descubreuse que, atenuando o virus, entre outras técnicas, eliminábase este risco e aumentaba a súa eficacia e seguridade. En España existe un calendario descentralizado que inclúe vacunas frente un total de 13 enfermidades, distribuíndo a inmunización entre grupos de risco, infancia ou terceira idade. A pesar da alta cobertura, recentemente déronse gromos de patoloxías incluidas a causa do movemento antivacinas ou aos fluxos migratorios dende países cunha vacinación deficiente ou insuficiente.
Dirección
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
Cianobacterias: Características xerais, importancia e incidencia na saúde humana
Autoría
J.J.Q.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.J.Q.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
As cianobacterias son os microorganismos que desencadearon a Gran Oxidación, o cal foi un evento primordial na evolución da atmosfera. A pesar do seu impacto positivo na orixe da vida, as cianobacterias provocan numerosos casos de floracións que adoitan ir acompañados de cianotoxinas, o que xera un problema de saúde pública global. É por este motivo que no presente estudo descríbense a morfoloxía das principais ordes causantes destas alteracións en augas continentais coma súas cianotoxinas. Ademais, resúmense as diferentes lexislacións que tratan a clasificación de incidencias, a metodoloxía e parámetros a analizar en relación coas cianobacterias nos corpos de auga, que publicaron as diferentes autoridades globais, europeas, nacionais e autonómicas.

ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Titoría)
Tribunal
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
LOPEZ MAYAN, JUAN JOSE (Secretario/a)
GIL LONGO, JOSE (Vogal)
Mellora no diagnóstico do glioblastoma empregando Immuno-PET e radiofármacos baseados en anticorpos biespecíficos
Autoría
A.R.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.R.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Os glioblastomas son os tumores do sistema nervioso central que presentan maior agresividade e prevalencia. Actualmente o seu diagnóstico é complicado e require técnicas invasivas. O Immuno-PET (Positron Emission Tomography) é unha técnica non invasiva que combina a imaxe PET con radiofármacos baseados en anticorpos e permite detectar marcadores específicos expresados nestes tumores, como o EGFRvIII. Con todo, a barreira hematoencefálica (BHE) limita o paso destes radiofármacos ao seu través, restrinxindo o uso desta técnica en enfermidades neuro-oncolóxicas. Este estudo expón o uso de anticorpos biespecíficos capaces de atravesar a BHE como estratexia para superar esta limitación. Para iso, comparouse a biodistribución in vivo e ex vivo en ratos sans do anticorpo monoespecífico [89Zr]Zr-DFO-L8A4 e o biespecífico [89Zr]Zr-DFO-L8A4-TfR dirixido a EGFRvIII e ao receptor de transferrina, mediante PET e resonancia magnética. Os anticorpos foron conxugados e radiomarcados con circonio-89 e administrados por vía intravenosa. Aos suxeitos realizáronselles escáneres a diferentes horas post-inxección e extraeron mostras de sangue para analizar a farmacocinética in vivo. Para a análise ex viva realizóuselles eutanasia e extracción de órganos. Os resultados demostraron maior captación cerebral do anticorpo biespecífico e eliminación máis rápida do torrente sanguíneo. A análise dos órganos extraídos confirmou as diferenzas observadas in vivo. Estes achados indican que dita estratexia aumenta a captación cerebral destes anticorpos e, por tanto, posibilita o uso do Immuno-PET en enfermidades neuro-oncolóxicas. Con todo, o tamaño muestral e outras limitacións metodolóxicas requiren estudos adicionais para confirmar estes resultados.

GARCIA VARELA, LARA (Titoría)
GARCIA VARELA, LARA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
RODRIGUEZ BERNALDO DE QUIROS, ANA ISABEL (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
CARBALLES VAZQUEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Staphylococcus aureus multirresistente en infeccións cutáneas e a súas consecuencias no sistema de saúde
Autoría
M.R.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.R.L.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Staphylococcus aureus é un patóxeno oportunista de gran relevancia clínica, responsable dunha ampla variedade de infeccións, entre as que destacan as infeccións cutáneas e de tecidos brandos. A elevada prevalencia destas infeccións, xunto coa notable capacidade da bacteria para desenvolver mecanismos de resistencia antimicrobiana e expresar múltiples factores de virulencia, constitúe un importante problema de saúde pública a nivel mundial. O presente traballo ten como obxectivo analizar os principais mecanismos de resistencia antimicrobiana e os factores de virulencia de S. aureus, así como describir as manifestacións clínicas cutáneas máis frecuentes e graves asociadas a este microorganismo. Así mesmo, revísanse as opcións terapéuticas dispoñibles e as novas estratexias en desenvolvemento para o tratamento destas infeccións. Os resultados mostran que as cepas resistentes á meticilina (MRSA), así como as cepas con resistencia intermedia ou completa á vancomicina, dificultan notablemente o tratamento clínico. Ademais, factores como a produción de toxinas e a formación de biofilme contribúen á gravidade e persistencia das infeccións. Aínda que os antibióticos continúan sendo a base do tratamento, as novas terapias antivirulencia e as estratexias dirixidas a reforzar a resposta inmunitaria emerxen como alternativas prometedoras. En conxunto, o control destas infeccións require un enfoque integral que combine tratamento axeitado, prevención e uso racional de antimicrobianos.

Mellora da desinfeccion solar da auga cun granulado de peroximonosulfato avaliacion fronte ao enteroparasito de trasmision hidrica Cryptosporidium
Autoría
J.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
En 2022, mais de 1.700 millons de persoas consumiron auga contaminada con materia fecal, o que supon un grave problema de saude publica. A desinfeccion solar (metodo SODIS) presentase como unha solucion accesible e sostible para a mellora da calidade microbioloxica da auga de bebida en paises de ingresos baixos e medios, pero a sua eficacia fronte a protozoos como Cryptosporidium e limitada. Este Traballo de Fin de Grao avalia a mellora do metodo SODIS mediante un granulado composto por peroximonosulfato de potasio (PMS) como desinfectante e ferro (Fe) como activador, para incrementar a inactivacion dos ooquistes de C. parvum. Realizaronse ensaios en reactores de cuarzo con auga destilada e diversos granulados contendo PMS, Fe, polivinilpirrolidona (PVP) e beta ciclodextrina (beta CD), expostos a radiacion solar simulada (40 W/m2, 280 400 nm) baixo unha lamina de tereftalato de polietileno (PET) ou en escuridade, a 40 C durante seis horas. A viabilidade dos ooquistes determinouse mediante a tecnica de RT qPCR dirixida ao ARNm do xene que codifica a proteina de choque termico de 70 kDa (HSP70). Os resultados amosaron que o PMS activado por temperatura e radiacion UV ten unha elevada eficacia contra Cryptosporidium. Poren, o uso de multiples activadores no granulado acelera o consumo do PMS, reducindo o seu efecto desinfectante sostido. Aínda así, a combinacion de PMS con PVP e de Fe con PVP e beta ciclodextrina mellora significativamente a eficacia do metodo SODIS, alcanzando un nivel de proteccion intermedio segundo os criterios da OMS. Concluese que unha activacion mais progresiva do PMS permitiria obter niveis de proteccion altos fronte a protozoos transmitidos pola auga. A adicion do PMS achega unha mellora considerable para o metodo SODIS en materia de desinfeccion fronte a Cryptosporidium.

GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
GOMEZ COUSO, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Presidente/a)
Varela Calviño, Rubén (Secretario/a)
FONTENLA GIL, JOSE ANGEL (Vogal)
Presenza de microplásticos en produtos pesqueiros
Autoría
L.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.R.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Na actualidade, a contaminación por microplásticos converteuse nunha problemática crecente debido á súa ampla distribución en ecosistemas acuáticos e á súa capacidade para incorporarse na cadea trófica, podendo alcanzar finalmente ao ser humano. Segundo a EFSA, estas partículas descríbense, como un conxunto heteroxéneo de formas (fibras, fragmentos, pellets ou perlas) con tamaños aproximados entre 0,11 microm e 5 mm, diferenciándose dos nanoplásticos por baixo de 0,1 microm. A súa orixe é variada, o que permite clasificalos en microplásticos primarios, deseñados para uso industrial, e microplásticos secundarios, orixinados pola degradación de materiais plásticos no medio ambiente. A determinación destas partículas representa un gran desafío debido á falta dun protocolo estandarizado e á súa heteroxeneidade tanto en composición como en formas. Para a súa determinación, son destacables as técnicas térmicas, como a pirólisis axustada a cromatografía de gases e espectrometría de masas, as técnicas espectroscópicas, como FTIR ou Raman, e as técnicas microscópicas, como a microscopía de fluorescencia ou a microscopía electrónica de barrido. Así mesmo, os niveis de microplásticos detectados en produtos mariños son moi variados, como consecuencia de diferenzas asociadas á localización da mostraxe e ás técnicas de análise. A maioría destas partículas concéntranse no contido dixestivo de moluscos, crustáceos e peces, pero tamén se detectaron evidencias da súa presenza en texido muscular, o que suxire a capacidade de translocación destes contaminantes. Como resultado da súa inxestión, poden aparecer efectos prexudiciais, entre eles inflamación, estrés oxidativo, xenotoxicidade e alteracións da microbiota.

A fitorremediación como método para a eliminación de residuos farmacolóxicos no medio ambiente
Autoría
R.R.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
R.R.P.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
Os contaminantes farmacéuticos están gañando relevancia como problema ambiental emerxente debido á súa presenza tanto en ecosistemas acuáticos como terrestres, así como ao incremento do seu consumo nas últimas décadas. Ademais, os métodos tradicionais de eliminación, como as estacións depuradoras de augas residuais, non resultan completamente eficaces na eliminación destes compostos, favorecendo a súa liberación continua ao medio ambiente. Deste modo, a fitorremediación xorde como unha estratexia sostible baseada no uso de plantas para absorber, transformar ou inmobilizar contaminantes. Neste traballo analízase a problemática actual asociada a este tipo de contaminantes, descríbense os principais tipos de fitorremediación e estúdiase a dinámica dos fármacos nos tecidos vexetais. Así mesmo, revísanse diferentes estratexias destinadas a mellorar e potenciar a eficacia desta técnica emerxente. Finalmente, preséntanse os principais estudos existentes sobre a fitorremediación de fármacos e discútense as súas limitacións e perspectivas futuras.

CARRILLO BARRAL, NESTOR (Titoría)
CARRILLO BARRAL, NESTOR (Titoría)
Tribunal
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Coelho Cotón, Alberto José (Presidente/a)
PANIAGUA CRESPO, MARIA ESPERANZA (Secretario/a)
BUJAN NUÑEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Terapia antirretroviral e perspectivas futuras.
Autoría
J.R.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
J.R.T.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
O Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH) é un retrovirus que ataca o sistema inmunitario mediante a destrución dos glóbulos brancos, concretamente dos linfocitos T CD4+. Isto provoca que se debilite o sistema inmunitario, aumentando a susceptibilidade a adquirir outras infeccións concomitantes ou enfermidades como o cancro. Unha vez que o virus progresa e non se trata, chégase a un estado de inmunodeficiencia severa, dando lugar á Síndrome da Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA), a fase máis grave da infección. Actualmente utilízase o tratamento antirretroviral (TAR) para deter o proceso de replicación viral, co que se pode reducir a carga de VIH no sangue, de forma que sexa indetectable mediante probas estándar, conseguindo así a recuperación do sistema inmunitario. Empréganse dous ou tres fármacos para evitar a resistencia viral, incluíndo un inhibidor da integrase (INI) de segunda xeración, como o dolutegravir (DTG), en combinación con outros antirretrovirais como a lamivudina (3TC). Están a investigarse novas terapias e abordaxes co obxectivo de mellorar a eficacia, evitar efectos adversos e aumentar a adherencia ao tratamento. Entre estas atópanse os tratamentos de acción prolongada e os inhibidores da cápside. Ademais, tamén se están a estudar algunhas estratexias de cura funcional.

Análogos vexetais de productos cárnicos: calidade proteica e valor nutricional
Autoría
P.R.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.R.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O crecente interese por modelos alimentarios máis sostibles e pola redución do consumo de carne favoreceu o desenvolvemento de análogos vexetais deseñados para reproducir as súas propiedades sensoriais e nutricionais. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao foi realizar unha revisión bibliográfica para analizar criticamente o valor nutricional e a calidade proteica destes produtos en comparación coa carne de orixe animal, prestando especial atención ao contido de proteínas, ao perfil de aminoácidos esenciais e a micronutrientes de interese. Realizouse unha revisión narrativa de publicacións científicas e bases de datos especializadas (2018-2026). Avaliáronse análogos elaborados a partir de soia, glute de trigo, proteína de chícharo, micoproteína e mesturas de leguminosas e cereais, analizando macronutrientes, sodio, fibra e micronutrientes, así como a calidade proteica mediante os índices PDCAAS e DIAAS. Os resultados evidencian unha elevada variabilidade nutricional. Moitos produtos acadan contidos proteicos similares aos da carne, aínda que con calidade inferior debido á presenza de aminoácidos limitantes e a unha menor dixestibilidade. Como aspectos positivos destacan o menor achegue de graxas saturadas e a presenza de fibra. Entre as limitacións sobresaen o elevado contido de sodio e a menor biodispoñibilidade de ferro, zinc e vitamina B12. Conclúese que os análogos vexetais poden formar parte dunha dieta equilibrada, mais non sempre son substitutos nutricionalmente equivalentes á carne. A súa idoneidade depende da formulación, da súa combinación con outros alimentos e de estratexias de fortificación e mellora do perfil proteico.

Evolución e variables asociadas ó consumo de ansiolíticos e antipsicóticos en Galicia (2020_2024)
Autoría
L.R.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.R.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Neste traballo analízase o uso de ansiolíticos e antipsicóticos nos concellos galegos entre 2020 e 2024, estudando a súa evolución temporal e relación con variables demográficas, socioeconómicas e territoriais co obxectivo de avaliar se algunha destas variables condiciona o uso destes fármacos. Utilizáronse datos oficiais de consumo expresados en doses diarias definidas por habitante e levaron a cabo análises descritivas, comparativos e modelos estatísticos para avaliar as asociacións con distintos determinantes sociais. Os ansiolíticos presentan un consumo elevado, estable e con gran heteroxeneidade territorial, asociado a factores como o envellecemento poboacional e o desemprego. A súa evolución temporal reflicte un lixeiro incremento en 2021, probablemente vinculado ao impacto psicolóxico da pandemia por COVID-19, seguido dun lixeiro descenso. En cambio, os antipsicóticos presentan un consumo menor, máis homoxéneo e mostrando unha lixeira tendencia crecente e unha menor dependencia de variables socioeconómicas, o que apunta a un patrón de prescrición máis estruturado e ligado a criterios clínicos. En resumo, este traballo pon de manifesto a existencia de dinámicas diferenciadas no consumo destes grupos farmacolóxicos, deixando ver a importancia de considerar o contexto demográfico e social na análise dos patróns de consumo de psicofármacos.

Eficacia dos agonistas GLP-1 no Síndrome de Ovario Poliquístico
Autoría
E.S.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
E.S.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A Síndrome de Ovario Poliquístico (SOP) é un trastorno endocrino-metabólico complexo e multifactorial caracterizado por hiperandroxenismo, disfunción ovulatoria, resistencia á insulina e inflamación. A abordaxe terapéutica convencional é unicamente sintomática, sen centrarse no conxunto de manifestacións, o que xera a necesidade de buscar alternativas que permitan un tratamento máis integral da patoloxía. O obxectivo desta revisión bibliográfica é averiguar se os análogos do receptor GLP-1 (AR-GLP-1) teñen eficacia clínica nas distintas manifestacións da SOP. Os resultados obtidos mostran que estes fármacos conseguen reducir os niveis de andróxenos libres pola estimulación da globulina transportadora de hormonas sexuais (SHBG) hepática e a regulación dos pulsos de GnRH, mellorando notablemente o hirsutismo e o acné tan característicos desta síndrome. De igual maneira, estes fármacos restauran o ciclo menstrual e incrementan a taxa de fertilidade. A nivel metabólico, destacan pola súa capacidade para diminuír a adiposidade visceral, mellorar a resistencia á insulina e reducir a inflamación crónica, superando a eficacia das terapias tradicionais. En conclusión, as evidencias indican que os AR-GLP-1 supoñen un avance para o manexo da SOP ao actuar de forma conxunta sobre múltiples dianas, posicionándose como unha boa opción terapéutica, aínda que requiren de estudos a longo prazo para validar a súa eficacia na práctica clínica.

BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Titoría)
BREA FLORIANI, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
SOTELO PEREZ, EDDY (Presidente/a)
RIAL HERMIDA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Vogal)
Nanopartículas para a liberación controlada e dirixida de axentes antitumorais
Autoría
T.S.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
T.S.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O cancro segue sendo unha das principais causas de mortalidade no mundo e, malia os avances terapéuticos, tratamentos convencionais como a quimioterapia presentan importantes limitacións debido á súa baixa selectividade e elevada toxicidade nos tecidos sans. Neste contexto, a nanomedicina xorde como unha alternativa prometedora para mellorar a eficacia e seguridade das terapias antitumorais. Este Traballo de Fin de Grao analiza o uso de nanopartículas como sistemas de liberación controlada e dirixida de fármacos antitumorais. Revísanse as principais estratexias de transporte, incluíndo o direccionamento pasivo e activo, así como os sistemas de liberación sensibles a estímulos internos ou externos, que permiten aumentar a selectividade do tratamento e reducir a toxicidade sistémica. O traballo céntrase no estudo de nanopartículas orgánicas, inorgánicas e baseadas en carbono para a terapia do cancro, avaliando as súas características, mecanismos de acción e aplicacións terapéuticas. Préstase especial atención ás nanopartículas orgánicas, debido ao seu maior desenvolvemento clínico e á súa capacidade para mellorar a biodistribución e diminuír os efectos adversos das terapias convencionais. En conxunto, o traballo destaca o elevado potencial das nanopartículas no tratamento do cancro, mostrando resultados máis favorables que os tratamentos estándar en parámetros clínicos como a redución tumoral ou o aumento da supervivencia. Non obstante, tamén se reflicte a necesidade de continuar investigando para superar as limitacións que aínda dificultan a implementación clínica xeneralizada, como a seguridade, a biodistribución e a validación clínica a grande escala.

Ligandos dirixidos multidiana no tratamento da enfermidade de Alzheimer
Autoría
A.S.N.
Grao en Farmacia (2ªed)
A.S.N.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é unha patoloxía neurodexenerativa multifactorial na que interveñen de forma simultánea na súa fisiopatoloxía procesos como a acumulación do péptido B-amiloide, a hiperfosforilación da proteína tau, a disfunción colinérxica, o estrés oxidativo e a neuroinflamación. Esta complexidade limitou a eficacia dos tratamentos actualmente aprobados, maioritariamente dirixidos a unha única diana terapéutica e cun efecto fundamentalmente sintomático. Os ligandos dirixidos multidiana (MTDLs) xurdiron como unha estratexia terapéutica alternativa orientada a modular de maneira simultánea varios mecanismos patolóxicos. Na presente revisión bibliográfica, os resultados obtidos mostran que numerosos MTDLs presentan perfís preclínicos prometedores, ao integrar actividades como a inhibición de colinesterases e monoaminooxidases, a redución da agregación do péptido B-amiloide e a actividade antioxidante. A súa translación clínica continúa a ser un desafío debido á complexidade do seu deseño, ás dificultades na avaliación farmacocinética e toxicolóxica e á ausencia de guías reguladoras específicas. Os MTDLs constitúen unha estratexia terapéutica prometedora para a EA, aínda que o seu desenvolvemento clínico exitoso requirirá unha optimización adicional dos criterios de deseño e avaliación.

Desenvolvemento de nanopartículas lipídicas para o tratamento de infeccións cutáneas
Autoría
L.T.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.T.M.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A pel é un órgano fundamental que actúa como barreira protectora fronte a axentes infecciosos. Entre as infeccións bacterianas da pel, as causadas por Staphylococcus aureus representan un problema significativo de saúde pública, especialmente as causadas por cepas resistentes á meticilina (MRSA), que se asocian con taxas de mortalidade máis altas. Neste contexto, o desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas, como sistemas nanoparticulados capaces de encapsular antibióticos para administración local, é de gran interese. O obxectivo deste traballo é desenvolver unha plataforma Nano-in-Gel baseada en nanopartículas lipídicas nanostructuradas (NLC) cargadas con rifabutina e incorporadas en hidroxeles de xelatina, destinadas á administración tópica de axentes antimicrobianos. As NLC preparáronse mediante homoxeneización de alta cizalladura e caracterizáronse en termos de tamaño de partícula, índice de polidispersidade e carga superficial. Logo incorporáronse en hidroxeles de xelatina reticulados con xenipina. A liberación das nanopartículas dos xeles e a viabilidade celular dos fibroblastos dérmicos humanos en contacto cos sistemas avaliáronse mediante ensaios de proliferación celular e de tinción de viventes/mortos. Os resultados amosaron que as NLCs tiñan un tamaño nanométrico, unha distribución homoxénea e alta estabilidade coloidal. Os hidroxeles mostraron biocompatibilidade adecuada, con valores de viabilidade celular superiores ao 70%. En conxunto, estes resultados indican que a plataforma Nano-in-gel desenvolvida é unha estratexia prometedora para a administración tópica de Rifabutina no tratamento de infeccións cutáneas.

Carreira de resistencia. Adaptacións fisiolóxicas e posibilidade de morte en carreira
Autoría
C.T.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
C.T.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 09:00
19.02.2026 09:00
Resumo
A práctica do running está de moda en todos os grupos de poboación, isto tradúcese nunha maior participación en carreiras populares, especialmente naquelas que enfrontan o medio maratón ou distancias superiores. Con todo, aínda que o deporte ten efectos positivos en toda a poboación que o realiza, cando nos sometemos repetidamentes a unha situación de estrés agudo para o organismo (carreiras de longas distancias) tamén se poden provocar efectos negativos. A maior parte de cambios fisiolóxicos durante e despois da carrera son temporais e nunha ou duas semanas volven aos seus niveis e funcionamento habitual, pero existen cambios máis adaptativos que se van producindo durante o adestramento, sobre todo aqueles relacionados co uso eficiente do osíxeno. Aínda que todo o organismo é susceptible de sufrir eventos negativos, as paradas cardiorrespiratorias e a morte súbita son os máis preocupantes no curso dun medio maratón ou maratón. A afinidade entre as demandas metabólicas do medio maratón e maratón permiten unha investigación conxunta das características fisiolóxicas dos corredores. Esta revisión busca establecer os diferentes efectos, positivos e negativos, que esta disciplina do atletismo pode ter no funcionamento do noso corpo, centrándonos nos aparellos e sistemas máis relacionados co deporte: o sistema cardiovascular, respiratorio, musculo esquelético, inmune e neurolóxico,

TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
Tribunal
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Presidente/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Vogal)
Influencia de tensioactivos gemini sobre membranas lipídicas: efecto do grupo espaciador
Autoría
L.F.U.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
L.F.U.S.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o estudo da influencia dos tensioactivos gemini sobre modelos de membranas lipídicas, prestando especial atención ao efecto do grupo espaciador na súa estrutura e comportamento interfacial. Os tensioactivos GS12 e GS20, con espaciadores de 12 e 20 átomos de carbono respectivamente, foron analizados mediante técnicas de compresión de monocapas na interface aire/auga, utilizando modelos de membrana baseados en DPPC e DPPC/colesterol. A través da obtención de isotermas presión-A e do cálculo do módulo de compresibilidade superficial, observouse que a lonxitude e flexibilidade do espaciador condicionan a orientación molecular, a resistencia á compresión e a capacidade de interacción cos lípidos da membrana. Os resultados amosan que os tensioactivos gemini modifican significativamente a estrutura e fluidez das monocapas lipídicas, especialmente en presenza de colesterol, o cal actúa como modulador da rixidez e da organización molecular. Ademais, as funcións de exceso calculadas permiten avaliar a termodinámica das interaccións entre os compoñentes, revelando a existencia de fenómenos de condensación ou expansión segundo a composición da monocapa. Este estudo enmárcase no ámbito da fisicoquímica de coloides e interfaces e contribúe ao deseño racional de novos excipientes para formulacións farmacéuticas avanzadas, con potencial aplicación en sistemas de liberación controlada de fármacos e terapia xénica.

Inmunidade cruzada e prevención da gonorrea: o papel da vacina 4CMenB
Autoría
P.V.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
P.V.R.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A gonorrea, causada por Neisseria gonorrhoeae, constitúe un importante problema de saúde pública debido á súa elevada incidencia, á súa frecuente presentación asintomática e á crecente aparición de resistencias antimicrobianas. Estes factores dificultan o diagnóstico precoz e comprometen a eficacia dos tratamentos dispoñibles, favorecendo a transmisión sostida da infección e a aparición de complicacións clínicas. Nos últimos anos, o aumento de casos observado en diversos países europeos amosa a necesidade de reforzar as estratexias de prevención, máis alá do tratamento da enfermidade. O desenvolvemento dunha vacina eficaz fronte a N. gonorrhoeae viuse limitado pola elevada variabilidade antixénica do patóxeno e polos seus mecanismos de evasión inmunitaria. Con todo, a estreita relación filoxenética entre N. gonorrhoeae e Neisseria meningitidis permitiu observar certa protección cruzada. En particular, a vacina fronte ao meningococo do serogrupo B (4CMenB), baseada en vesículas de membrana externa, amosou unha protección parcial fronte á gonorrea, asociada ao recoñecemento de antíxenos conservados compartidos por ambos patóxenos. Aínda que a eficacia de 4CMenB fronte á gonorrea é moderada e de duración limitada, o seu perfil de seguridade ben establecido e a súa inclusión no calendario vacinal infantil convértena nunha ferramenta potencialmente útil como medida complementaria de saúde pública. A aplicación de estratexias de vacinación dirixidas a poboacións de maior risco podería axudar a reducir a incidencia da infección e a aparición de resistencias antimicrobianas, mentres se continúa a traballar no desenvolvemento de vacinas específicas fronte á gonorrea.

Vaxinose Bacteriana. Etioloxía, tratamento e novos enfoques terapéuticos
Autoría
M.Y.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
M.Y.G.
Grao en Farmacia (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A vaxinose bacteriana (VB) é a alteración máis frecuente da microbiota vaxinal en mulleres en idade reprodutiva, caracterizada pola perda de lactobacilos produtores de ácido láctico e pola proliferación de microorganismos anaerobios asociados á disbiose vaxinal. A súa elevada prevalencia, a tendencia á recorrencia e a asociación con complicacións obstétricas, xinecolóxicas e infecciosas fan da VB un problema clínico de significativa relevancia. Nesta revisión bibliográfica analízase a etioloxía da VB desde unha perspectiva actualizada, prestando especial atención ao papel do biofilme polimicrobiano dominado por Gardnerella spp. e ás interaccións sinérxicas entre os distintos microorganismos implicados. Así mesmo, avalíase a eficacia dos tratamentos convencionais (fundamentalmente os antibióticos), das terapias complementarias e dos novos enfoques terapéuticos emerxentes. Neste contexto, analízase o papel dos bacteriófagos como moduladores da microbiota vaxinal, atendendo ás evidencias recentes sobre a súa implicación na disbiose e no fracaso terapéutico. En conxunto, a análise realizada permite obter unha visión crítica e integradora da VB, poñendo de manifesto a necesidade de estratexias terapéuticas máis dirixidas á restauración da eubiose vaxinal e á prevención das recorrencias.